Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Letras Galegas | Uxía Cantautora, directora do concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura

«Está ben que as mulleres sexamos rabudas e insubmisas como Begoña Caamaño»

A cantautora publica novo disco-libro no recordo da homenaxeada polo Día das Letras Galegas

Será recordada no concerto preparado polo Consello da Cultura para o sábado 16 de maio

Uxía, onte nas rúas de Compostela, onde presentou o seu novo libro-disco, "Indómitas".

Uxía, onte nas rúas de Compostela, onde presentou o seu novo libro-disco, "Indómitas". / X. Belho

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Mar Mato

Mar Mato

Vigo

«Son días de moita intensidade». Uxía pronuncia esta frase e no campo das verbas que sementa coa súa voz nacen flores e salitre. Como boa amiga de Begoña Caamaño, a xornalista-escritora homenaxeada polo Día das Letras Galegas, presenta novo libro-disco na súa honra, «Indómitas», no que hai poemas de Ana Romaní e María Reimóndez. Parte do mesmo florecerá no Auditorio Mar de Vigo o sábado 16 no concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura Galega. Será de balde ata completar aforo, a partir das 20.30 horas. «É unha grande responsabilidade que abordo con ilusión», defende a creadora.

-Que lle agarda ao público?

Queremos que sexa un concerto moi participativo, que cante as cancións. Xa se está coñecendo «Begoñísima», un himno que ten como título como lle chamaban as amigas a ela. É un retrato da Begoña activista.

Uxía vén de publicar o libro-disco "Indómitas" no recordo de Begoña Caamaño e as mulleres con voz propias.

Uxía vén de publicar o libro-disco "Indómitas" no recordo de Begoña Caamaño e as mulleres con voz propias. / Kim Manresa

-Imaxino que tamén cantará «Fada Morgana».

Si, no libro-disco, incluímos a frase «é o tempo do feminismo, xustiza, igualdade e da felicidade». Ela pronunciou esta fermosa cita na presentación do seu libro «Morgana en Esmelle» na Feira do Libro en Vigo na que eu participei cantando «Fada Morgana». Por iso, todo é un cúmulo de emocións. Eu quero unha festa para o Mar de Vigo con momentos íntimos pero tamén moita festa.

-Lin a carta de Begoña a vostede pouco antes de morrer por un cancro. Nela escribía que lle gustaría escoitar o «Alalá das Mariñas» e adormecer... Dicía tamén: «A vida foi tan boa comigo».

Eu compartín esa carta na despedida de Begoña porque me parecía que facía xustiza ao ser humano extraordinario que ela. Emocióname cada vez que a leo. Esta tempada leo fragmentos de cando en vez nos institutos, colexios e concertos. Ela di que viviu moi intensamente e que hai xente que non viviu así, que non puido ter a oportunidade de disfrutar.Retrátaa moi ben como muller sensible. Na carta, fala do «Alalá das Mariñas» que eu teño cantado moito e que a ela lle gustaba escoitar. A letra do tema é sobre alguén que se despide do seu lugar, do seu paraíso.

-Que destacaría de Caamaño?

Viviu poucos anos pero moi intensos. Viaxou moito. Foi unha activista incansable. Amaba profundamente o seu traballo de xornalista de radio. Sorprendeunos como unha escritora magnífica. Foi unha xornalista comprometida. O disco e o concerto tratan sobre a xente que deixa pegada no mundo e sobre o compromiso. O feminismo atravesa a súa actividade. Coñecina en Vigo; frecuentabamos o Trincheira. Afondamos en Santiago onde iamos moito ao Dezaseis e á Casa das Crechas. Tamén colaborei con ela na Radio Galega.

-En «Begoñísima», cuxo vídeo rodaron no Calvario, no Pazo de Mos e no Dezaseis de Santiago, fala de que era rebelde e rabuda.

Encantáballe o debate. Está ben que as mulleres sexamos rabudas e non sumisas. Ela, na súa obra literaria, dá voz ás silenciadas.

-Outro tema no concerto é «Desde que o samba é samba». Un pouco tristeiro.

Non tanto, porque esta canción de Caetano Veloso di «cantando eu mando a tristeza embora». Ela interpretábaa con moita paixón e teatralizándoa. Brasil era unha das súas grandes paixóns musicais.

-Por que «Indómitas» de título?

-O disco é unha homenaxe a Begoña pero tamén a todas as mulleres indómitas, as que loitan para ser donas do seu destino e ter voz propia. Son nove cancións como nove ondas dedicadas ás mulleres.

Que é «A casa da Comboa»?

-É unha canción sobre a casiña en Arousa que compartimos. Aí fala de «indómitas». Era un aluguer todo o ano e cada quen decidía cando ir. Coincidiamos no verán. Era un lugar de calma, de longas sobremesas con tempo para o debate e a música. Cantabamos ata que se poñía o sol. Eu sigo disfrutando de Arousa pero noutra casa.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents