Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Patrimonio inmaterial

Ponte... nas Ondas! achega até o rural a experiencia do radiovisual

A entidade cultural e pedagóxica leva a cabo este mes un percorrido por pequenos concellos galegos para dar a coñecer o seu modelo

Radiovisual celebrado en Ribeira de Piquín coa presenza dos Seivane.

Radiovisual celebrado en Ribeira de Piquín coa presenza dos Seivane. / PNO!

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Carolina Sertal

Carolina Sertal

Vigo

Dar a coñecer o modelo Ponte... nas Ondas!, que pasa por integrar a comunicación, a radio, as tecnoloxías da información e a transmisión do patrimonio cultural e inmaterial, ao mesmo tempo que se achega unha oferta cultural diferente a concellos do rural galego na procura da implicación de toda a veciñanza. Son os obxectivos da nova proposta da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! (PNO!) que, tras ser seleccionada pola Unesco o pasado mes de decembro como referente mundial para o lanzamento da súa plataforma global de Boas Prácticas, durante este mes de maio está levando a cabo diversos radiovisuais en pequenos concellos galegos.

Logo de pasar por San Cristovo de Cea, Muros e Ribeira de Piquín, na xornada de hoxe, a entidade emitirá un radiovisual dende Mondariz-Balneario e o presidente da entidade galega, Santi Veloso, sinala que «a idea é combinar a tradición coas novas tecnoloxías, o streaming e formatos máis audiovisuais, contando tamén cos centros educativos de cada municipio, que son os destinatarios do audiovisual, ao mesmo tempo que tamén procuramos integrar artistas coñecidos que teñen feito un traballo acreditado arredor do noso patrimonio». O colofón terá lugar a vindeira semana nos concellos Castro de Rei e Quiroga.

Escollido o proxecto nunha convocatoria do Agadic, Santi Veloso explicou que o obxectivo é poder dar continuidade a este tipo de experiencias noutros concellos do rural galego máis adiante. Neste senso, o presidente da entidade indicou que «agardamos que siga tendo apoio da Xunta, porque pensamos que co feito de estar dentro das Boas Prácticas da Unesco hai certo compromiso por parte das instituciós para que este modelo teña apoio e visibilidade, e pola nosa banda pensamos que este formato é ideal para visibilizar o modelo Ponte... nas Ondas!».

Radiovisual celebrado en Ribeira de Piquín con Susana Seivane.

Radiovisual celebrado en Ribeira de Piquín con Susana Seivane. / PNO!

Esta iniciativa súmase así ás accións que está impulsando PNO! nun ano tan especial, posto que a finais de 2026 terán presenza en China ao ter sido escollidos como referentes para a nova plataforma da Unesco que se presentará o vindeiro mes de decembro. Así, o pasado mes de abril, celebraron unha xornada radiovisual en simultáneo dende 10 lugares distintos e coa participación de máis de 90 centros educativos, cuxo resultado será remitido á Unesco para que «vexan que o proxecto segue vivo», apuntou Veloso.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents