Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

X. Ramón Pena: «O proceso creativo é agradable pero ten algo de dor»

O autor prsentou no Club FARO «A boca de Krishna», unha novela sentimental que xira en torno a cuestións astrofísicas e sucesos familiares na Galicia da Transición

César Lorenzo e Xosé Ramón Pena.

César Lorenzo e Xosé Ramón Pena. / Pedro Mina

Vigo

«O proceso creativo é agradábel, pero ten algo de dor; é coma un parto no sentido de que hai algo que queres botas foro porque vaiche dar satisfacción», manifestou onte en Club FARO o filólogo i escritor Xosé Ramón Pena durante a presentación da súa última novela, «A boca de Krishna» (Aira editorial). O autor falou dese «flash» que ocorre no momento en que todo conflúe, se ben despois desa «iluminación» ven un arduo traballo de meses ou anos. «Cando escribo me entra urxencia porque me gustaría acabar todo nunha noite», expresou.

Presentado por César Lorenzo, director de de Aira Editorial, co que mantivo una conversa antes de se abrir o coloquio con público asistente, Pena cualificou ao seu presentador coma «un excelente editor» co que puido aprender. «Coa idade e a vanidade, un pensa que sabe de todo, pero descubre que sigue aprendendo», dixo. Pola súa banda, Lorenzo indicou que o autor «demostrou humildade e valentía», aceptando modificacións e traballando o texto.

Novela sentimental e autobiográfica

«A boca de Krishna», título que fai referencia a una deidade de mitoloxía hindú en que a nai do neno deus vía no interior na súa boca o universo enteiro, son fragmentos das memorias dun astrofísico galego afincado en Estados Unidos que rememora a época dos finais dos 60 e 70, unha época cando parecía que ía a haber un encontro entre civilizacións universais. «Quixen escribir unha novela sentimental, non de ciencia ficción nin de cuestións astrofísicas, da relación do narrador coa súa irmán, Clarita, unha ufóloga aficionada, e dos sucesos singulares da súa familia», entre eles o que lle aconteceu ao seu pai, Basilio, un militar afín ao movemento democrático. Neste sentido, Pena aclarou que a novela ten carácter autobiográfico, «non en cousas que me sucederon a min», pero tódolos personaxes teñen referentes reais.

Inspiración en mulleres reais

Ao falar de Clarita, a irmán do narrador, indicou que se inspirou en dúas mulleres reais, unha delas da súa primeira adolescencia, apaixonada da ufoloxía e convencida de o que miraba en series e películas na pantalla era o mundo real. «Eu, que sempre fun escéptico, era moi tallante con ela e lle rebatía cos meus coñecementos de astronomía; co tempo dáste conta que necesitaba crer e me produce tenrura».

Dictadura, esperanza e cor

A política está presente na novela do xeito en que os personaxes narrar feitos como a morte de Franco ou a Revolución dos Cravos. Tamén está presente na medida na que os viaxes espaciais, a chegada do home a lúa ou as producións audiovisuais «Star Wars» ou «Star Trek»conectaban con «necesidades da alma de superar unha época restritiva», a de finais da ditadura, e abrían grandes esperanzas a que o mundo podía ser diferente. «A vida pasaba a ser colorista, chegaba a tele en cor e os carteis do PSOE cando chegou ao poder eran cun arco da vella, paxariños e flores».

Os ambientes universitarios de Compostela, onde Pena estudou Filoloxía, tamén aparecen reflexados, pero non con nostalxia. «Calquera tempo pasado non foi mellor», «a saudade é doce e salgada; é agradábel recordar cousas que che pareceron bonitas, pero hai que manter espírito crítico».

Os datos de astrofísica que aparecen na obra son reais e documentados, «excepto a licencia que me tomei ao facer a Ernesto (o narrador) descubridor dun exoplaneta de características semellantes a Terra ao que lle puxen o nome dun fillo de Breogán», comentou Pena, quen dixo que de rapaz estaba moi interesado pola náutica e a astronomía e mesmo se lle pasou pola cabeza estudar enxeñaría naval.

De esquerda a dereita, o escritor Xosé Ramón Pena e o editor César Lorenzo.

De esquerda a dereita, o escritor Xosé Ramón Pena e o editor César Lorenzo. / Pedro Mina

«Parece difícil que haxa un revival dos 60»

«Nos anos 60 vendíase que despois da Lúa chegariamos a Marte, pero a maioría eramos conscientes de que non ía a ser posible», manifestou Pena, para que «parece difícil que se produza un revival dos anos 60» neste momentos en que volveuse a facer unha viaxe á Lúa e vólvese a falar da carreira espacial.

«Chegar á Lúa leva tres días, a Marte, seis meses, a outros planetas, anos; e a o exoplaneta mais cercano que se asemellan un tanto á Terra, 75.000 anos coa nave Alfa Centauri, vinte anos coa velocidade da luz».

«O planeta do que nos temos que ocupar é da Terra, que ten así perigo», considerou, amosando escepticismo con respecto ás misións que buscan futuro para a especie humana noutros lugares do universo. Considerou o aspecto político detrás desas expedicións, no 69 a rivalidade entre Estados Unidos e a Unión Soviética, e agora creo que somos bastante conscientes de que esta viaxe que se acaba de facer a Lúa, como gran marabilla, como gran película, ten un 90% de propaganda», comentou

«Pero grazas a ese esforzo, foi posible o desenvolvemento tecnolóxico que hoxe en día nos permite ter telecomunicacións», concluíu.

Tracking Pixel Contents