Cine | Ángel Santos Director do filme galego «Así chegou a noite»
«Se dis algo serio sobre o que nos preocupa acabas descalificado»
«Os programadores e as televisións están cada vez máis formateadas, máis claramente calculadas», critica o realizador de Marín

Ángel Santos, director de «Así chegou a noite», na Vía Norte de Vigo o pasado sábado para un coloquio cos espectadores. / Pedro Mina

O marinense Ángel Santos xa nos impactara hai 11 anos coa súa longametraxe «Las altas presiones» onde plasmaba a crise existencial duns personaxes ao redor dos 30. Agora, con «Así chegou a noite», filme disponible nas salas dende o pasado xoves e premiado no Festival de Gijón, indaga nun dos problemas do tempo actual: a presión social por estar expoñéndose continuamente. O personaxe protagonista loitará por liberarse. O director pai atende a nosa chamada calmado entre bambáns e tobogáns nun parque sen perder o fío da conversa.
-Como ve a recepción da película nestes primeiros días?
Nunca sei moi ben que esperar das salas; non temos grandes orzamentos para comunicar e publicitar o filme. Son pelis que chegan a xente ben informada ou que ten interese. De todos os xeitos está sendo moi guai a resposta da xente. Os que máis medo teñen deste tipo de propostas son os distribuidores e exhibidores. Os espectadores agradecen os tempos das películas como esta, a non presenza de música insistente. Isto é o bonito, os espectadores non teñen prexuízos.

Ángel Santos, Violeta Gil e Denís Gómez, nos Multicines Norte en Vigo o pasado sábado. / Pedro Mina
-Ao redor dos primeiros 20 minutos do filme céntranse no protagonista sen que o escoitemos falar. Vostede logrouno sen aburrir a audiencia. Dubidou desta aposta?
Era un reto narrativo: como manter o interese para que cada plano traia información nova sen necesidade da palabra. Había certo temor pero son sincero o temor non era tanto polo espectador senón polos programadores e as televisión que cada vez están máis formateadas, máis claramente calculadas.
-O protagonista é un artesán ceramista que busca aillarse do mundo. Vai na súa busca a súa exparella (Violeta Gil). De onde xurdiu esta historia?
Lembro tomar unhas notas hai bastante tempo sobre certo desexo de silencio e de desconexión; tamén sobre facer un fogar en calquera sitio sen ningún tipo de vínculo, que a identidade sexa algo máis cambiante. Conectei coa idea en varias localizacións de Sanxenxo e O Grove que me mostrou o ceramista Pablo Barreiro que ten obradoiro nunha desas fábricas. El traballa nese contexto, podería perderse aí. A idea do filme é a de pertencer a calquera sitio.
-Un dos emprazamentos son uns pisos turísticos en San Vicente do Mar. É onde vive o protagonista, interpretado por Denís Gómez.
O de vivir nesa zona fóra de tempada conecta con alguén que quere borrarse. Dáche a sensación de que ese lugar non acaba de estar habitado. É a cara «b» da parte turística de Sanxenxo, A Lanzada... Amosamos unha parte cunha cuestión más rural que pervive, con paisanos que recollen as algas para aboar os campos. Iso faino interesante como o camping fóra de tempada.

Os protagonistas no Salnés, nunha das escenas de "Así chegou a noite". / A.C.
-Aí atopamos o personaxe de Miquel Insua, foi un dos derradeiros papeis del.
O seu traballo neste filme é tremendo. El colleu o papel con moita forza, amplificou o texto con referencias a personaxes de Roberto Bolaño. É moi especial o que fai co personaxe.
-É un filme moi filosófico.
É outra das vontades. É algo que todos podemos compartir en distintos momentos das nosas vidas. Hai unha sensación de aplanamento hoxe en día. Se dis algo serio ou elevado, se falas do que nos preocupa, podes acabar descalificado.
-O protagonista aíllase de maneira total do mundo, está detrás a doenza mental?
Non tirei moito por aí. Cando tomei notas antes de empezar coa película pensaba nalgo social que ten que ver co mundo no que estamos. Tiña que ver coa autoexplotación, coa necesidade constante de visibilidade nas redes sociais. Os nosos actos e desexos vense constantemente nelas e iso preocúpame. Se non estou nas redes, se non me reafirmo e publicito, perdo oportunidades. É unha perversión. O cineasta que non está nelas, ata que punto se lle espera? Creo que en breve daremos pasos atrás. Hai que reconfigurar iso, hai un malestar común.
-Nun momento do filme, tememos pola seguridade da protagonista cun rapaz.
Hai unha chiscadela a algo que dicía Carmen Martín Gaite, citada nunha escena, sobre a búsqueda do interlocutor, dalguén que nos escoite. A película non segue a idea do diálogo interrumpido senón cando un fala e o outro escoita.
Suscríbete para seguir leyendo
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- Cómo construir un nido artificial para aves urbanas: la recomendación de la la Sociedad Española de Ornitología para convivir con los pájaros
- El metal de Pontevedra cierra un preacuerdo «histórico» con un alza salarial del 15%
- Vuelve la Farola y vuelve el Acrópolis
- Estudiante keniata llega a un pueblo de Ourense para revitalizar el rural con un 'hub' de innovación
- Cuando el marisqueo deja de ser rentable: «Dejo el mar muy a mi pesar porque no hay ingresos, no por madrugar, el frío o el calor»
- El metal se consolida a la vanguardia de toda España en subidas salariales: así pacta la industria en comparación con otros sectores
- ¿Quién se queda con el piso de la vecina en Galicia? La Xunta investiga más de 560 herencias sin testamento en cinco años