Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

«Así chegou a noite», a película galega rodada no Salnés e que triunfou no Festival de Gijón, chega aos cinemas

O director, Ángel Santos, visita Vigo este sábado cos actores protagonistas para dous coloquios nos Multicines Norte e nos Tamberlick

O filme triunfou no Festival de Xixón e xa está na carteleira galega

Fotograma de la película «Así chegou a noite».

Fotograma de la película «Así chegou a noite». / C.N.

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

As salas de cinema proxectan dende onte o filme de noso «Así chevou a a noite», que fora premiado no último Festival de Cine de Gijón. Dirixida por Ángel Santos, presenta o problema de incomunicación dun ceramista e profesor cuxa anterior parella volta á súa vida en plena crise da mediana idade.

Trátase dunha película especial, un exercicio de cinema distinto. Para comezar, na metraxe, case a primeira media hora o filme aséntase nas imaxes sen diálogo. Pero non por iso o filme aburre. A película mantén sempre a atención do espectador ata o final que vai recoñecendo nela algúns dos problemas do individuo e da sociedade actuais.

O protagonista é o actor galego Denís Gómez que dá vida a Pablo, mentres que a protagonista feminista é Violeta Gil, no rol de Andrea, unha profesora universitaria española nos Estados Unidos que tivo unha relación no pasado con el. Tamén conta cunha das derradeiras actuacións de Mikel Insua, que fai de coidador dun camping e de amigo do ceramista.

Nunha conversa con FARO, Denís Gómez explica que «un día no Festival de Cans colleume o director por unha banda e díxome que igual iamos traballar xuntos. Pasaron despois uns anos pero tiven a sorte de que foi para adiante o proxecto, primeiro nunha curta; e despois nunha película».

A tarefa de Gomez foi complicada xa que o personaxe presenta problemas de comunicación co resto da xente ao preferir disfrutar do seu mundo interior. O silencio é un dos vehículos da película.

Como dar vida á introspección? «Nos primeiros 20 minutos da película son eu e as miñas circunstancias pero sen diálogos. Iso no guion faite pensar. Como vou facer para que o espectador non saia correndo? Tiven que potenciar a introspección, ese traballo de mínimos e acotar as ansias de xesticulación que temos os actores para facelo todo visible», explica o intérprete.

«Hai moito de Pablo en min, da crise da mediana idade pero tamén a sensibilidade», recoñece o actor que engade que na perspectiva de ceramista se inspiraron no artista Pablo Barreiro. De feito, rodaron onde tiña o seu obradoiro e onde deu aulas durante anos.

Na película, gravaron en San Vicente do Mar, nunha antiga fábrica de tellas en Meaño, no Grove centro e na Lanzada. As localizacións son fantásticas e presentan unha poesía sublime coa imaxe.

O director, Ángel Santos; e os dous protagonistas estarán nos Multicines Norte e nos Taberlick de Vigo cun coloquio coa audiencia mañá sábado.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents