Un documental galego amosa no Play-Doc a marea de pai e fillo no Gran Sol e o duro traballo no caladoiro
O cineasta Adrián Canoura presenta no festival de Tui «Fomos ficando sós», sobre un pesqueiro no caladoiro
Reflexiona tamén sobre a falta de comunicación familiar por veces

O patrón e capitán Raúl Canoura, no seu barco no Gran Sol. É protagonista do filme «Fomos ficando sós» que se estrea en Galicia no Play-Doc. / A.C.

Play-Doc, o festival de documentais de Tui, acolle mañá venres a estrea do documental «Fomos ficando sós», de Adrián Canoura, realizador de Burela, moi coñecido polos seus vídeos para Baiuca. A obra, que veñen de premiar en Punto de Vista en Pamplona, vaina amosar a partir das 21.30 horas. Retrata unha marea que compartiu co seu pai nun barco do Gran Sol.
Explica que detrás do proxecto «estaba a idea de que eran as últimas oportunidades de ir con el nunha marea porque estaba para xubilarse. Pero o que realmente me deu a pista foi cando descubrín as cintas de vídeo gravadas por el dende a xuventude» e cuxos fragmentos seguimos na metraxe.
Eses dous elementos sumáronse a iren pai e fillo facendo algo xuntos no barco e, sobre todo, no Gran Sol.
O filme arranca cun versos de Manuel Antonio do seu poemario «De catro a catro». Así, imos de travesía coa poesía literaria pero tamén a audiovisual de Canoura, porque «Fomos ficando sós» realmente é un documental poético con notas de experimentación visual como os vídeos que ten feito para Baiuca.
«Os versos, explica, axudan a xogar coa montaxe. O texto inicial foi elixido para amosar as intencións e o resto dos poemas son máis un fío narrativo. Son catro poemas, catro situacións marcadas en diferentes puntos xeográficos como unha rosa dos ventos».

Fotograma de "Fomos ficando sós", de Adrián Canoura que se pode ver no Play-Doc. / A.C.
A súa intención non só era amosar un rexistro técnico da pesca senón elevalo «á poética, a deriva da navegación, aglutinar todos eses elementos que sentes alí e que é difícil de levar ao tanxible como as sensacións que viven os mariñeiros no buque», engade.
O barco no que se enrolaron os dous para o documental é o Raúl Primero, que comezou a navegar co nacemento de Adrián.
O documental que veremos no Play-Doc na sección Galicia aúna a mostra do duro traballo e a espera no barco para a pesca pero tamén a falta de comunicación directa coa familia durante tempo décadas atrás e do que nos quedan como proba as cartas con mensaxes como: «Adrián pórtate ben (...) Cuida de mamá porque eu non poido que estou lonxe».
«O mundo mariñeiro neste sector de altura ten as súas dificultades como o tema da comunicación tanto sentimental como física. É unha especie de círculo eterno de ida e volta no barco, de estar case suspendido no tempo. A miña admiración é toda para eles polo traballo que desenvolven que non está valorado polos que estamos na terra consumindo o peixe», reflexiona Canoura para FARO.
Recoñece que «é un mundo difícil en todos os ámbitos. As familias sufrimos esas preocupacións cando ves do mar coa carga de traballo física e mental, de arrastrar toda a marea e que non haxa peixe e tempo. Vaite erosionando. É un círculo vicioso. Aprender a aceptar o que toca aprendino na película que tamén me serviu para aceptar por que as cousas foron como foron. Esa falta de presenza enténdoa agora. O mundo mariñeiro ten as úa beleza e poética pero á vez esta dificultade da presenza familiar», conclúe.
Suscríbete para seguir leyendo
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- Cómo construir un nido artificial para aves urbanas: la recomendación de la la Sociedad Española de Ornitología para convivir con los pájaros
- El metal de Pontevedra cierra un preacuerdo «histórico» con un alza salarial del 15%
- Vuelve la Farola y vuelve el Acrópolis
- Estudiante keniata llega a un pueblo de Ourense para revitalizar el rural con un 'hub' de innovación
- Cuando el marisqueo deja de ser rentable: «Dejo el mar muy a mi pesar porque no hay ingresos, no por madrugar, el frío o el calor»
- El metal se consolida a la vanguardia de toda España en subidas salariales: así pacta la industria en comparación con otros sectores
- ¿Quién se queda con el piso de la vecina en Galicia? La Xunta investiga más de 560 herencias sin testamento en cinco años