A «épica» mirada de José Suárez á Galicia dos anos 30
Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal abordan en Vigo o legado de José Suárez, figura central da fotografía documental en Galicia no século XX e a quen se lle dedica este ano o Día das Artes Galegas
Mañá terá lugar unha xornada no Consello da Cultura Galega

Fotografía da serie «Mariñeiros» realizada por José Suárez en 1936 en Galicia. / José Suárez

«Importante ha sido el acontecimiento que tuvo por escenario la Caja de Ahorros. Importante y, a la vez, nuevo. Porque casi nunca vienen a Vigo colecciones de ese tipo, a no ser algunas de marcado carácter propagandístico. El tema de la muestra también ha sorprendido agradablemente. Está bien que las cosas de Galicia ocupen la atención de las gentes. Y está mejor que todavía que las cosas gallegas sean tratadas con la exquisita sensibilidad de José Suárez, artista de la Fotografía, sin necesidad de virtuosismo más o menos de moda. En la hora del epílogo, cuando solo quedara el recuerdo de la inmejorable exposición, cae con justicia un homenaje de despedida (...) El público también opina. Y el comentario que nos ocupa la voz popular dedicó cálidos elogios a José Suárez».
Publicada en FARO, o 20 de abril de 1967, esta é a recensión da clausura da exposición «Marineros de Galicia», a que constituíu a primeira mostra de José Suárez (Allariz,1902), un dos fotógrafos máis talentosos do século XX e figura central da fotografía documental na comunidade galega, tras o seu retorno do exilio. Un percorrido pola súa obra e a súa biografía é o que ofrecerán esta tarde en Vigo o fotógrafo Manuel Sendón e o docente e sobriño do propio Suárez, Xosé Luis Suárez Canal, quen na Casa Galega da Cultura e en colaboración co Ateneo Atlántico porán en valor o legado dun artista «absolutamente excepcional dentro da fotografía histórica galega» e a quen se lle dedica este ano o Día das Artes Galegas.
«Iniciou as súas series máis coñecidas nos anos 30 e, ata os 60, ten tres décadas de traballo sumamente interesante e que realmente transcendeu as fronteiras de Galicia. De feito, hai case 10 anos que comisariamos a mostra sobre a súa obra e pasando por Madrid, París, Tokio ou Nova Delhi, entre outros, constatamos a aceptación que tiña a obra del fóra de Galicia», indicou Manuel Sendón, quen afirmou que a súa excepcionalidade dentro da historia da fotografía galega non só radica no feito de retratar nos anos 30a oleiros, mariñeiros ou a malla, senón «en como o documenta».

Fotografía da serie "Mariñeiros" realizada por José Suárez en 1936 en Galicia. / José Suárez
Neste senso, Sendón debullou que «na súa serie dos mariñeiros hai un carácter humano moi forte, con eles en primeiro plano, aínda que tamén dá moita importancia a todos os obxectos que teñen que ver co mundo do mar. Suárez emprega os recursos da Nova Obxectividade, vangarda alemá, buscando o transcendental no ordinario, no común, e tamén garda influencias do Construtivismo, utilizando contrapicados que acaban magnificando a figura dos mariñeiros, achegando unha perspectiva épica do mundo do mar, algo absolutamente diferente ao que estabamos acostumados a ver cando se representa o rural ou o mundo do mar, xa que sempre se facía dende unha visión costumista. O traballo de Suárez non é costumista, todo o contrario, porque o costumismo acaba reducíndose a tópicos e el o que fai e dotar dunha épica aos mariñeiros».
Á hora de abordar o arquivo e definir o legado de José Suárez, temática que tamén se tratará hoxe nunha xornada no Consello da Cultura Galega, Manuel Sendón escolle palabras propias do artista: «Nas miñas fotograías sempre está o home ou a súa pegada».

Imaxe da serie "Mariñeiros" de José Suárez tomada en 1936 en Galicia. / José Suárez
O anhelo dunha fototeca galega
«Gustaríame que o meu arquivo fotográfico fose iniciador dunha fototeca galega» e «un arquivo fotográfico probablemente estea chamado a desaparecer se non entra nunha institución cultural». Son frases que o mesmo José Suárez deixou rexistradas nun artigo e que Manuel Sendón rescata á hora de poñer no foco a necesidade de impulsar un centro galego destinado a conservar o importante patrimonio fotográfico existente, unha demanda histórica no caso da cidade de Vigo e que incluso foi proxectado no seu día.
Precisamente, hai escasas semanas, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade a creación dun Centro Galego de Fotografía a raíz dunha iniciativa impulsada polo BNG. Manuel Sendón mencionou a este respecto que «non vou discutir que se faga en Vigo ou non, pero sería o lugar ideal, pola súa historia, a Fotobienal, a relevancia dos fotógrafos que pasaron por aquí como Graciela Iturbide, Premio Princesa de Asturias das Artes 2025, Sebastião Salgado, Cristina García Rodero ou Joan Fontcuberta, entre outros. Incluso se pensamos nos movementos de agrupacións dos anos 50 e 60, a única cunha dimensión galega estaba en Vigo: a Agrupación Fotográfica Gallega, que foi a máis antiga, a máis importante e dinámica».
Suscríbete para seguir leyendo
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- El metal de Pontevedra vuelve a la calle por su convenio: primera jornada de huelga
- Muere Constantino Rodiño, el alma del restaurante Casa Rodiño de Meaño a los 57 años
- Una puja judicial de récord en Vigo: subastan un piso en la calle Rosalía de Castro valorado en más de un millón de euros
- Sanidade descarta que la niña de once años de Ourense falleciese por meningitis
- El copropietario de Vegalsa estrena su primera promoción inmobiliaria con 14 viviendas en Vigo y ultima dos más de alto diseño en la ciudad
- Recupera 400 euros perdidos en el Álvaro Cunqueiro tras ser localizada por las cámaras la persona que los cogió del suelo
- Cucarachas en la cara, en la cocina y en la bañera en el Barrio das Flores, en Vigo: «Es insufrible»