Arte
O Consello da Cultura relanza Atalaia, o catálogo de artistas de Galicia
Un directorio ofrece información de artistas galegos e entrevistas
A RAG presenta en Compostela o documental sobre a homenaxeada nas Letras Galegas, a viguesa Begoña Caamaño

Presentación da plataforma Atalaia, cun diretorio de artistas galegos. É unha iniciativa do Consello da Cultura Galega. / Xoán Álvarez

A Sección de Arte e Creación Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega (CCG) acaban de relanzar Atalaia, unha plataforma web da creación contemporánea galega.
Atalia consiste nun directorio de artistas e creadoras galegas que se pode consultar en https://culturagalega.gal/atalaia/ de xeito gratuíto.
De xeito alfabético, podemos procurar un nome e aparecerá unha breve biografía así como ao redor dunha ducia de imaxes da súa obra.
Como engadido, o catálogo inclúe tamén entrevistas con algunhas das creadoras. A iniciativa foi presentada onte en Santiago por Manolo Gago e a presidenta do Consello, Rosario Álvarez, entre outras voces.

Presentación da plataforma Atalaia do Consello da Cultura Galega. / Xoán Álvarez
Por outra parte, a Real Academia Galega rendeu onte homenaxe en Santiago a Begoña Caamaño coa presentación do documental «Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul».
Trátase dun filme producido co gallo do Día das Letras Galegas e que foi realizado por Miramemira con Damián Varela e Alba López na dirección así como no guión.
A proxección realizárona no Salón Teatro e despois efectuaron un coloquio con académicos da RAG.
Santiago ten importancia no documental xa que foi a cidade á que se trasladou Caamaño dende o seu Vigo natal para traballar na redacción da Radio Galega.
Suscríbete para seguir leyendo
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Hallan con vida a la vecina de Beade desaparecida desde el domingo por la tarde
- Nuevo paso para que se pueda viajar en AVE desde Galicia a otras comunidades del Norte sin pasar por Madrid
- La reapertura del policlínico Cíes lleva ocho meses paralizada a la espera de una autorización de la Seguridad Social
- La ambiciosa transformación de la avenida de Madrid de Vigo alcanza uno de sus hitos: «Ahora empezará lo más visible»
- Muere el patrón de una embarcación de recreo en Chapela al caer al mar, mientras su lancha seguía navegando sin rumbo
- Una plantilla de 70 personas, entre ellos 30 socorristas, se ocupará este verano del parque acuático y complejo de Monterrei
- Dos jóvenes de Cangas denuncian por estafa al propietario del piso que habían alquilado en la villa