Música
As claves do novo disco de Fillas de Cassandra que presentarán o día 9 en Pontevedra
O álbum "Tertúlia" xa está disponible desde este venres

Fillas de Cassandra publica novo disco e actúa o 9 de maio. / Alba Villar

"Tertúlia", o segundo álbum de longa duración do grupo vigués Fillas de Cassandra xa está na rúa e nas plataformas ao completo. O disco xorde chega a poucos días de que a banda ofreza o concerto de apertura do novo tour en Pontevedra. Sería o 9 de maio no Recinto Feiral de Pontevedra.
María SOA e Sara Faro produciron tamén este disco xunto a Çantamarta. Ao longo dos 12 temas, está presente a sonoridade galego cos instrumentos tradicionais, en especial a pandeireta, pero tamén hai cancións que lle fan unha chiscadela aos ritmos e melodías latinos.
O álbum consta de cancións para a introspección e a escoita pausada pero tamén convidan ao baile coa súa electrónica.
Nesta ocasión, o disco xira ao redor da cadeira, como utensilio nos fogares e nos espazos públicos para animar á conversa, á interrelación persoal nun mundo no que cada vez nos alonxamos máis dos demais amparándonos nos móbiles ou outros trebellos dixitais. Buscar reflexionar tamén sobre os poucos espazos que van quedando nas cidades para que a xente se sente a parolar, a compartir vida.
A cadeira foi protagonista dunha instalación sonora que ofreceron na Fundación Granell en Santiago e tamén nun espazo artístico en Madrid. O colectivo As dúas e punto foi o que fixo realidade cada cadeira para cada canción.
Estas son as claves do álbum:
Homenaxe ás mulleres
A muller volve ser o centro do proxecto. En especial aparecen no álbum e tamén nalgúns dos vídeos personaxes como as pintoras Ángeles Santos, Maruja Mallo (a esta, dedícanlle a canción «Verbena» e Tamara de Lempicka, tamén Floria Fuertes, Pardo Bazán... Por suposto, tamén está presente o feminismo ao longo do disco así como a amizade.
Experimentación musical
Se por algo se caracteriza Fillas de Cassandra é porque cada proxecto innova nas sonoridades musicais. «Acrópole» é diferente a «Hibernarse» e este é diferente a «Tertúlia». No novo álbum, hai uns temas que son arriscados, xogos musicais como a canción que abre o disco, «Saír á fresca».
Colaboracións moi destacadas
como a de Abraham Cupeiro no tema «Filla filliña» no que está presente a raiba; pero tamén participou o vasco ZETAK que xa cantara con elas o tema seu, «Anguleele». O artista ademais tamén actuara no concerto de apertura da xira de «Acrópole» no Mar de Vigo. Estará en Pontevedra o 9 de maio? Ogallá. Outras artistas participantes no disco son Ede e Pipiolas.
O amor e o desamor
O amor e o desamor así como a perda están tamén presentes como temáticas. De feito, cantan con Ede "Déixate ver" sobre supurar as penas.
Suscríbete para seguir leyendo
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Dos jóvenes de Cangas denuncian por estafa al propietario del piso que habían alquilado en la villa
- El puzle para crear una nueva gran zona residencial protegida en Vigo encaja otra de sus piezas: la Xunta somete a evaluación ambiental un segundo PIA en Lavadores
- Los chiringuitos baten otro récord en Nigrán: más de 16.000 euros al mes en Panxón y Praia América
- Denuncia al exnovio de su hija por la okupación de su casa y su bajo comercial para abrir un negocio en Moaña
- Muere el patrón de una embarcación de recreo en Chapela al caer al mar, mientras su lancha seguía navegando sin rumbo
- El metal vuelve a salir a la calle en Vigo: estas son las zonas afectadas por la manifestación de este miércoles
- Localizan en una casa okupa de Vigo a la mujer que iba en el coche en el que se produjo el supuesto rapto del hombre que apareció con una paliza en Meira