O servizo en galego da maior distribuidora de gas en España preséntase en portugués
A empresa Nedgia ofrece unha gravación no idioma luso tras pedir ser atendido en galego, aínda que despois si acaba respondendo unha operadora na lingua solicitada

Unha usuaria le unha carta de Naturgy en Galicia, nunha imaxe de recurso. / BERNABÉ | ANA AGRA
Usuarios galegofalantes de Nedgia decatáronse de que o servizo telefónico en galego que ofrece a maior distribuidora de gas en España comeza cunha presentación en portugués.
Tras chamar ao 900 100 252, o teléfono de atención ao cliente de Nedgia, indícase en castelán a posibilidade de continuar a conversación noutros idiomas. Pulsando no número 1, obtense resposta en catalán; no 2, en galego; e no 3, en inglés. Non consta o vasco, pois no País Vasco, Asturias e Cantabria, a distribuidora líder é outra, Nortegas, a terceira máis grande a nivel nacional tras Redexis.
Premendo na tecla 2, xorde a voz dunha muller que non fala galego, senón portugués con acento de Portugal, para explicar ao interlocutor que a chamada vai ser gravada e para ofrecer a opción de escoitar as condicións legais.
Despois dun breve período de espera, o consumidor xa consegue falar cunha operadora que responde nun perfecto galego, lingua que tamén usan para dar resposta en redes sociales a galegofalantes.
Dende Nedgia, son coñecedores deste erro e atópanse en vías de solucionalo, segundo informaron a FARO.
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Dos jóvenes de Cangas denuncian por estafa al propietario del piso que habían alquilado en la villa
- El puzle para crear una nueva gran zona residencial protegida en Vigo encaja otra de sus piezas: la Xunta somete a evaluación ambiental un segundo PIA en Lavadores
- Los chiringuitos baten otro récord en Nigrán: más de 16.000 euros al mes en Panxón y Praia América
- El metal vuelve a salir a la calle en Vigo: estas son las zonas afectadas por la manifestación de este miércoles
- La Audiencia mantiene la paternidad de un vigués aunque el ADN dice que no es su hijo
- Denuncia al exnovio de su hija por la okupación de su casa y su bajo comercial para abrir un negocio en Moaña
- Muere el patrón de una embarcación de recreo en Chapela al caer al mar, mientras su lancha seguía navegando sin rumbo