IN MEMORIAM
Pedro Ruiz Bofill: A excelencia dun debuxante seguro, popular e de oficio consumado
O Legado Activo Beiras Cal amosa o seu pesar polo falecemento do artista e ilustrador de FARO

Despedida al docente e ilustrador de FARO en el cementerio vigués de Pereiró | ALBA VILLAR
Pedro Bofill era o único que quedaba vivo do grupo de artistas que estaban incluídos na exposición Serigrafía Galega 1971 que este pasado verán estivo aberta na sede do Legado Activo en Muras. O azar quixo que o seu falecemento coincidise na mesma semana na que esta exposición se inaugurará na sede da EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios) en Vigo. No acto da apertura, que será este venres, 24, ás 19.30 horas, con seguridade haberá unha lembranza para este artista que agora nos acaba de deixar.
Desafortunadamente, o ilustrador Pedro Ruiz Bofill xa non poderá ver a exposición da EMAO que conta cunha serigrafía súa e unha mostra moi ampla das numerosísimas portadas que fixo para a colección O Moucho da Editorial Castrelos.
Bofill, que non era galego de nacemento, foi identificándose pouco a pouco co carácter da terra na que vivía. Debuxante seguro, con oficio consumado, acadou estraordinaria popularidade como autor das portadas da colección literaria O Moucho, tiradas en serigrafía, precisamente, técnica á que se afixo perfectamente.
Bofill, tras da lectura dos textos galegos, creou un especial tipo de paisano, nada folklórico, moi xustamente identificado co sentir dos nosos escritores, con aqueles que beberon máis dereitamente nas fontes populares.
O seu dominio das formas permitíalle debuxar a gusto a crear uns seres dotados da expresividade. Un chisco irónicos sempre, asomando a retranca que caracteriza á xente das aldeas galeas. Son mois plásticos os seus traballos e son excelentes dende o punto de mira formal e técnico.
Despedida al docente e ilustrador de FARO en el cementerio vigués de Pereiró
Numerosos familiares y amigos se acercaron ayer al tanatorio vigués de Pereiró para despedirse de Pedro Ruiz Bofill, el profesor de dibujo e ilustrador de FARO entre 1960 y 2001, que falleció el pasado domingo a los 90 años dejando viuda, María Paz, y cuatro hijos, Carlos, María Paz, Silvia y Pablo. Se celebró una liturgia previa a la incineración.
Suscríbete para seguir leyendo
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Dos jóvenes de Cangas denuncian por estafa al propietario del piso que habían alquilado en la villa
- El puzle para crear una nueva gran zona residencial protegida en Vigo encaja otra de sus piezas: la Xunta somete a evaluación ambiental un segundo PIA en Lavadores
- Los chiringuitos baten otro récord en Nigrán: más de 16.000 euros al mes en Panxón y Praia América
- Denuncia al exnovio de su hija por la okupación de su casa y su bajo comercial para abrir un negocio en Moaña
- Muere el patrón de una embarcación de recreo en Chapela al caer al mar, mientras su lancha seguía navegando sin rumbo
- Localizan en una casa okupa de Vigo a la mujer que iba en el coche en el que se produjo el supuesto rapto del hombre que apareció con una paliza en Meira
- Nuevo paso para que se pueda viajar en AVE desde Galicia a otras comunidades del Norte sin pasar por Madrid