Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Protestas históricas

Queres vivir a revolta estudiantil do maio galego do 1968? Un videoxogo axúdache

Nace unha novela visual-videoxogo que rescata as primeiras protestas do alumnado contra o franquismo

O proxecto interactivo convértete en María, unha alumna de Matemáticas que deberá elixir se implicarse ou quedar á marxe

"Antes de  maio" é un videoxogo-novela visual que che ofrece a posibilidade de revivir o maio do 68 en Compostela.

"Antes de maio" é un videoxogo-novela visual que che ofrece a posibilidade de revivir o maio do 68 en Compostela. / I.P.

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

Un ano antes do famoso maio do 69 francés cando o estudantado parisino tomou as rúas con berros e consignas como «prohibido prohibir» ou «a imaxinación ao poder», o alumnado universitario de Compostela comezaba a rebelarse contra a ditadura franquista e as imposicións daquela sociedade. Por vez primeira, a verba folga botou un pulso nas aulas para reclamar un mundo mellor. As persoas que o queiran revivir e quen aínda non nacera pero teña curiosidade por experimentalo poden voltar atrás no tempo. O ofrecemento faino o híbrido de novela visual e videoxogo «Antes de maio».

Detrás do proxecto, atópase a guionista galega Irene Pin quen subliña que se trata dun «experimento» cultural que bebe tamén do manga pero «con base e documentación histórica. É un relato de ficción no que incluímos fragmentos de entrevistas que nos axudaron para documentarnos», explica.

Porén, esas entrevistas ofrecen «outra perspectiva do maio santiagués. Tiramos do fío –esclarece Pin– para atopar xente que vivira esa época con perfís diferentes. Por exemplo, Camiño Noia fora presidenta da Juventudes de Estudiantes Católicos (JEC). Tamén falamos con outra xente que non aparece nos libros como Manuela Corral ou Carlos Campoy. Este último non estaba metido nun sindicato pero participou e tivo un encontro curioso co decano de Ciencias, que o convenceu, sen ser el afín ao réxime, de que rebentase a folga estudiantil».

Recreación da librería do xudeu no Vilar en Santiago onde mercaban libros prohibidos a finais dos anos 60.

Recreación da librería do xudeu no Vilar en Santiago onde mercaban libros prohibidos a finais dos anos 60. / I.P.

Outro punto forte da iniciativa son as imaxes da época como as pertencentes ao arquivo de Claudio Guerín que nos vai amosando como era Santiago naquela altura pasando polo Franco, a Alameda, o entorno da Catedral... Con esas imaxes, vemos como vestía a xente, como se movía e mesmo toman corpo e movemento as Dúas Marías cuxa escultura de cores pervive na capital.

A proposta foi presentada en Compostela e a idea das creadoras (ademais de Pin atopamos Iria Iglesias máis Álex Rozados como debuxantes) é levalo a outras cidades galegas incluídos centros de ensino.

Cara o verán, a previsión é ofrecelo en liña para que a xente xa poida acceder. Ás autoras interésalles que, sobre todo, a xente moza coñeza esta parte da historia para que tomen conciencia.

Foto dun mercado na Alameda en Compostela nos anos 60 que aparece na novela visual.

Foto dun mercado na Alameda en Compostela nos anos 60 que aparece na novela visual. / I.P.

Unha moza comeza na universidade

O inicio da novela visual sitúanos en Santiago. Nós seremos a rapaza protagonista xa que o que buscan as autoras é ofrecer unha visión «centrada na perspectiva das mulleres daquela época».

A moza, de nome María, está a estudar primeiro de Exactas (Matemáticas) no curso 67-68. Nada máis chegar a Compostela, nota a efervescencia no ambiente polo que ten que decidir se se implica nas mobilizacións ou non.

É dicir, nós mesmas, a través do noso trebello electrónico seremos as que tomaremos a decisión. Non será a única. A historia irá avanzando e irán xurdindo disxuntivas ante as que María ten que seguir decidindo.

A historia comeza amosándonos a María, unha rapaza vestida con saia midi vermella, camisa branca e abrigo tres cuartos marrón, peiteada cunha longa trenza. Na clase da facultade, fala coa amiga Mercedes á que describe como unha «arroutada».

A gran decisión: a que bar ir no 68

Xunto a elas vai un rapaz duns cursos superiores, Moncho López, que as informa de que haberá votación para elixir os representantes da Facultade. Alguén da clase advirte de que é ilegal, ao que se repón o Moncho. Convídana a ir ao Mezquita, un bar. Esa é a primeira decisión da audiencia: elixir o botón polo que María accede ou o outro no que pon de excusa que queda na pensión.

No paso seguinte, María volta para a pensión Rosario na que vive, situada na Praza de Galicia. Alí, outras dúas amigas fálanlle de que facer esa tarde. Varias son as propostas: ir ao Avenida, ao Mezquita, ao Miami ou ao Gaiola. Este último, reduto coñecido como a ‘pecera’ por ser onde se reunían os afíns ao Partido Comunista (PCE). A persoa xogadora deberá decidir que facer.

Nos seguintes pasos, ata terá que elixir se se postula como candidata ás eleccións estudiantís. Nós temos a última palabra.

Para desenvolver «Antes de maio», as autoras recibiron apoio do Concello de Santiago así como o Premio Proxectos Culturais Singulares para a Mellora Social da Deputación da Coruña.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents