Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Marina Carpente Integrante do músico Abril

«A xente non sabe o traballo que hai detrás dunha canción tradicional»

Martina Carpente e Claudia Abril iluminan a escena musical galega cunha nova banda, Abril, que se presentará en sociedade o 8 de maio

Abril, novo grupo de música tradicional vigués.

Abril, novo grupo de música tradicional vigués. / Pedro Mina

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

«Se tes o corazón roto non haberá quen che queira». A frase foxe dos manuais de autoaxuda para se converter nun verso do single «Nas horas avelaíñas» do dúo vigués Abril. A banda publica hoxe o seu primeiro álbum, «Medrar», no que apostan pola música tradicional cunha sonoridade moi coidada e especial. Integran este novo proxecto Claudia Abril e Marina Carpente. As dúas comezaron a súa formación musical clásica no conservatorio para virar ás melodías de raíz galegas co Fiddle Fest. O álbum preséntano o 8 de maio na sala Rebullón. Falamos con Marina Carpente sobre este novo alumeamento.

—Abril é unha nova banda, como naceu?

Xurdiu dun campamento na ría de Vigo coñecido como o San Simón Fiddle hai 14 anos. Co tempo, acabamos formando a banda Dadga, integrada por catro persoas, para pasar agora a unha proposta máis íntima con violín e voz e só dúas músicas.

—«Medrar» é o título do disco. Que distintos significados pecha?

Para nós, é un disco no que as letras foron xurdindo a través de Claudia e a nosa amiga Petra Iglesias. Construíron letras sobre temáticas nas que queriamos afondar e que nos fixeron medrar. Son cousas boas e malas. A través desas vivencias, construímos unha rede de afectos e o noso fogar con xente que nos axudou a medrar. Este ano ademais cumprimos os 30 as dúas.

O grupo Abril na biblioteca da Etrad, en Vigo, onde se formaron.

O grupo Abril na biblioteca da Etrad, en Vigo, onde se formaron. Claudia e Marina (1d). / Pedro Mina

—O Hevi encargouse das mesturas.

O disco produciuno Zalo Rodríguez e gravamos nos Estudios Ancestral, de Isaac Millán e que é a casa de Claudia. Queriamos que alguén con aires novos nos dera unha nova perspectiba. Hevi ten renome e encántanos o traballo que foi facendo.

—Parte do traballo realizouse tamén na Residencia de Mariñán, que importancia poden ter estas iniciativas?

Para as artistas, ten unha importancia vital. O noso traballo está precarizado porque non nos podemos dedicar á música todos os días da nosa vida porque temos que dedicarnos ás aulas. Ter unha residencia onde pecharse unha semana e con apoio económico para traballar é moi importante. Podemos afastarnos da rutina, concentrarnos no traballo. Foi mo frutífero, deunos un empurrón.

O dúo Abril, nas dependencias da eTRad en Vigo.

O dúo Abril, nas dependencias da eTRad en Vigo. / Pedro Mina

—O álbum abre con «Marañas», baseado na Xota de Caroi. A pandeireta marca un ritmo que sustitúe o ritmo dixital.

É un tema que comezamos tocando a violín e pandeireta pero despois decidimos que Zalo intervira cos seus sintetizadores. Tamén hai produción electrónica. Xenerouse un ambiente tenso con todos eses elementos, que era o que queriamos.

—A canción sinala: «Non dou escapado das marañas do peito».

Neste tema, queriamos expresar a ansiedade que ás veces nos percorre. A través do disco, atopas sentimentos que poden parecer de desamor pero non falamos de situacións románticas, ás veces tamén atopas situacións así con amigas. Unha amiga tamén che pode romper o corazón. Por iso, xogamos coa ambivalencia para que cada unha se sinta identificada.

—Danlle moita importancia ás recollidas e ás informantes mulleres.

Nós queremos resaltar a importancia do papel da muller na transmisión da música tradicional. Conservouse grazas ás mulleres que seguían cantando. A xente non sabe o traballo que hai detrás dunha canción tradicional, dende as informantes, a xente das recollidas ata quen as cantamos agora.

—O tema «Escribíache unha carta» ten unha forza expresiva moi forte a pesar de parecer nú.

Esa canción xurdiu polo libro «O violín que trae o vento», escrito por Adrián Méndez e Xulia Feijoo máis Begoña Rioboo. Participan violinistas do panorama folc. Cada unha de nós gravamos unha canción de Florencio dos Vilares para resaltar a figura de Modesta, unha alumna del a quen vai dedicado o libro. Para este álbum, regravámola con Lontras. Quixemos facer un diálogo a dúas voces. É un tema bastante bizarro e bonito. 

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents