Literatura
O galego Ismael Ramos, primeiro autor español en gañar o Premio O. Henry, un dos galardóns literarios máis prestixiosos de Estados Unidos
O escritor foi recoñecido polo seu relato «A lebre», que forma parte do seu libro «A parte fácil» e que foi traducido por Jacob Rogers e publicado na revista The Common

O poeta galego Ismael Ramos. / XOAN ALVAREZ
C. S.
O escritor galego Ismael Ramos vén de facer historia tras converterse no primeiro autor do Estado español en gañar o Premio O. Henry, un dos galardóns literarios máis prestixiosos de relato curto a nivel internacional. Nunha selección comisariada polo novelista y escritor estadounidense Tommy Orange, en concreto, Ramos foi recoñecido polo seu conto «A lebre», un relato que forma parte do seu libro «A parte fácil», e que foi traducido por Jacob Rogers e publicado hai un ano na revista The Common.
Premio Nacional de Poesía Joven 'Miguel Hernández' 2022, o autor natural de Mazaricos (A Coruña) figura nesta ocasión nun palmarés compartido con nomes tan relevantes como Samanta Schweblin, unha das autoras máis destacadas da literatura arxentina e latinoamericana contemporáneas; Colm Tóibín, multipremiado novelista e xornalista irlandés; Catherine Lacey, unha das mellores novelistas novas estadounidenses dos últimos tempos, ou Brandon Taylor, estadounidense finalista do Booker Prize.
A través das súas redes sociais, Ismael Ramos fixo pública a selección do seu relato no que constitúe un dos galardóns literarios máis antigos e máis importantes dedicados á narrativa breve que se conceden en Estados Unidos. O poeta galego amosouse moi honrado e agradecido polo recoñecemento que impulsa a súa traxectoria a nivel internacional como unha das voces emerxentes máis destacadas, poñendo en valor a brillante tradución do galego ao inglés do seu conto por parte de Jacob Rogers, ademais de asegurar: «Vou tardar anos en asimilar que Raúl, Valeria e o Renault 19 co que remontan a AP-9 e atravesan as terras do Xallas, formen agora parte dun premio que recoñece este ano no seu palmarés a escritores que admiro inmensamente».
Así mesmo, Ismael Ramos aproveitou a súa publicación nas redes sociais para dedicar o galardón a Mazaricos e aos seus, «polo fondo visgoso e brillante do encoro da Fervenza, polo Renault 19 de meus pais, que me viu medrar e no que entraba a auga. Vai por unha lingua cuxos límites- sóubeno sempre- son a carreira infinita dunha lebre», concluíu o autor.
Suscríbete para seguir leyendo
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- Cómo construir un nido artificial para aves urbanas: la recomendación de la la Sociedad Española de Ornitología para convivir con los pájaros
- El metal de Pontevedra cierra un preacuerdo «histórico» con un alza salarial del 15%
- Vuelve la Farola y vuelve el Acrópolis
- Estudiante keniata llega a un pueblo de Ourense para revitalizar el rural con un 'hub' de innovación
- Cuando el marisqueo deja de ser rentable: «Dejo el mar muy a mi pesar porque no hay ingresos, no por madrugar, el frío o el calor»
- El metal se consolida a la vanguardia de toda España en subidas salariales: así pacta la industria en comparación con otros sectores
- ¿Quién se queda con el piso de la vecina en Galicia? La Xunta investiga más de 560 herencias sin testamento en cinco años