Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Memoria histórica

A historiadora Raquel Varela aborda en Vigo a verdade sobre a revolución portuguesa

A Asociación Memoria, Verdade e Xustiza impulsa na cidade diversas actividades arredor do 25 de Abril

A historiadora Raquel Varela.

A historiadora Raquel Varela. / Cedida

A Asociación Memoria, Verdade e Xustiza impulsa ao longo deste mes na cidade de Vigo unha ampla programación de actividades co obxectivo de lembrar o fin da ditadura en Portugal e achegar á cidadanía a historia social da «Revolução dos Cravos» da man de persoas expertas.

Os eventos arredor do 25 de Abril darán comezo este mesmo xoves, ás 19.30 horas, coa visita da historiadora portuguesa Raquel Varela ao Instituto Santa Irene, onde a especialista ofrecerá unha charla sobre o que realmente aconteceu naquela xornada na que se puxo fin ao Estado Novo de corte fascista en Portugal a través da presentación do libro «Historia do Povo na Revolução Portuguesa».

A programación terá continuidade o vindeiro xoves 16 de abril coa proxección do documental «Memorias do 25 de abril» no Multicines Norte, tamén a partir das 12.30 horas, namentres que o 23 de abril, na Asociación Cultural e Deportiva de Lavadores, a cineasta e escritora Margarita Ledo ofrecerá unha charla relacionada coa súa propia experiencia persoal ao ter que exiliarse durante dous anos no país veciño.

Como peche da programación deseñada polo colectivo vigués, o propio día da efeméride, o 25 de abril, diante do Museo MARCO se levará a cabo a interpretación de «Grândola, Vila Morena» ás 12.00 horas.

Tracking Pixel Contents