Laura Lamontagne: «Aos artistas fáltanos visión de futuro ao firmar os contratos»
A artista galega regresa tras dous anos de parón cun single que critica unha partte da industria musical galega
Vén de publicar «SonRisas Falsas», un single demoledor no que canta: «20.000 pavos na saca, nunha me convenciches de que iso non pasara»

Laura LaMontagne inicia nova etapa e lanza un single no que fala das 'xogarretas' que sufriu da industria musical. / Manuel Lucas Mariño

«Tiña fe, tiña todo por perder, mírame, non sei que temer, tiña fe, cando entrei, pintaba ben; estilo, equipo e caché (...). Estiven demasiado cos ollos tapados, estiven escondida nun furado, afiando coitelos, téñoos preparados. Festival das SonRisas Falsas (...) 20.000 pavos na saca, nunca me convenciches de que iso non pasara. Sabe Dios que merda me depara». A lucense Laura Lamontagne regresa tras dous anos de silencio e tras dar portazo ao seu proxecto con PicoAmperio para contemporaneizar as cantigas medievais. No single «SonRisas Falsas», denuncia o modo de proceder dunha parte da industria musical galega.
-Alédome moito que estea de volta. Hai uns meses, impactoume un vídeo seu rodado en directo en Punta Nariga ao aire libre con tres temas novos.
Estabamos pensando en gravar un live con esas cancións e xurdiu a idea de facer un directo nun punto espectacular da xeografía galega. Miña irmá escolleu Punta Nariga, un faro que mola moito porque mestura a natureza e o faro máis moderno de Galicia. Eses dous elementos cadraron ben co respertorio. Foi incrible rodar alí.
-Na apertura, escoitamos a voz de Luz Fandiño e despois os versos de Rosalía en «Pasa río, pasa río» de «Cantares gallegos» tornan moi contemporáneos.
Ao repasar as lecturas, empaticei con esas palabras de Rosalía. Eu sentíame nun momento da vida no que estaba rara, non me atopaba a min mesma. Pensaba que se cadra era porque non cumpría as expectativas. Ao ler este poema e ir tamén da man de Luz Fandiño que recita o poema «Para Rosalía», unín eses tres camiños. Sentinme moi acompañada por elas. Collín anaquiños do poema de Rosalía e anaquiños de cousas que escribira eu.
-Está presentando singles novos. Haberá novo álbum?
Ata hai pouco eu tiraba só pola idea de facer singles e despois deste ano facer álbum pero a verdade que reunindo as ideas co meu produtor pensamos en que ao mellor hai material xa para un novo disco.
-O primeiro single foi «Sonrisas Falsas». O vídeo é impactante. Asínao Adrián Canoura, un luxo. Por momentos, vostede dá medo, rodeada como de sangue.
O single sácame da miña zona de confort; hai que probar cousas novas. Quedou incrible. O plantexamento que fixo deume un novo significado á canción. Eu non sentín apoio para comprender a situación tras romper o grupo anterior Foi unha etapa fodida pero hai que deixar repousar as cousas para atreverse a falar.
-No anterior proxecto con Pico Amperio, traballaron sobre as cantigas medievais galegas traídas ao contemporáneo. Este novo proxecto non bebe do medieval. O traballo vocal é moi bo tamén pero está noutra tesitura.
O cambio non foi difícil porque teño versatilidade, navegar por distintas formas de cantar é explorar cousas de min mesma. Agora non fago moitas florituras vocais pero ofrezo cancións máis intimistas. Podo combinalo todo. Hai dúas fins de semana, cantei con Abraham Cupeiro nunha igrexa algunha cantiga. Tiña medo de non estar á altura pero estivo moi ben.
-«Sonrisas Falsas» fala da decepción da primeira etapa no mundo da música. Hai referencias claras a un coñecido festival de música galego e a unha empresa de management así como ao anterior grupo.
Non é un axuste de contas pero si que ten rabia contra min mesma. Quería contar algo, sacalo fóra. Esa foi unha das razón para parar durante case dous anos. Tiven que pensar. Non me atopaba. Foi unha das cousas que influíu quizais en que o anterior proxecto non saíra adiante como puido ter saído. Pensas cal foi o erro e reflexionas sobre as expectativas e outras historias ocultas. A canción fala sobre si mesma.
-Tanxugueiras tamén cambiou de management hai pouco e nunha entrevista queixábanse de non ter recibido un mellor acompañamento xurídico e psicolóxico para formalas no que firmaban...
Ou sobre todo no que alguén está asinando por ti... Non sei se por falta de cartos ou por que vas aceptando cousas e despois pensas que se tiveras un avogado de man non che pasaría o que che pasa. Non entendes todo nos contratos. Hai detalles que abranguen moitos anos e hai que pensar niso. Faltoume pensar nas consecuencias de aquí a dez anos. Non sei se aos artistas non falta esa visión de futuro. Quizais nos centramos demasiado en crear e fáltanos a perspectiva de futuro cando asinamos os contratos.
-O vídeo do segundo single, «Cuidado» tamén está moi ben.
Está superguai. Ves como as cousas diarias se volven terroríficas. Gravámolo na miña casa, con cousas da familia, da miña infancia. Era a ansiedade de estar nun só espazo no que ao redor o mundo vai cambiando inda que ti segues no mesmo estado. As cousas que tes ao redor danche medo, estás como atrapada nelas. Era o queriamos amosar nese vídeo dirixido por Sara Iglesias, que é a miña irmá. Con esta nova axencia, estou máis animada para traballar. É unha axencia creada recentemente.
Suscríbete para seguir leyendo
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- El Estado exige 6 meses de prácticas a los alumnos de la mercante pero solo les da 3: «Hay gente que ya lo da por imposible»
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- El nuevo «macroparque» infantil en Vigo da un paso clave para ser una realidad en 2027: elegida la empresa para ejecutar la obra