Entrevista | Xosé Ramón Pena Escritor
«Coñecín unha persoa que tivo un encontro na segunda fase con aliens»
Nun novo libro, o escritor vigués cruza ovnis coa Revolución dos Caraveis e o antifranquismo militar
Tamén reedita «Na noite estrelecida», de Cabanillas e que trouxo ao galego as lendas do ciclo do rei Artur

O escritor Xosé Ramón Pena, en Vigo, vén de publicar dous novos libros. / Jose Lores

Ernesto e Clarita son dous nenos que seguimos ata a vida adulta en «A boca de Krishna» (Aira), a última novela do colaborador de FARO Xosé Ramón Pena. O pai dos cativos é un militar que acaba como mariño mercante. Na súa historia, algo dramático lle acontecerá. Os seus dous fillos buscarán respostas que entrelazarán hipótesis sobre ovnis, a Revolución dos Caraveis de Portugal e o movemento militar antifranquista.
-No libro, desaparece en alta mar un barco con integrantes do UMD, Unión Militar Democrática, a agrupación que no final da ditadura franquista pedía un cambio. Ficción ou realidade?
É unha ficción baseada en feitos reais. A UMD existiu como ben sabemos. Houbo militares dela que estaban en Lisboa na Revolución dos Caraveis. Eu sitúo o pai dos nenos alí. Este personaxe é inventado.
-A novela centra o seu desenvolvemento na Galicia sobre todo pero tamén nos leva por outros lugares como o estreito de Ormuz, cara onde xira a nosa atención hoxe.
Foi unha completa casualidade. Teño moitas cualidades pero non a de futurólogo (risos). Na época na da narración (anos 70), o petróleo que chegaba aquí viña desa zona. Teño coñecementos de Náutica, sei por onde ían ou van os barcos, porque estudei o Bacharelato na Coruña e os meus compañeiros acabaron sendo mariños mercantes. Eu mesmo, de pequeno, fun á escola dos mariñeiros. A miña familia non tiña que ver con ese sector. Cando era eu pequeno fomos vivir á Coruña, ao barrio do Orzán. Naquela época, alí practicamente non había nada, nin sequera un grupo escolar. Xunto aos meus curmáns eramos os únicos na escola que non tiñamos familiares mariñeiros. Tamén un dos meus mellores amigos do Bacharelato chegou a ser práctico do Porto da Coruña e teño visto con el petroleiros por dentro. Eran unha pasada.
-O que realmente me chaman a atención son os coñecementos de astrofísica.
Sempre fun moi afeccionado á astrofísica, pero teño coñecementos básicos. Sempre me gustou.

Xosé Ramón Pena, en Vigo. / Jose Lores
-Vostede é un escritor ao que lle gusta ter todo moi ben documentado. Outra xente permítese moitas moitas licencias.
A min, gústame ficcionar sobre a realidade. En cada libro de novela publicado, ficciono sobre cousas reais. Non fago literatura fantástica nin ciencia ficción; a miña é unha literatura de corte realista. Gústame saber como foron as cousas para poder contar a miña historia sobre elas. O que se conta neste libro sobre os planetas e os descubrimentos astrofísicos é real, agás o planeta que descobre o protagonista. Cando escribín a novela, non estaba. A narración acaba no 2016 e, dende entón, descubríronse moitísimos. Nestes últimos 20 anos, descubriron varios milleiros.
-Que busca vostede con este libro?
Non sei o que dirán os lectores. Eu quería unha novela persoal e de iniciación. O narrador fai un repaso da súa vida; faise preguntas que nos plantexamos moitas persoas: quen somos, que pintamos aquí e como chegamos aquí. Tamén hai retazos de novela político-policial cando intenta averiguar que lle pasou ao pai, o tráfico de armas, a guerra de Angola... Tamén é unha saga familiar que inclúe os anos de axitación universitaria en Santiago nos 70.
-Cre que hai vida extraterresdtre alén da Vía Láctea.
Por unha certa lóxica, debería existir. En canto a como podería ser esas hipotéticas civilizacións, tanta posibilidade hai dunha cousa como doutra. É posible que estean moi desenvolvidas ou que non.
-Na novela, algúns personaxes narran varios casos de avistamentos de ovnis. En que se baseou?
Cando estiven estudando en Santiago, unha persoa confesoume nunha ocasión que tivera un encontro con extraterrestres, non na terceira fase senón na segunda. Foi unha experiencia que, tendo en conta da persoa que viña, non era unha coña. Non era unha persoa dada á ufoloxía, nin ás experiencias esotéricas, dada a súa ideoloxía e maneira de pensar. Foi unha experiencia que tivo.
Tamén saca do prelo a reedición «Na noite estrelecida» de Cabanillas con estudio introdutorio elaborado por vostede. Por qué as historias do ciclo artúrico teñen tirón?
A obra saíu hai 100 anos nestas datas, no venres de Dolores. É unha das obras máis importantes da literatura galega pola galeguización do mundo artúrico. Eu creo que o mundo artúrico fascina dende hai séculos porque conta historias que están no corazón do ser humano. Falan da lealdade, da traición, da busca dun ideal.
n
Suscríbete para seguir leyendo
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- El Estado exige 6 meses de prácticas a los alumnos de la mercante pero solo les da 3: «Hay gente que ya lo da por imposible»
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- O que nos deixou Samba, o noso veciño