Música
Gin Toni´s arranca xira en Vigo e sinalan: «Quen vén aos nosos concertos, vén ver a banda sonora da súa vida»
O grupo de versións máis destacado de Galicia inicia na cidade a nova xira; son un furor: xa non hai entradas

O grupo Gin Toni's arranca en Vigo a súa nova xira para celebrar os seus 13 anos nos palcos. / Lucas G.t.

Os Gin Toni´s son, a día de hoxe, o grupo galego de versións con máis viralidade nos escenarios do país. Concertos memorables en Monforte ou Ourense con milleiros de persoas de público ou mesmo no Festival da Luz certifícano. Agora, para a súa nova xira, decidiron realizar unha proba de lume: presentala e arrancala en Vigo, na mítica La Fábrica de Chocolate. Será este venres 27 e xa non hai entradas á venda; arrasaron con todo.
A banda está feliz. «Eu creo que moita xente pensaba que só iamos vender 25 entradas», comenta socarrón Andrés Montes, a voz do grupo lucense, con berce en Escairón. «Nós temos unha traxectoria e todo o mundo se tirou a comprar os billetes. Fainos ilusión arrancar a xira en Vigo e facelo así mola», engade a FARO.
O novo tour dos Gin Toni´s leva por nome «Xira 13» por levaren xa 13 anos sobre os palcos se ben os membros que orixinaron o grupo, Toni Fernández (o batería, que acompañou o exSiniestro Total Miguel Costas moitos anos) e o propio Andrés acumulan 33 anos xuntos a tocar.
«Os Gin Tonis é un grupo que naceu de casualidade. Naceu nun grupo de amigos de Escairón para tocar nunha comida nosa nas festas patronais. Un ano, pedíronnos a Toni e a min preparar unhas cancións e tocar algo. Eu era baixista pero pasei a cantar por ser o que menos vergonza tiña. Ía ser o primeiro e único bolo dos Gin Tonis pero o do Círculo de Saviñao quíxonos contratar para outra actuación. Empezamos a ensaiar e a buscar máis bolos. E levamos así 13 anos», lembra Montes.
A banda destaca polo seus shows, meténdose ao público dende o primeiro minuto no peto, coas súas versións dos anos 80 ou 90. «Quen vén ver a Gin Toni's vén ver a banda sonora da súa vida», declara o frontman do grupo.
«Nós –engade– facemos versións levando as cancións ao noso terreo. Xuntamos cancións de artistas diferentes e estilos distintos para ir xogando cos temas. O noso director musical, Diego Mosquera, fai un traballo incrible».
Cre que o concerto no que máis xente reuniron foi un en Monforte nas Festas Patronais con máis de 8.000 persoas. «Foi unha loucura. Pero no Festival da Luz na nosa hora fomos o concerto con máis xente. Foi sorte porque se tocara Fito no escenario, daría igual, non viría ninguén vernos. Pero o bo é que aquel día conseguimos que ninguén se nos marchara», sinala.
Recoñece que é «difícil» que unha banda de versións faga cen concertos anuais como logran eles. Explica que en cada tour cambian o 50% do repertorio. Nesta, haberá 32 temas; 14, novos.
- Un furancho de Redondela, multado con 45.000 euros por no dar de alta a sus trabajadores
- La historia de superación de Sandra y Antonio, de dormir en la calle a abrir un comercio de barrio en Ourense: «La primera noche dormimos en un parque»
- Vigo recibirá a los reyes Felipe y Letizia a finales de mayo por el Día de las Fuerzas Armadas, con seis jornadas de celebración
- Casi 20.000 hectáreas de Pontevedra y seis concellos más, declaradas para la caza libre
- El Paseo de Alfonso acoge el sábado la tercera edición de «A nosa memoria», un homenaje a Rubén Berto Covelo
- Condenan a una mujer por violencia doméstica contra su marido en Cangas
- Clases a funcionarios de la Xunta para gestionar el estrés y aprender a usar la IA
- El ambicioso plan de la nueva ETEA coge impulso en Vigo, pero con mucha tarea por delante: los primeros hitos no se verán hasta un cuarto de siglo después del adiós de los militares