Senén Barro: «A IA está nas nosas mans, non se nos vai escapar»
Calcúlase que en dez anos, o 15% do traballo no mundo faranno as máquinas, «sería un caos non anticiparse», dixo en Club FARO o autor de libro ‘Poden pensar as máquinas’?

Henrique Alvarellos (esquerda) e Senén Barros. | JOSÉ LORES
«A Intelixencia Artificial está nas nosas mans, dos gobernos, das empresas e en última instancia de nós, non se nos vai escapar; todos temos que ser axentes do seu avance e preocuparnos de reclamar que non nos vale un mundo sen traballo e cunha distribución da riqueza en mans de xente con tanto diñeiro que nin Chat GPT sabería dicirlles onde gastalo». Así o manifestou onte en Club FARO Senén Barro, unha autoridade en IA a nivel internacional, durante a presentación do seu libro ‘Poden pensar as máquinas?’ (editorial Alvarellos).
Presentando polo director da devantida editorial, Henrique Alvarellos, quen destacou a súa capacidade de explicar conceptos técnicos complexos cunha palabras sinxelas, o poñente, que é doutor en Física, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director científico de CITiUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Univesidade de Santiago), aludiu á pregunta que formula no título do libro retomando o test proposto polo matemático Turing en 1956, quen plantexou que no ano 2000 un 30% das máquinas empregarían a linguaxe humana de tal xeito que un humano non sabería destinguir si estaba interactuando con elas ou cun semellante.
«Se tomamos o significado de pensar que da A RAE, a miña resposta é que non pensan, xa que no teñen mente nin cerebro cun soporte biolóxico e nin siquera a forma na que funciona unha neurona se asemella ao simil coas que se asocia: o algoritmo. Pero se asociamos a parte máis pragmática ou utilista, a resposta é afirmativa: fan recoñecemento de patróns, toman decisións, aprenden e se alcanzan un gran nivel de autonomía, resolven problemas complicados en diferentes ámbitos».
Por outra banda, Barro afirmou que «a IA nin é tan intelixente nin tan artificial como nos queren vender por intereses comerciais» porque o seu proceso de aprendizaxe aínda está moi asistido por humanos, necesitan moitos exemplos para aprender e carecen de sentido común ou coñecemento da vida que os humanos adquirimos manipulando o entorno. Puxo como exemplo unha cámara intelixente instalada nun estadio de fútbol de Escocia para emitir un partido, entrenada para seguir o balón, que se pasou toda a emisión seguindo por todo o campo os movementos do linier, que era calvo. «Nós non degradamos bruscamente, non cometeríamos erros groseiros».
Referiuse á espectacular e apasioante revolución da IA na última década debido a cinco razóns: un aumento exponencial da potencia de campo (os primeiros modelos facían mil sumas por segundo, hoxe os ordenadores máis potentes chegan a facer máis dun trillón de operacións no mesmo tempo), a evolución dos algoritmos , que son as matemáticas que aprenden, a cantidade de datos dispoñibles en Internet sobre os que aprende a IA, o investimento, primeiro público e agora privado (as catro empresas líderes en Estados Unidos, Amazona, Micros, Meta e Alphabet investirán este exercicio 650.000 millóns de dólares, oito veces do que destina España a educación pública, universal e de calidade; «un investimento preventivo para non quedar atrás, pero do que non esperan polo da gora retorno»), e, por último, a percepción aínda positiva da IA pola poboación, sobre todo no Sudeste Asiático, que consideran que vai traer beneficios.
Considerou que China superará a EE UU en IA e falou dun proxecto deste país de crear un sistema de educación multiaxente que suporá un cambio radical na educación personalizada. «A educación e a mediciña teñen que ser personalizadas, non pret a porter».
«A ética non é obligatoria, a lexislación si»
Cada vez que ampliamos fronteiras do coñecemento xorden dilemas e debates de tipo deontolóxico. A IA non é allea a isto. «A ética preventiva que plantexan algúns dos meus colegas non é de obrigado cumprimento, a lexislación si. A IA ten que regularse cun proceso equivalente ao que se sigue cos medicamentos, cos que se establece como hai que investigar, como hai que probalos , como hai que producilos, como hai que prescribilos, ou cal é a información que os debe acompañar nos prospectos», manifestou Barro. Outro tema é a enerxía e auga que consume a IA. «O CEO de ChatGPT , Sam Altman, dixo o ano pasado que dar servizo ao seu millón de usuarios consume menos que unha central nuclear, que dentro dunha década poderán ser 250 centrais co aumento de usuarios. A min non me preocupa que a IA estea desequilibrando hoxe o medio ambiente nin que supoña a causa do cambio climático. É un alto consumo, pero menor que moitas outras actividades humanas, como pode ser o tráfico urbano, os avións ou os transatlánticos». Sobre o uso da IA por estudantes, manifestou que lle preocupa «a delegación cognitiva» polas consecuencias que ten sobre aspectos como o desarrollo da linguaxe ou a comprensión lectora.
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- Extranjeras de Vigo, tras solicitar su regularización: «Estamos emocionadas, es la oportunidad que estábamos esperando»
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- Identificado el conductor del atropello mortal en Pontevedra, al que investigan por un homicidio imprudente
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo