Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cine

«Antes de Nós» arrasa nos Mestre Mateo con 13 premios fronte aos tres de «Sirat»

A película de Oliver Laxe logra os galardóns a mellor longametraxe, mellor música orixinal e mellor son; mais Ángeles Huerta conseguiu o da dirección

O actor Xoán Fórneas, que deu vida a Castelao en "Antes de Nós", co seu Mestre Mateo a mellor intérprete masculino.

O actor Xoán Fórneas, que deu vida a Castelao en "Antes de Nós", co seu Mestre Mateo a mellor intérprete masculino. / Pedro Eliseo Agrelo Trigo

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

Co tema «Rumboia» de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre arrancou nas últimas horas do sábado a gala de entrega dos Premios Mestre Mateo que este ano elixiron Lugo como escenario. O reparto de galardóns saldouse cunha gran sorpresa. O filme máis premiado (trece galardóns) foi «Antes de Nós», de Ángeles Huerta, sobre un dos retazos vitais de Castelao. Este impúxose a «Sirat» de Oliver Laxe que logrou tres distincións.

A distribución dos Mestre Mateo entre estes dous filmes foi a seguinte. «Sirat» logrou o de mellor longametraxe, mellor música orixinal (realizada por Kangding Ray) e mellor son (para Amanda Villavieja).

Pola súa parte, en «Antes de Nós», recaeron o de mellor dirección (Ángeles Huerta); o de guion para Pepe Coira; mellor dirección de arte, dirección de fotografía, dirección de produción, maquillaxe e perruquería, vestiario, montaxe, protagonista feminina (Cris Iglesias), protagonista masculino (Xoán Fórneas) e interpretación feminina de reparto e mellor interpretación masculina de reparto. Este último recaeu en Mikel Insua, finado hai pouco. No momento do discurso, que leu a súa representante.

No caso da distinción á mellor interpretación feminina de reparto, esta compartírona Luisa Merelas e Victoria Teijeiro. Esta última sinalou «Non á guerra» de parte de Merelas. «Esta profesión afainos a recibir tantos noes (...); esperemos que os repartos de premios sexan máis inclusivos e diversos», engadiu Teijeiro.

O evento -no que se entregaron 25 premios- foi conducido por Trisha Fernández e Federico Pérez que comezaron reflexionando sobre o belicoso presente e a ameaza de Trump. Porén un dos momentos deles foi cando versionaron ao seu xeito a canción "Perla" de Rosalía cambiando a letra para facer referencia á xente do audiovisual que vai de estrela esmagando a dignidade do persoal.

Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre actuaron na gala dos Premios Mestre Mateo.

Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre actuaron na gala dos Premios Mestre Mateo. / Pedro Eliseo Agrelo Trigo

Ademais dos premios antes citados, o de mellor curtametraxe foi parar para o vigués Alejandro Jato pola súa obra «Curmán», que tamén resultara premiado no último Festival de Cans.

No caso da mellor serie de televisión, a gañadora foi «Weiss & Morales» do que dirixiu parte dos capítulos a viguesa Lucía Estévez; mentres que «O corpo de Cristo» de Bea Lema levou o de mellor curta de animación; «360 curvas», o mellor documental (foi dirixido por Alejandro Gándara e Ariadna Silva).

O Mestre Mateo ao mellor videoclip caeu nas mans de «Hibernarse» de Fillas de Cassandra. O mellor anuncio publicitario do ano foi «Ao noroeste do oeste», de Undodez e Medio Limón.

Xosé Ramón Gayoso, presentador de Luar, gañou o premio a mellor comunicador; a mellor realización levouna «Historias de aquí» (Marcos Nine) e o premio de honra gañouno a tradutora e asesora lingüística Rosa Moledo pola súa traxectoria.

Oliver Laxe, cos actores de O que arde e Mimosas.

Oliver Laxe, cos actores de O que arde e Mimosas. / Efe

Nine avogou por educar as crianzas no audiovisual desde a tolerancia e calidade e aproveitou para pedir seriedade á hora de tratar os contidos do cinema. Fronte ás preguntas a Oliver Laxe sobre que champú emprega indicou: «Oliver, nós querémoste con ou sen acondicionador».

As mulleres levan o 70% dos premios

Por último, sinalar que o evento contou tamén coa música en directo de «Mondra» e que, nesta edición, as profesionais mulleres impuxéronse ao recolleren o 70% dos Mestre Mateo.

Acudiron á gala a vicepresidenta do goberno, Yolanda Díaz; o conselleiro de Cultura, José López Campos, e o actor Luis Tosar.

Autoridades e representantes da Academia do Audiovisual na gala dos Mestre Mateo.

Autoridades e representantes da Academia do Audiovisual na gala dos Mestre Mateo. / Carlos Castro

A presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga, tamén se pronunciou contra a guerra e recalcou a importancia do sector e a necesidade de defender os dereitos e a cultura galega. Tivo palabras de louvanza a Oliver Laxe e o seu traballo por levar lonxe o audiovisual galego.

Tracking Pixel Contents