Día da Poesía
Olga Novo abrirá o festival de poesía «Alguén que respira!» en Santiago o vindeiro día 18
A Premio Nacional de Poesía inaugura co seu manifesto da «memoria motriz» catro xornadas que contarán con máis de 40 poetas

Rolda de prensa de presentación de «Alguén que respira» con Valentín García, Antón Lopo e Miriam Louzao. / FDV

Durante catro días, entre o 18 e o 21 deste mes, a vindeira semana, a capital galega respirará poesía nunha diversidade de manifestacións, dende recitais a performances, pasando por faladoiros, proxecións, conferencias e postas en escena. Abrirá o telón a Premio Nacional de Poesía Olga Novo, responsábel do manifesto desta edición, e pecharase o 21, Día Mundial da Poesía, «cunha apoteose especialmente dedicada á oralidade», como explican os seus promotores.
Segundo a organización do «Alguén que respira!», liderada polo poeta Antón Lopo, o programa desa noite, baixo o título Son nove e non van ser dez, constituirá o programa estrela ao xuntar no escenario algunhas das personalidades «máis sobranceiras da intervención poética física», con intervencións coma as de Silvia Penas, Estevo Creus, Samuel Merino ou Isaac Xubín, entre outros. A proposta busca facer memoria das propostas orais que pasaron polo encontro nas nove edicións.
A convocatoria, organizada polo Concello de Santiago que conta, a maiores, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, coincide coa celebración do inicio da primavera e caracterízase pola pluralidade de voces ás que dá acubillo: poetas, cineastas, científicos, novelistas, divulgadores, artistas, músicos, como Nuno Pico, Faia ou Guadi Galego, e activistas. Algúns dos outros nomes que integran a nómina deste ano son Lupe Blanco e Manolo Maseda, Andrea Nunes Brións, Simon Ó Failáin, Elsa Moreno, Cristal Méndez Queizán, Pol Guasch, Miren Agur Meabe, Xabier Cordal, Raquel Patriarca, Ana Romaní, Antón Reixa ou Ana Rosetti.
A memoria como eixo
O manifesto de Olga Novo, que lerá ela mesma dende o balcón do Teatro Principal de Santiago o vindeiro xoves e que inaugura a festa da palabra, esta dedicado á memoria, o tema que artella a nova edición do estival. «Agora pecha os ollos e respira. Só somos iso. Alguén que respira. Algo que vive, e polo tanto, que ama, que soña e que recorda. Non existe un único lugar para a memoria no cerebro humano», comeza.
Este venres durante a presentación do encontro o secretario xeral da Lingua, Valentín García, enfatizou «a contribución ao prestixio e á produción poética en lingua galega» que representa o festival, do que destacou igualmente que pretende «pór en valor o talento dos nosos creadores e do noso idioma a través da poesía».
Durante a presentación no Pazo de Raxoi, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta insisatiu en que o festival «reflicte a alta calidade dos autores e autoras que apostan polo galego como ferramenta da súa creatividade». Sen esquecer, engadiu, que a proposta sitúa a capital galega como «epicentro e punto de encontro poético».
Un encontro de prestixio
Ao respecto, lembrou que unha das actividades centrais do «Alguén que respira!» é o espazo Letras novas, recital protagonizado polo estudantado recoñecido cos premios Respira!, que esta vez reciben Mario Blanco Boullosa, na categoría universitaria, co poema Onte fomos nenos e xa non; Mencía Rodríguez Lorenzo, na de Bacharelato e ciclos formativos de 1º grao, con Non me lembro de nada; Lucía Gaute Fernández, de ESO, co poema A memoria, e Carmen Fernández Castillo, alumna de Primaria co seu poema Sitch.
- La Xunta acomete el mayor movimiento de personal de su historia: 3.200 empleados públicos cambian de puesto, el 12 por ciento de toda la plantilla
- El ourensano Juan Bouzo, que cumple 104 años, sigue tomando su vaso de vino al día «porque le da fuerza»
- Stellantis Vigo inicia la producción de las primeras furgonetas K9 de tipo 'low cost'
- Toxo vuelve a necesitar ayuda: un ictus deja secuelas en el perro que hace un año acogió una familia de Moaña
- La Xunta da luz verde ambiental al desarrollo de los terrenos de GEA en Ramón Nieto para levantar hasta 950 viviendas en Vigo
- Un barco de la viguesa Opnapa recaptura un atún patudo marcado por los científicos hace casi diez años
- Más de 35.000 trabajadores del textil y del calzado convocados a una jornada de huelga para defender sus derechos
- Un festival de cometas gigantes colorea este sábado la espectacular playa de Foz do Arelho, en Portugal