Entrevista | Antía Muíño Cantautora galega
«Quería fuxir dos clixés da música de autor e folc»
Antía Muíño é unha das sereas da música galega actual que máis paz lle dá aos nosos oídos. Vén de publicar o seu segundo disco, «Anfibia por veces», unha xoia

Antía Muíño vén de publicar «Anfibia por veces», o seu segundo disco. / Raso

Co seu primeiro álbum optou a un premio MIN e o single «Carta aberta» supera o millón de escoitas no Spotify. A cantautora galega Antía Muíño regresa con «Anfibia por veces» (Raso Estudio, o mesmo de Baiuca), un disco cunhas sonoridades que namoran o corazón. O 5 de marzo, actuará no Principal de Compostela e o 27 no Jofre, de Ferrol.
—Séntese 'anfibia por veces'?
É o título dun tema no que reflexiono sobre a identidade, sobre o meu lugar no mundo e na terra que habito. Alude á humidade, á auga, á choiva. Pero tamén o escollín por outra connotación. O anfibio vive en distintos elementos en principio antagónicos. O disco busca distintas sonoridades e todas forman parte de min sen disfraz aínda que hai moito contraste sonoro e letrístico. Hai temas intimistas e introspectivos e outros son unha celebración da vida. É o reflexo da vida.
—Pero fala de que lle doe a aterra, de que sente dor, do tempo...
Hai momentos de melancolía non como tristura senón como unha ollada consciente ao pasado, ao presente pero con optimismo. Son unha persoa tendente á melancolía e á nostalxia pero son optimista. Ás veces, dóenme certas cousas pero teño que atopar os espazos de alegría para aprender a vivir con iso.

Antía Muíño. / Raso
—O amor está presente pero semella que foi deixando un atrás.
Pode ser amor romántico, á terra ou a amizades. «Amor fugaz» é unha canción de despecho pero irónico sen drama intenso. Por iso o pensei como un pasadoble, como algo máis bailable.
—Tamén sobresaen cuestións sobre o presente con referencias a «esta vida tan estraña» ou ao tempo lento que se necesita en contraposición coa voráxine.
As reflexións acerca do presente do momento no que vivimos é algo que forma parte das miñas letras. Para min, escribir é un bálsamo, unha maneira terapéutica de expresar o que sinto. Hai moitas cousas do mundo moderno coas que non me sinto cómoda ou identificada Son cero amiga das présas e da voráxine. Canto a vivir lento, a vivir con atención, para ter unha mirada consciente. Aí é onde podemos atopar a felicidade. É imposible illarse porque eu son filla do meu tempo e estou nas redes e na industria pero trato de buscar un equilibrio. A música é unha maneira de levalo a cabo.
—Por que Hevi como produtor?
Quería traballar con el para fuxir dalgúns clixés da música de autor ou folc pero sen perder a miña esencia. El é moi respectuoso e ten moitos referentes. Ademais gravamos case todos os temas en directo con todos os músicos na sala.
—Que luxo!
Si, e é complicado e non é habitual. Ten os seus pros e os seus contras. Pero respiras unha organicidade na gravación, nótase que estabamos xuntas tocando. Quizais hai algunha imperfección pero é un elemento de valor engadido.
—Agradezo este disco porque faise necesaria outra viraxe para o tradicional que conviva co tradi puro e o electrotradi.
O importante é atopar no que cada unha se sinta cómoda. Na diversidade, está a beleza da nosa escena galega. Neste disco, os instrumentos son reais. O tema «Augha desa fonte», con Lilaina, construíuse en base ao minimalismo con cantareiras e instrumentos tradicionais. Conseguimos que tivese forza sen nada máis. Ese era o obxectivo. É unha chamada de atención de que se pode conseguir enerxía e movemento en base ao acústico.
—Sentiuse libre para este segundo disco?
Importa como se vai recibir porque eu vivo disto e quero que chegue ao maior número de xente posible; pero traballei sempre dende a liberdade. É imposible traballar con expectativas alleas: nunca sabes a quen vai gustar.
Suscríbete para seguir leyendo
- El enredo judicial en torno a la cúpula acristalada del Celta
- De aldea vaciada a destino internacional: el proyecto en el rural de Ourense de Jonathan y Adrián
- El Gobierno de Portugal aplica una rebaja «extraordinaria» de los impuestos a la gasolina por la guerra en Oriente Medio
- El otro milagro de Madonna con el Celta: «Hola Borja Iglesias, quería pedirte un favor; yo soy del Dépor...»
- Una madre con una hija de 10 años en O Porriño: «Llegué del trabajo y vimos que ya no teníamos casa»
- La AP-53 se sitúa entre las autopistas de España que más tráfico ganó en 2025
- El tiempo da un vuelco en Galicia: lluvia, aire frío y un respiro a mitad de semana en Vigo
- Galicia queda desconectada de Valencia en avión: tres aerolíneas diferentes cancelan las rutas desde Vigo, Santiago y A Coruña