Música
O guitarreo da Familia Caamagno segue á alza co novo disco

Familia Caamagno, ao completo. / David Silva

Familia Caamagno son algúns dos poucos grupos galegos e en galego que se manteñen fieis ás guitarras contundentes. Ese amor polo instrumento rockeiro volve quedar patente co novo álbum, «Disco comarcal», que toma o nome dunha canción na que cantan «os da aldea do lado a hostias; disco comarcal, control de alcoholemia a voltas».
«É unha canción que fala precisamente das discotecas comarcais, que había nos anos 90. Era cando había un pouco de febre de sábado á noite por saír cada un pola súa comarca. Todo iso xa pasou de moda e esas discotecas pecharon en moitos lugares. Son sitios que foron moi importantes para a xuventude daquela época e agora están en ruínas. Vimos niso un concepto potente», sinala Manuele Caamagno.
Ante esta reflexión preguntámoslle se se lle parte o corazón ao ver un deses palacios musicais abandoados. «Non sei se se me parte o corazón pero prodúcese un sentimento de nostalxia da ruína. Fainos pensar na nosa vida e nalgunhas realidades como a concentración da vida nas cidades, o cambio do lecer, o abandono do rural...», engade.

Familia Caamagno. / David Silva
En canto ao tema «Bomba de calor», cun vídeo no que non debemos perder detalle, sinala que foi dirixido por David Silva e que se gravou nun pub coruñés chamado Don Giorgio. «Rodámolo nun domingo. É un alegato á festa. Contraponse ás necesidades e esixencias laborais dun mundo que vai moi rápido e que non para. Fala dese novo capitalismo que deixa moi pouco espazo para as relacións persoais, para o amor», engade o músico da banda.
A crítica social tamén a podemos atopar en «Milagre económico» que é «un canto non tanto a gañar moitísimo diñeiro senón a levar unha vida satisfactoria. É un canto persoal a unha vida humilde. O verdadeiro milagre económico non é só poder traballar senón tamén disfrutar da vida».
Respecto do gusto pola guitarra, comeza indicando que «a música feita en Galicia e en galego está no seu mellor momento porque nunca houbo tantas propostas como agora con estilos diferentes. É unha auténtica pasada. Pero a nivel de música feita con guitarras non acontece iso; está un pouco baixo mínimos. Quitando excepcións como os Rapants, que son unha auténtica loucura, non hai moitas propostas. Nós comezamos hai 15 anos e había máis grupos con guitarras en Galicia. Non considero que estea en perigo a música feita con guitarras pero fan falta máis grupos».
A banda vén de presentar o disco na Capitol e continúa de xira. Promete visitar pronto Vigo e anuncia que tamén tocará no San Isidro en Madrid, nun festival.
- Un colegio de Vigo, entre los 100 mejores de España según la revista Forbes
- «La generación Z consume menos alcohol porque encontró una droga nueva: la tecnología»
- Sorprendidos manteniendo relaciones sexuales dentro de un coche en el aparcamiento de un supermercado de Redondela
- La hélice del crucero «Spirit of Discovery» quedó al aire frente a la costa gallega: hubo un fallecido y más de 100 heridos
- Una mujer «Spider-Man» que trae de cabeza en Moaña
- Borja Iglesias responde al seguidor del Deportivo que le pidió la camiseta que el Celta lució en el homenaje a Madonna
- La flota gallega inicia la campaña en Malvinas tras los buenos datos científicos del calamar: «Estamos volviendo a la normalidad»
- Una multinacional china invertirá 400 millones en la cuarta gigafactoría de baterías de España... a 600 kilómetros de Vigo