Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Guía de actos para celebrar o 189 aniversario de Rosalía de Castro

Un dos momentos do roteiro por lugares relacionados con Rosalía de Castro en Vigo.

Un dos momentos do roteiro por lugares relacionados con Rosalía de Castro en Vigo. / Alba Villar

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

Rosalía de Castro cumpre 189 anos este luns día 23. Un calendario inzado de actos ofrecen á cidadanía lembrar a súa figura. Un dos máis madrugadores desenvolveuse onte en Vigo da man do museo MARCO e de Galaxia. Consistiu nun roteiro pola cidade a través dos lugares clave.

O encargado foi o comisario da mostra do museo olívico «Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia», Xurxo Martínez González. Os primeiros pasos deunos na oliveira do Paseo do Alfonso para seguir pola rúa Eduardo Chao.

A familia Chao foi determinante na vida literaria de Rosalía xa que Alejandro Chao publicoulle «Follas Novas» na Habana. Por suposto, outra parada realizouna na rúa Real onde se atopaba a imprenta de Juan Compañel que imprimiu «Cantares gallegos», a obra fundacional do Rexurdimento galego e que se tomou como referencia para celebrar o Día das Letras Galegas.

As personas participantes no roteiro acabaron no MARCO cunha lectura de poemas de Rosalía.

Os festexos proseguen o luns 23, centrados sobre todo en Santiago e Padrón. A Xunta colabora coa Fundación Rosalía para celebrar o día do nacemento da poeta.

Homenaxe e alborada

Nesta xornada, ás 10 horas, homenaxe ante a estatua da escritora no Espolón. Ademais os Carapaus presentan «Alborada a Rosalía», a peza musical escrita pola poeta. Esta música tamén resonará en Compostela na ofrenda floral das 11.00 horas fronte á estatua da escritora na praza de Vigo.

Unha hora despois, a comitiva desprázase ao Panteón das Galegas e Galegos Ilustres. Alí, Uxía interpretará varios temas xunto a Javier Ruibal; que volverán a facelo ás oito da tarde na Casa de Rosalía en Padrón. Ambos tamén ofrecen un concerto con parte deste repertorio hoxe, domingo, na praza de Mazarelos en Santiago desde as 13.20 horas.

Agasallar un libro e unha flor

No que respecta á Asociación de Escritoras e Escritores (AELG), a entidade anima á cidadanía galega a agasallar un libro en galego e una flor ás súas amizades e persoas queridas.

Nesta edición, é a poeta Eva Veiga a encargada de redactar o manifesto que lerán hoxe domingo ás 12.00 horas no Panteón de Galegos Ilustres en Compostela.

Caldo de gloria

Pola súa parte, a Fundación Curros Enríquez ofrece o venres 27 cociñará un caldo de gloria na lareira da entidade para despois ter unha foliada na que lerán poemas da autora e actuarán a Banda de Gaitas do Concello e Lembranza Solpor.

Respecto ao caldo de gloria, quen desexe cociñalo pode seguir a receita que ofrecen en rosalia.gal Suso Dezaseis e Uxía; Óscar Vidal, Xoanqui Ameixeiras ou Lucía Freitas.

Por último, un ano máis, convite aos músicos galegos a tocar este luns a Alborada para Rosalía.

Tracking Pixel Contents