A memoria do 36
Chévere arrasa co seu teatro sobre Castelao, Bóveda e o golpe franquista
«Ictus» é a nova peza que veñen de estrear e que chegará ao Carballiño, Vigo e Pontevedra
Ofrécena en lingua de sinais e para persoas cegas

Chévere, nun dos ensaios de «Ictus», a obra que veñen de estrear ao redor de Castelao, Bóveda e a memoria colectiva ao redor do golpe do 1936. / Sabela Eiriz

«Ictus (anatomía de ‘A derradeira leición’ de Castelao), a nova obra da compañía Chévere, estreouse este venres en Compostela no Auditorio de Galicia onde continuará varios días para despois iniciar a xira por Galicia e o resto do Estado. O vindeiro 27 recalará en Pontevedra, para seguir polo Carballiño (28 de febreiro) e xa en marzo na Sala Ártika viguesa (os días 6, 7, 8, 13 , 14 e 15), entre outros lugares.
A dramaturxia recae en Xesús Ron mentres que nas táboas veremos a Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Borja Fernández, Gema Santos e Marcos Pereira.
Se queren vela en Compostela, non se apuren se non teñen entradas. Están esgotadas para os tres días. «Contabamos con ter bastante público en Santiago, que é a nosa casa, pero non contabamos con tanta expectación. Vólvenos sorprender. Mellor comezo non podiamos ter», sinala Xesús Ron.

Escena de "Ictus", da compañía Chévere, que se vén de estrear en Compostela e chega en marzo a Vigo. / Sabela Eiriz
Ese magnetismo pode partir da propia compañía e a súa aura, de incluír o nome de Castelao no título e tratar dunha das súas obras ou de intentar rachar certo silencio sobre o asasinato de Alexandre Bóveda? «Ao mellor, responde Ron, xúntanse eses factores todos. Tamén contribuirá que se falou moito de Castelao o ano pasado e por iso está de certa actualidade a súa memoria, que está endisputa. Nós non imos resolvela pero imos alimentar o que rodea a súa memoria e a do cadro ‘A derradeira leición’».
Ron entra en materia a continuación sobre a peza, sobre a súa orixe: «Sorprendeunos como impacta aínda a memoria do golpe de estado do 1936 no noso presente. Cando vén por primeira vez o cadro a Galicia dende Arxentina, fáiselle un acto e presencian a apertura da caixa distintos persoeiros. A única voz que lle dá un saúdo ao cadro é o presidente da Xunta (Núñez Feijóo naquela altura) e sorprendeunos que se silencia o nome de Bóveda, que é o protagonista da pintura, e que se silencia o golpe militar. Nós advertimos que non funciona apelar ao esquecemento para afrontar o futuro».
En «Ictus», unha vez máis, botan man do teatro documental. O personaxe que fai de fío condutor é unha muller con dano cerebral que presenta alteracións na memoria. «A partir dela, contamos unha historia sobre a alteración da memoria. Ela está rodeada de personaxes breves, incluído Castelao, que ofrecen unha testemuña sobre os feitos que presenciaron ou dos que oíron falar», sinala o dramaturgo galego.
No centro, unha reprodución do cadro nun escenario moi baleiro. Trátase da mesma copia que levou a compañía pola Galicia adiante para investigar sobre o coñecemento do mesmo. Apóiao algunha proxección como a documentación coas páxinas da causa do 1936 contra Bóveda. Ademais, hai un narrador que tamén serve para facer accesible a obra ás persoas cegas e unha actriz e un actor interprétana na lingua de sinais.
«Ictus» fala da historia persoal da muller que perde a memoria pero tamén de como se esquece a historia na memoria colectiva.
«Inda que a presenza de Castelao atravesa a obra, non é unha peza sobre el -aclara Ron- pero si queremos dar unha perspectiva diferente de Castelao. Queremos presentalo como esa persoa que pintou ese cadro cando estaba case totalmente cego e necesitaba o apoio da súa muller, Virxinia Pereira. É un paradoxo que a obra dunha persoa case cega sexa o símbolo da nosa arte, da nosa historia. Queremos achegarnos a el e reivindicar a presenza de Virxinia cos dous no exilio», engade Ron.
- Álex Calvo, vigués residente en Dubái: «Lo único que escuchamos son ruidos, como fuegos artificiales»
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- La RFEF contempla más renuncias de sedes para el Mundial 2030: Vigo y Valencia ganan enteros para estar presentes en la cita
- La científica viguesa Sara Abalde regresa a Galicia con una prestigiosa Consolidator Grant para estudiar la comunicación individual entre células cancerígenas e inmunes
- Una persecución nocturna acaba con un coche policial volcado en un solar en Pontevedra
- El ataque de un perro Shar pei en Vigo suelto y sin bozal deriva en una indemnización de 13.400 euros
- Oportunidad de negocio por 85.000 euros: se vende albergue en el Camino de Santiago
- Siete empresas compiten con Vitrasa por el nuevo contrato del autobús en Vigo de 468 millones de euros: Alsa, Arriva o la lusa Barraqueiro