Entrevista | Anxos Fazáns Directora de cinema
«Quería no filme unha historia de transición sexual sen drama»
«As liñas discontinuas» é a segunda longa da marinense Anxos Fazáns. Hoxe, o filme chega ás salas. Nel, reloce o porto de Vigo nunha historia dunha muller que se fai amiga do ladrón, transexual, que entra na súa casa

Anxos Fazáns, na première na Coruña de «As liñas discontinuas». / CARLOS PARDELLAS

—A verdade é que se agradece moito os dous protagonistas. Ela, unha muller duns 50, atractiva pero sen un corpo perfecto; e el, un rapaz transexual sen drama. Ela volve á casa á noitiña e atópao na súa casa a durmir....
É moi importante para min construír referentes. No momento no que quixen facer unha película, tiven que pensar nos protagonistas, con que tipo de personaxes me apetecía traballar. Deime conta de que botaba de menos no cinema personaxes de mulleres maiores de 50 anos realistas, conectadas coa terra, atractivas pero sen buscar o canon da perfección. Ela non é perfecta; non é unha nai coidadora como adoitamos ver. É unha muller con problemas e erros. Coa cuestión trans pasa o mesmo. No momento no que comecei a pensar na película, vivía rodeada de persoas que estaban comezando esa transición e comecei a interesarme pola construción do xénero. Vin que non existían case representacións no cinema e que as que había non se parecían en nada ás persoas que eu coñecía. Quixen construír eses dous personaxes vinculándoos ao real. Quería no filme un personaxe cunha historia de transición sexual sen conflito ou drama.
—No caso de Adam Prieto, que dá vida ao rapaz e que na vida real transicionou de muller a home, é a primeira actuación que fai. Imaxino que xa despuntou no primeiro casting.
Si, recordo perfectamente o momento no que entrou pola porta para o casting. Tiña unha enerxía que era a que eu imaxinaba para o personaxe: moi luminoso, cun torrente que te cautiva rápido. Aínda así, houbo que probar moitas cousas para confirmar que era a persoa indicada. A verdade é que logro demostrou que era un absoluto actor en potencia.
—Hai soidade e incomunicación nos dous, inda que están rodeados de xente.
Bea, a prota, está moi soa, no sentido de sentirse incomprendida. De súpeto, chega unha persoa nova á súa vida coa que lle resulta más doado comezar a comunicarse. Isto vai fluíndo pouco a pouco porque no comezo hai un xiro complicado. El corre moito para adiante sen parar a pensar. No fondo, teñen unha crise semellante inda que son dous personaxes moi diferentes. El está construíndo a súa vida por primeira vez; e ela cando pensaba que tiña todo construído, desmorónaselle aos 50. É un proceso de aceptar o cambio. Para min, era importante xerar a unión entre os dous.
—Ten medo de que pasen uns anos e se sinta derrotada como a protagonista (Mara Sánchez)?
Si, hai un pouco de proxección. Para min, era importante construír un referente para min, para un futuro posible, para recordar que cando vaia mal, sempre haberá un camiño. Cantas mudanzas levo con 33 anos?! Unhas cantas. En realidade, conecto con moitas cousas dos personaxes.
—Por que elixiu Vigo para rodar os exteriores?
Eu son do Morrazo, do Seixo, pero estiven vivindo varias veces en Vigo. Hai pouco que me mudei para Santiago. Inda se pode dicir que son viguesa. Vigo cautívame por varias cousas. Por un lado, está toda esa zona industrial e do porto que é moi característica, ten moita personalidade e é moi representativa da cidade. Por outro lado, está a luz de Vigo, con algúns dos mellores atardeceres que eu vin. Despois, está a noite viguesa, a festa, a música, a cultura nocturna. Nos últimos anos, foi perdendo un pouco pero eu sigo a visualizar a cidade con esa enerxía.
—No arranque do filme, vemos un grupo de mozas e mozos ante a porta de La Fábrica de Chocolate.
Si, gravamos no exterior e no interior. Despois, o grupo móvese por Vigo e o coche pasa tamén pola zona de Guixar. A casa onde transcorre todo non está en Vigo, houbo que deslocalizada porque foi difícil atopar o que buscaba nesta urbe. E tamén amosamos un asteleiro en Teis onde traballa o protagonista e zonas de Bouzas.
—A música é unha protagonista máis da longametraxe. Escoitamos Grande Amore, os Rapants...
Traballamos moito coa música como elemento narrativo da película. Aquí, ademais, axuda a construír os personaxes. Fixemos unha selección de bandas galegas nas que tamén está Triángulo de Amor Bizarro.
—Xusto un tema de Triángulo é a canción que dá a chave no final do filme, «ASMR para ti». Esta e «Gold» dos Spandau Ballet son protagonistas.
A canción de Triángulo foi unha canción que escoitei durante moito tempo. Tíñaa en vinilo. É un tema moi vinculado a min. En canto ao de Spandau Ballet, buscaba algo moi bailable e que a xente soubese recoñecer. É un temazo dos 80-90 que ten unha parte nostálxica recoñecible e tiña un presuposto posible. Ás veces, a parte musical é bastante difícil de xestionar porque é cara.
Suscríbete para seguir leyendo
- El Gobierno de Portugal aplica una rebaja «extraordinaria» de los impuestos a la gasolina por la guerra en Oriente Medio
- Lola Galovart, Valedora da Cidadanía de Vigo, herida grave y en la UCI por el accidente de la AP-9 del sábado
- Chayanne, segunda confirmación de los conciertos de Castrelos en Vigo
- Madonna responde al Celta y zanja el misterio de su camiseta: «¡La llevo puesta y represento a tu equipo con todo mi espíritu!»
- La AP-53 se sitúa entre las autopistas de España que más tráfico ganó en 2025
- La científica viguesa Sara Abalde regresa a Galicia con una prestigiosa Consolidator Grant para estudiar la comunicación individual entre células cancerígenas e inmunes
- Unas 150 variedades de camelias atraen a multitud de personas a Porta do Sol
- El pequeño pueblo a dos horas de Vigo que debes visitar este invierno: rutas por la naturaleza, paisajes increíbles y una de las mejores carnes gallegas