Vigo despide a Xesús Alonso Montero, «mestre con estrela de alto rango»
O funeral do intelectual galego foi celebrado esta mañá en Pereiró, até onde se desprazaron personalidades políticas, do mundo da cultura galega, antigo alumnado e amizades

Marta G. Brea

Unha importante multitude achegouse esta mañá até Pereiró para dar un último adeus ao histórico comunista, profesor, escritor e un dos grandes intelectuais contemporáneos de Galicia, Xesús Alonso Montero, quen finou o pasado xoves aos 97 anos de idade na cidade olívica. Personalidades políticas, do mundo da cultura galega, antigo alumnado, compañeiros de loita, amizades e familia reuníronse nun emotivo acto fiel á manda testamentaria que Alonso Montero deixou rubricada, sendo a persoa encargada de dirixir a despedida a súa filla, Sara Alonso Pimentel.
Ante o féretro arroupado por una pequena bandeira comunista e namentres se proxectaban fotografías da súa etapa en Lugo, un período que o marcou fondamente, Sara Alonso comezou o acto lembrando ao seu pai como «profesor querido e admirado, loitador antifranquista, protector da memoria histórica, investigador infatigable, político combativo, eficaz editor e tertuliano inesgotable». A continuación, a filla de Xesús Alonso Montero deu paso a Gregorio Ferreiro, antigo alumno e amigo, quen procedeu a recitar o poema de Curros Enríquez «A Rosalía. Do mar pola orela», a quen seguiu unha das netas do tamén académico e filólogo, Irene Alonso Vázquez, quen recitou uns vernos do poema «1936», de Luis Cernuda, petición tamén do propio Xesús Alonso Montero.
O acto de despedida continuou coa amiga do intelectual Stella Maris González Valbuena recitando uns versos que a poeta Luciana Stegagno lle dedicou a Xesús Alonso Montero, quen para ela tiña nome de «di rivoluzione». O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, puxo a voz a «Brinde», de Víctor Campio Pereira, e como última intervención, ante a imposibilidade da presenza de Xesús Rábade Paredes, foi outra neta de Alonso Montero, Carmen, quen pechou o acto coa lectura de «Volver a Lugo».

Distintos momentos durante o funeral do profesor e académico Xesús Alonso Montero esta mañá en Pereiró. / Marta G. Brea
Profesor, traballador da cultura, republicano, marxista e ateo, era o desexo de Xesús Alonso Montero que no seu último adeus as súas amizades e asistentes ao funeral entoaran, puño en alto, «A Internacional». Os asistentes non fallaron e cumpriron coa petición solicitada polo «mestre con estrela de alto rango» e, logo de que un coro interpretara unha versión en galego, os presentes alzaron a voz para cantar o himno obreiro adaptado e abreviado polo propio intelectual, esa mesma letra que foi entoada no primeiro mitin público do Partido Comunista Galego celebrado en Vigo en 1977.
Vigo despediu así a un referente defensor do idioma e da cultura galega, a un profesor entregado á súa profesión e a un firme combatente antifranquista que deixa un legado tan valioso como imborrable en Galicia.
Suscríbete para seguir leyendo
- La «plaga» de pulpo persiste en el sur de Inglaterra: más de 400 toneladas en solo dos meses, un 450% más que el año pasado
- El Concello de Vigo intensifica la intervención para ampliar la playa de Samil: la duna de Argazada creció más de un metro en cuatro años
- Jóvenes que escapan del alquiler en Vigo y se hacen propietarios: «Todo son precios desorbitados sin sentido»
- El astillero francés Piriou se adelanta a Freire por el pedido de dos oceanográficos para Indonesia
- Vigo exhibe dinamismo urbanístico al cobijo del nuevo PXOM: se han tramitado más de 3.300 proyectos desde su aprobación
- Salgueiros perde a un mozo comprometido, cofundador de Vai Nela
- La Policía evita que la pareja de O Real okupe otra casa en Touzal
- Luz verde en Vigo a una inversión superior al millón de euros para levantar un edificio de viviendas