O xeneroso profesor que abriu a senda da palabra, recordo do antigo alumnado de Xesús Alonso Montero
Un contador de historias nato, sempre con vontade de compartir a súa sabedoría dentro e fóra das aulas, un profesor xeneroso e, ante todo, un gran defensor dos traballos rigorosos e respectuosos coas fontes e cos arquivos. Antigo alumnado lembra a faceta de Xesús Alonso Montero na ensinanza.

Capela ardente de Xesús Alonso Montero en Pereiró. / Marta G. Brea

A presenza de Patricia Arias nunha biblioteca para atender a chamada telefónica deixa constancia de que aprendeu ben a lección pois, cando se lle pregunta por como era o seu profesor de clases particulares como docente, responde sen dubidar que unha das ensinanzas máis importantes que pousou nela Xesús Alonso Montero foi a de que «os libros hai que revisalos sempre, que é fundamental a bibliografía, consultar os arquivos e non renderse nunca», conta esta antiga alumna do académico que faleceu o pasado aos 97 anos de idade en Vigo.
O falecemento do escritor e académico Xesús Alonso Montero o pasado xoves non só deixa orfa á cultura galega, senón que tamén sela unha fonda ausencia no mundo do ensino, especialmente para aqueles que se consideran «privilexiados» de poder denominarse hoxe antigos alumnos e alumnas do que foi un académico referente.
«Era amable, era paciente, tiña moitísima memoria e tamén moitísima vontade de compartir, porque é certo que tiña moita intención de que seguísemos a senda da palabra. Era moi xeneroso cos xuízos que emitía respecto do que fose que estabamos traballando e non tiraba nunca das orellas, realmente era moi doado implicarse naquelas cuestións nas que el se implicaba porque era tanto o entusiasmo que poñía e que transmitía tan ben que con calquera silva coa que el enredaba tamén enredabamos os que estabamos arredor del», comenta Patricia Arias, quen tamén menciona a súa proximidade, tanto co alumnado como cos compañeiros e compañeiras de investigación, como unha das virtudes de Xesús Alonso Montero.
Tiña moitísima memoria e moitísima vontade de compartir, porque é certo que tiña moita intención de que seguísemos a senda da palabra
Neste senso, a profesora e filóloga apunta que «algún dos traballos que fixemos xuntos partiu del mesmo. Que alguén como Alonso Montero aparecera un día pola Fundación Otero Pedrayo -da que ela foi secretaria- cunha carpeta chea de papeis e diga que lle gustaría traballar comigo, que el xa ten a documentación, pois era moita vertixe porque sabías que ese traballo podería facelo el só, pero sempre procuraba dar relevo e abrir a porta a quen sabía que estaba traballando en certos temas», poñendo tamén en valor Patricia Arias que Xesús Alonso Montero era unha persoa que «facía que estivésemos moi cómodos colaborando xuntos, pero tamén era un gran defensor do traballo ben feito».

Sara Alonso, filla de Xesús Alonso, recibindo o pésame na capela ardente en Pereiró. / Marta G. Brea
Na universidade
-Profesor, profesor! Mándame saúdos para vostede o meu avó, un bo amigo seu.
-Mire «joven», un amigo é esa persoa coa que compartes tres anos de cativerio nun cárcere franquista, todo o demais son «zarandajas».
É a nítida anécdota universitaria que recupera o escritor e colaborador de FARO Pedro Feijoo para falar de Xesús Alonso Montero, de quen foi alumno durante os dous primeiros cursos da carreira de Filoloxía Galega en Santiago. Aquel encontro resolveuse con Feijoo pronunciando o nome de Manuel de la Fuente, a quen Alonso Montero recoñeceu como «moi boa persoa».
El chegaba e contaba unha historia, tiña esa característica especial
Daquela etapa, Pedro Feijoo lembra que «todos tiñamos claro a sorte que tiñamos por quen nos estaba dando clase, un nome importante dentro da propia historia da literatura galega, e das súas clases o recordo que teño é o do ‘embobamento’, porque el chegaba e contaba unha historia, tiña esa característica especial. Penso que aí estaba a piques de xubilarse e notábase que desfrutaba da docencia, gustáballe subirse ao estrado e dar a lección». Así mesmo, o escritor destacou que «o que máis recordo como lección de Alonso Montero era o respecto polo tema que foses traballar, e isto foi algo que descubrín tanto como alumno seu e logo xa como escritor. Sempre insistía, de feito, no respecto pola materia e no contraste da información, traballando con datos e con seguridade».
Na xornada deste venres, Pereiró acolleu a capela ardente de Xesús Alonso Montero, ata a que se achegaron numerosas personalidades da política, da cultura galega e da docencia para trasladar as súas condolencias á familia. A despedida do intelectual e profesor de pegada imborrable terá lugar mañá, ás 12.00 horas, en Pereiró.
Suscríbete para seguir leyendo
- Madonna responde al Celta y zanja el misterio de su camiseta: «¡La llevo puesta y represento a tu equipo con todo mi espíritu!»
- La científica viguesa Sara Abalde regresa a Galicia con una prestigiosa Consolidator Grant para estudiar la comunicación individual entre células cancerígenas e inmunes
- Costas plantea eliminar aparcamientos y paseos para salvar Praia América
- Unas 150 variedades de camelias atraen a multitud de personas a Porta do Sol
- La salud o la nota: cuando el esfuerzo por un 13 «asfixia» en Bachillerato
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- «Mi vida está dividida en dos, una parte aquí, en Pontevedra y, la otra, en Brasil»
- Muere José Antonio Suárez-Llanos, referente del sector pesquero gallego, a los 71 años