Letras Galegas
Vigo acolle o primeiro acto na honra de Begoña Caamaño polo Día das Letras Galegas
Galaxia presenta hoxe o libro «A nena que perdeu un zapato na lama» e o MARCO máis a Fundación Rosalía revelan os actos para o 23F

Begoña Caamaño. / Xoán Álvarez

Os actos na honra da homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, Begoña Caamaño, arrancan hoxe en Vigo coa presentación do libro «A nena que perdeu un zapato na lama», de Ramón Nicolás e con ilustracións de Carlos Gallego.
O acto, organizado por Galaxia, será ás 19 horas na Biblioteca Xosé Neira Vilas. Está previsto que acuda o alcalde vigués.

Presentación do libro escrito por Ramón Nicolás sobre Begoña Caamaño, na viguesa Biblioteca Neira Vilas / Marta G. Brea
Por outra parste, o sábado 21, a partir das 12 horas, Galaxia e o MARCO de Vigo celebran un roteiro especial de xeito paralelo á exposición «Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia». O fin é descubrir lugares e persoas relacionados coa vida e obra de Rosalía de Castro. Para apuntarse, hai que enviar un mail a recepcion@marcovigo.com.
Ademais, a Xunta e a Fundación Rosalía presentaron onte os festexos para conmemorar o nacemento da poeta galega do Rexurdimento, o 23 de febreiro.
- La «plaga» de pulpo persiste en el sur de Inglaterra: más de 400 toneladas en solo dos meses, un 450% más que el año pasado
- El Concello de Vigo intensifica la intervención para ampliar la playa de Samil: la duna de Argazada creció más de un metro en cuatro años
- La «despensa de la aldea» se encoge en Galicia: la huerta ya solo ahorra la cesta de la compra en uno de cada cuatro hogares
- Jóvenes que escapan del alquiler en Vigo y se hacen propietarios: «Todo son precios desorbitados sin sentido»
- El astillero francés Piriou se adelanta a Freire por el pedido de dos oceanográficos para Indonesia
- Herida grave una mujer tras ser atropellada en el centro de Vigo
- La Sareb, como acreedora de la deuda, se queda con los chalés de A Regueira
- Vigo exhibe dinamismo urbanístico al cobijo del nuevo PXOM: se han tramitado más de 3.300 proyectos desde su aprobación