Pesar na cultura galega pola morte de Xesús Alonso Montero: «Un home tan íntegro como modesto»
«É unha das figuras esenciais da cultura galega contemporánea», destacan dende o Consello da Cultura Galega
«É exemplo de tenaz compromiso militante coa cultura galega, a xustiza social, a memoria republicana e a liberdade», remarco o PCG

Pesar na cultura galega polo falecemento de Xesús Alonso Montero. / Xoan Álvarez
Pesar no mundo da cultura e das letras galegas por la morte Xesús Alonso Montero (Vigo, 28 de novembro de 1928). O falecemento do escritor, ensaísta, filólogo, historiador, académico e presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017 supón a perda dunha figura fundamental da cultura galega.
O Consello da Cultura Galega foi unhas das primeiras institucións que mostrou as súas condolencias e fondo pesar. «O CCG manifesta o seu máis fondo pesar polo falecemento de Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928-2026), unha das figuras esenciais da cultura galega contemporánea e persoa estreitamente vinculada á traxectoria da institución. Alonso Montero foi un dos intelectuais impulsores da creación do CCG e desempeñou o cargo de primeiro vicepresidente, baixo a presidencia de Ramón Piñeiro, responsabilidade que exerceu ata 1984, ano en que cesou por vontade propia. Volveu formar parte do plenario entre 2013 e 2017 como membro designado pola Real Academia Galega», destacan.
A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, cualificou a súa perda como «un pesar fondísimo para a cultura galega e, de maneira moi especial, para esta institución, na que desempeñou un papel determinante nos seus inicios». Salientou tamén a súa relevancia como polígrafo e intelectual comprometido, cunha ampla presenza en institucións culturais e organizacións de carácter político, así como a súa activa proxección social e cultural.
A súa relación coa institución mantívose activa ao longo do tempo, especialmente en dúas grandes liñas de traballo. Por unha banda, destacou na recuperación e posta en valor de figuras sobranceiras da nosa cultura, promovendo iniciativas como o congreso e a publicación das actas dedicadas a Curros Enríquez, así como estudos e accións arredor de María Victoria Moreno, Amor Ruibal ou Florencio Delgado Gurriarán. Por outra, desenvolveu un intenso labor investigador arredor da Guerra Civil e do exilio galego como mostran a participación de publicacións da institución como O exilio galego: actas do congreso e repertorio biobibliográfico, O exilio galego de 1936: política, sociedade, itinerarios, Guerra civil (1936-1939) e literatura galega e Resposta escontra unha inxuria.
Tamén dende o Partido Comunista Galego lamentan o pasamento de Alonso Montero, do que foi miliante histórico dende 1962. «Alonso Montero é exemplo de tenaz compromiso militante coa cultura galega, a xustiza social, a memoria republicana e a liberdade. Un compromiso coa vida mesma dun home tan íntegro como modesto, que padeceu a represión do franquismo e fixo da loita polos dereitos dos máis febles o eixo da súa vida intelectual e política», destacan.
- La otra represalia de EE UU contra España: el adiós al caladero de Boston para 70 pesqueros gallegos
- Cierra la cadena de panaderías Porto, con obrador en Vigo y media docena de despachos
- Álex Calvo, vigués residente en Dubái: «Lo único que escuchamos son ruidos, como fuegos artificiales»
- «Cuando un niño te abraza y llora porque te vas, no hay palabras para describirlo»
- Rías Baixas quiere congelar la producción de uva ante el desplome del consumo
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- Tres heridos en un accidente con cuatro coches implicados en la VG-20 en Matamá
- La RFEF contempla más renuncias de sedes para el Mundial 2030: Vigo y Valencia ganan enteros para estar presentes en la cita