FARO de emocións e lembranzas, por Xesús Alonso Montero

Caricatura de Xesús Alonso Montero. / Davila
Xesús Alonso Montero
A miña vida de filólogo e de colaborador nas páxinas literarias dos xornais está moi vencellada a FARO DE VIGO. Nesas páxinas publiquei centos de artigos en dúas seccións para min moi importantes: «A eira das palabras» (1980-1982) e «No eido da palabra» (1983-86). Eran os tempos en que dirixía o FARO o meu exalumno José Francisco Armesto Faginas, unha das mellores persoas de Europa e un excelente periodista e biógrafo (mágoa que aínda estea inédita a súa biografía de Fraga Iribarne!). Na época do gran Armesto Faginas publiquei, por entregas, en edición bilingüe, o libro Decálogo da lingua galega (1986). Hoxe, tantos anos despois, o profesor Xosé Ramón Pena solicita de min algún que outro artigo para ese magnífico suplemento literario que el dirixe, Faro da Cultura, que só beizóns merece no semiermo da prensa literaria galega.
Eu, que nacín en Vigo a fins de 1928, oín en 1936 vocear o FARO aos rapaces que o vendían nas rúas e tabernas. Lembro, con precisión, na taberna de meu pai, ateigada de ferroviarios e mozos de estación, as «voces», os reclamos do 17 de febreiro daquel ano: triunfara electoralmente o Frente Popular. Eu, con sete anos, non era un semiólogo, pero percibía a emoción dos vendedores e dos mozos de estación, aqueles co pantalón remendado ou cheo de buracos. Supoño que en 1853 o FARO DE VIGO non foi voceado no Berbés ou no Areal: era o ano no que naceu o FARO. Coincidiu cunha peste histórica en Galicia: o Ano da Fame, a fame por anton o m a s i a . Certo que neses anos publicouse un libro pioneiro e admirable, A gaita gallega, de Xoán Manuel Pintos,onde tamén se denunciaba a fame e a emigración. Eu fun lector devoto do FARO nalgunhas épocas, unha delas a do chorado Manuel González Cerezales (1961- 1964). Nese período sentaba cátedra de periodismo crítico (ata onde era posible e un pouco máis) a prosa de Gonzalo Torrente Ballester.
Teño tantas cousas que admirar que non caben no espazo dun saúda: as páxinas literarias de Cunqueiro (como autor e director), o magnífico volume conmemorativo de 1953, o folletón de 1879 que era unha «Guía de forasteros en Vigo, escrita en verso por un grupo de haraganes»… Eu desexo para FARO DE VIGO longa vida, presidida, sempre, polas mellores musas do periodismo.
Saudiña e cante o merlo!
- El enredo judicial en torno a la cúpula acristalada del Celta
- De aldea vaciada a destino internacional: el proyecto en el rural de Ourense de Jonathan y Adrián
- El Gobierno de Portugal aplica una rebaja «extraordinaria» de los impuestos a la gasolina por la guerra en Oriente Medio
- El otro milagro de Madonna con el Celta: «Hola Borja Iglesias, quería pedirte un favor; yo soy del Dépor...»
- La AP-53 se sitúa entre las autopistas de España que más tráfico ganó en 2025
- Una madre con una hija de 10 años en O Porriño: «Llegué del trabajo y vimos que ya no teníamos casa»
- El tiempo da un vuelco en Galicia: lluvia, aire frío y un respiro a mitad de semana en Vigo
- Galicia queda desconectada de Valencia en avión: tres aerolíneas diferentes cancelan las rutas desde Vigo, Santiago y A Coruña