REACCIÓNS
Adeus a Xesús Alonso Montero: un referente da defensa do galego
Rueda considérao "un dos pensadores máis relevantes de Galicia" e Caballero fala dun "galeguista e home sabio"
A RAG despide a qunen foi o su presidente entre 2013 e 2017: un "mestre de mestres"

Alonso Montero, nun recente acto celebrado en Vigo. / Alba Villar
As reaccións á
morte de Xesús Alonso Montero non se fixeron agardar. Tras coñecerse o seu pasamento, sucédense as valoracións sobre unha figura clave da cultura e da sociedade galega. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que «a cultura e a intelectualidade galegas perden un dos pensadores máis relevantes da Galicia contemporánea. Por sorte, queda para sempre a súa ampla e valiosa obra».
Tamén o alcalde de Vigo, Abel Caballero, enxalza a figura de Montero. Suliña que foi «un galeguista, un home sabio comprometido cos valores do progresismo, unha figura transcendente para a historia de Galicia». «Permanecerá para sempre na memoria da cidade de Vigo», engade.
O BNG entende que «a cultura galega perde hoxe unha figura relevante na nosa historia contemporánea. Profesor, investigador e escritor, centrou o seu interese na literatura de noso e deixa unha obra ampla e diversa».
A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de don Xesús Alonso Montero, «mestre de mestres e grande exemplo de compromiso coa defensa e o estudo da lingua e da cultura galegas», e lembra que foi presidente da RAG entre 2013 e 2017.
O Consello da Cultura Galega presentao como «unha das figuras esenciais da cultura galega contemporánea» e «un dos intelectuais impulsores da creación do CCG, pois desempeñou o cargo de primeiro vicepresidente, baixo a presidencia de Ramón Piñeiro». Salienta tamén a súa relevancia como polígrafo e intelectual comprometido, cunha ampla presenza en institucións culturais e organizacións de carácter político, así como a súa activa proxección social e cultural.
A Casa de Rosalía tamén o loa por ter sido «un home comprometido coa cultura e rosalianista de longo percorrido. Foi autor de numerosos estudos sobre a nosa autora, membro do noso Padroado e director do Centro de Estudos Rosalianos. Que a terra lle sexa leve».
A escritora viguesa Ledicia Costas despídese de Alonso Montero, «un referente intelectual que se entregou en corpo e alma á cultura galega. Un comunista convencido que sempre se mantivo fiel ao seu compromiso marxista. Marchou un home sabio».
Pola súa banda, a escritora Marilar Aleixandre destaca que Xesús Alonso Montero foi «galeguista, comunista, autor de ensaios cruciais como o Informe dramático sobre a lingua galega, orador excepcional, comprometido coa lingua e co país».
O escritor Antonio García Teijeiro queda con que Alonso Montero foi «un intelectual que fixo moito pola cultura e a lingua galega, e sempre dende unha mentalidade aberta e coa libertade como máxima de actuación». «Era un orador extraordinario, un home moi culto e un profesor apaixoado da docencia», remarca.
Antonio Maíllo, líder de IU en España, tampouco esquece un dos militantes máis senlleiros de Galicia e, nas súas redes sociais, escribe: «Tuvo lucidez hasta el final y una envidiable agudeza de análisis, que comprobé en mi visita a Vigo. Se nos va un gigante de la cultura gallega y un comunista cabal. Honor y gloria».
- El Gobierno de Portugal aplica una rebaja «extraordinaria» de los impuestos a la gasolina por la guerra en Oriente Medio
- Lola Galovart, Valedora da Cidadanía de Vigo, herida grave y en la UCI por el accidente de la AP-9 del sábado
- Chayanne, segunda confirmación de los conciertos de Castrelos en Vigo
- Madonna responde al Celta y zanja el misterio de su camiseta: «¡La llevo puesta y represento a tu equipo con todo mi espíritu!»
- La AP-53 se sitúa entre las autopistas de España que más tráfico ganó en 2025
- La científica viguesa Sara Abalde regresa a Galicia con una prestigiosa Consolidator Grant para estudiar la comunicación individual entre células cancerígenas e inmunes
- Unas 150 variedades de camelias atraen a multitud de personas a Porta do Sol
- El pequeño pueblo a dos horas de Vigo que debes visitar este invierno: rutas por la naturaleza, paisajes increíbles y una de las mejores carnes gallegas
