XESÚS ALONSO MONTERO
Adeus a un grande orador cun compromiso firme pola lingua e a cultura galegas
Malores Villanueva subliña de Alonso Montero: "El fixo moito por este país. Esa é a súa obra inmaterial" | Unha obra súa sobre o delicado futuro do galego enfrontouno cos nacionalistas nos anos 70 | "Foi unha das persoas máis comprometidas con este país", resalta Moncho Pena | | "Eu destacaría a súa oratoria; encandilaba falando", resalta Camiño Noia

Xesús Alonso Montero na homenaxe que lle fixeron no IES Santa Irene o pasado mes de outubro / Alba Villar

Os profesores e estudosos Camiño Noia, Xosé Ramón Pena e Malores Villanueva recalcan que Xesús Alonso Montero era un home cun compromiso «firme» coa cultura e o dioma galegos. Tamén resaltan que foi un grande estudoso e divulgador ademais de excelente orador. Malores Villanueva subliña de Alonso Montero: «El fixo moito por este país. Esa é a súa obra inmaterial». Pola súa parte, Moncho Pena recalca que «foi unha das persoas máis comprometidas con este país». No caso de Camiño Noia, destaca «a súa oratoria; encandilaba falando».
Esta última, profesora xubilada e investigadora, lembra de xeito perfecto como coñeceu o agora finado Xesús Alonso Montero. «Eu -lembra- era estudiante de Filosofía en Compostela. Era o ano 1967 e tiñamos unha folga na universidade. Entón, era a época franquista; calquera cousa nos valía para tratar de derrocar a ditadura. Os de Medicina organizaran unha conferencia con el porque Montero era do Partido Comunista e contrario ao réxime. Alguén que o coñecía contactouno en Lugo (onde naquela altura impartía aulas) para que viñera dar unha conferencia sobre Curros Enríquez. Alí, estabamos, naquela facultade, os revolucionarios todos. Eramos unhas mil persoas. A primeira vez que o vin xa me causou moi boa impresión. Ao saír da conferencia, a policía armada agardaba por nós facendo fileiras e, segundo iamos saíndo, ían dándonos coa porra no lombo. Por iso, quedoume gravada a primeira vez que o vin e o escoitei».

Camiño Noia. / Eli Regueira
Polémica cos nacionalistas
Xusto cinco anos despois daquel acontecemento e nos derradeiros de vida do ditador Francisco Franco, as ideas de Montero darían pé a unha gran polémica na época. No 1973, publicaba en castelán «Informe dramático sobre la lengua gallega», coa editorial madrileña Akal. Nel, alertaba sobre o delicado estado do galego e indicaba que habería que realizar certas accións xa se non querían que desaparecera. «O libro foi moi polémico naquela época. Avisaba de que a televisión e as novas tecnoloxías terían unha influencia nefasta no idioma. Sobre todo os nacionalistas, e eu un pouco tamén, rebotámonos. Non pensabamos que se podía dar esa visión negativa e pesimista do galego. El falaba nese ensaio como un analista lúcido e tiña razón. Agora, resulta que é verdade o que dicía», recoñece Noia.
Moncho Pena, profesor xubilado, recoñece que «sectores do nacionalismo identificaron que estaba certificando a morte do galego. El dicían que se non se adoptaban unha serie de medidas, non tería futuro. Non estaba tan errado pero naquela época non o interpretaron totalmente ben. Foron inxustos con el». «Agora, estamos nesa tesitura da quel falaba entón», engade a tamén profesora e estudosa Malores Villanueva.

Malores Villanueva. / RICARDO GROBAS
Villanueva, Pena e Noia coinciden en que a sociolingüística -a disciplina que estuda a relación entre a sociedade e o idioma- foi un dos sacos da produción de Montero. Nel, inclúese o libro polémico do 1973 das anteriores liñas; ademais de obras como «Informe sobre a lingua galega (presente e pasado)», do 1991; ou «Lingua e literatura galegas na Galicia emigrante».
Un autor moi prolífico: máis dun cento de obras
A outra área que aglutina a súa obra é a referente á obra de autores como Manuel Machado, Castelao («Castelao na Unión Soviética en 1938», Ramón Piñeiro, Rosalía de Castro ou Curros Enríquez, entre outros. «Foi pioneiro en dar a coñecer vidas e obras que non estaban no canon naquel momento porque non se podía falar delas (por seren republicanas ou galeguistas) ou por estar vetadas (Castelao)», destaca Malores Villanueva.

Xosé Ramón Pena. / Eli Regueira
«El -engade Camiño Noia- dábase a todo. Buscaba polos arquivos onde atopaba cartas ou escritos que lle parecían interesantes para seguir investigando e facer escritos. Ese era o seu traballo como intelectual». «El, agrega Moncho Pena, foi un divulgador da obra de determinados autores. A súa produción é enorme», máis de 70 libros individuais e preto de 30 colectivos. Para Pena, «a Alonso Montero, interesáballe a literatura non tanto como un produto estético senón como un produto sociolingüístico. No libro de Méndez Ferrín -autor co que mantiña un distanciamento nos últimos anos por cuestións ideolóxicas e doutra índole relacionadas co acontecido trala saída de Ferrín da RAG, que despois presidiu Montero- 'Poesía de Heriberto Bens' fala de Montero e deste tema».
Ademais, Xesús Alonso Montero tamén tivo obra propia de seu na que se atopan uns catro poemarios e unha novela («Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo», cuxa última reedición realizou Xerais). Camiño Noia resalta un poemario satírico («Versos satíricos (para hoxe) ó xeito medieval (2002). Os dous, porén, destacan as súas conferencias e artigos. «Non hai na historia da cultura galega quen tivese tantas conferencias como el», apunta Pena quen aproveita para citar a tertulia literaria que tiña Montero na cafetería Verona no centro de Vigo e á que eran asiduos os tamén escritores Estro Montaña ou Gonzalo Allegue.
O libro , «Palabras para o noso tempo» (Editora Alvarellos), presentado no FARO o pasado ano, recolle 14 dos seus discursos máis sobranceiros e que se atopan depositados na Penzol en Vigo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Varios heridos y destrozos en el Twenty de Vigo en una pelea entre ultras del Celta y el Lyon
- Sorprendidos manteniendo relaciones sexuales dentro de un coche en el aparcamiento de un supermercado de Redondela
- La hélice del crucero «Spirit of Discovery» quedó al aire frente a la costa gallega: hubo un fallecido y más de 100 heridos
- Unos padres de Ponteareas ceden la representación legal de su hija con discapacidad a sus hermanos por falta de «competencias digitales»
- Locales de hostelería de Vigo ya exigen consumición mínima a los clientes para poder sentarse y limitan el número de carritos de bebé
- Cortes de tráfico en Vigo: el Celta - Lyon y la llegada de aficionados franceses alterarán la circulación
- Panxón estrena el mayor camping de autocaravanas de Galicia con visitas de siete países
- Los futuros pisos públicos de 90 metros costarán en Vilagarcía entre 108.000 y 155.000 euros