Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Manuel Sendón retoma o seu interese polo motivo dos espantallos

O fotógrafo inaugurou hoxe na Fundación Laxeiro unha mostra na que recupera o retrato desta figura emblemática do rural galego. O público poderá visitar a exposición en Vigo até o vindeiro 10 de maio

Un paseo por la exposición de Sendón.

Marta G. Brea / Edgar Melchor

C. S.

Vigo

A Fundación Laxeiro foi o escenario esta tarde da inauguración do proxecto no que o artista Manuel Sendón retoma o seu traballo de fotografado de espantallos do rural galego baixo unha nova ollada. Nesta ocasión, o fotógrafo seleccionou tres dos múltiples espantallos fotografados por el durante unha década, presentándoos en tres series de imaxes en formato de secuencia. O artista introduce así o factor temporal e, con el, convida ao público a unha contemplación con certa narratividade, na que se pode ver a evolución a través do tempo dos tres espantallos convertidos en personaxes.

Nesta mostra, que poderá visitarse en Vigo até o vindeiro 10 de maio, Manuel Sendón achega múltiples reflexións acerca da cultura popular, a reciclaxe característica das culturas labregas e certos puntos de conexión entre a funcionalidade e a estética, ademais de suxerir, a modo de metáfora visual, o estado no que se atopa o agro galego, ou mesmo cara a onde imos no mundo actual.

Inauguración de la exposición "Espantallos" del fotógrafo Manuel Sendón en la Fundación Laxeiro

Inauguración da exposición "Espantallos" do fotógrafo Manuel Sendón na Fundación Laxeiro. / Marta G. Brea

A exposición «Espantallos 2012-2025» nace cando Manuel Sendón se decata de que os espantallos que el fotografara entre 2012 e 2014, teñen unha vida máis longa do que cabería esperar. Sendón mudou a súa mirada e, onde vía obxectos efémeros e fráxiles, comezou a ver personaxes fortes que ían cambiando ao longo do tempo con máis ou menos fortuna.

Ao conferirlles a estes espantallos unha proxección a través do tempo, Sendón incide, por unha banda, no seu status como personaxes e, por outra, na súa evolución, e conforma así tres historias coas súas respectivas peripecias vitais. O desenlace non sempre se concreta no feito de morrer, senón que tamén teñen cabida outras posibilidades como o feito de resistir e mesmo de rexurdir.

El fotógrafo Manuel Sendón en su exposición "Espantallos" de la Fundación Laxeiro (Casa das Artes en Vigo)

O fotógrafo Manuel Sendón na súa exposición "Espantallos" da Fundación Laxeiro (Casa das Artes en Vigo). / Marta G. Brea

En declaracións a FARO, o artista destacou que «as culturas labregas, non só as galegas senón as de todo o mundo, sempre foron recicladoras», sinalando con respecto aos espantallos que «son un producto obvio de reciclaxe, pero independentemente da función para os que son creados, tamén teñen unha función estética, porque hai algúns nos que se coida moito ese aspecto».

A obra de Manuel Sendón, caracterizada ao longo da súa traxectoria por un interesante equilibrio entre o documental e o poético, pon o acento neste traballo no elemento narrativo, co que nos propón unha relectura dos seus coñecidos espantallos, despois de facer fincapé na vivacidade do momento presente en proxectos como «Cuspindo a barlovento», 2003; conferirlle á súa fotografía unha marcada función evocativa, como na serie «Derradeira sesión», 2009; ou de pararse no estrañamento ante a potencia escultórica dos obxectos que o mar devolve á terra, mostrado na serie «Crebas», 2007-2020.

el fotógrafo Manuel Sendón

Público asistente á inauguración da exposición "Espantallos" do fotógrafo Manuel Sendón na Fundación Laxeiro. / Marta G. Brea

Esta función narrativa, lonxe de ser unha fin en si mesma, preséntase como un recurso expresivo mediante o que Manuel Sendón nos fala metaforicamente da situación do agro nestes tempos de auxe do neoliberalismo máis salvaxe, nos que o mundo rural parece esmorecer, ao tempo que continúa resistindo dunha maneira case incrible.

Tracking Pixel Contents