Entrevista | Adam Prieto Protagonista de «As liñas discontinuas», finalista aos Mestre Mateo
«Eu sabía dende os sete anos que era transexual»
Co seu papel masculino principal en «As liñas discontinuas» da marinense Anxos Fazáns, opta a un Mestre Mateo
«Encantoume o meu personaxe porque é unha persoa trans que ten unha vida normal», destaca sobre o guion do filme galego que chega ás salas comerciais o día 20 de febreiro

Adam Prieto, protagonista de «As liñas discontinuas» de Anxos Fazáns. / S. Eirís

Adam Prieto, de Covelo (Pontevedra), conta con 28 anos de idade e un pasado recente como soldador ata que decidiu que debería probar sorte na actuación. Os astros aliáronse con el. Logrou ser protagonista da nova película da marinense Anxos Fazáns, "As liñas discontinuas", que chega aos cinemas o día 20.
O filme levou dous premios no Festival de Cine de Gijón e, nel, dá vida a un rapaz trans que, por circunstancias da vida, queda durmido na casa onde entrou a 'roubar'. A dona (interpetada por Mara Sánchez) regresa e tópase con el. A partir de aí, unha historia de emocións, de vida e de liñas discontinuas polas que cambiar de rumbo ou permanecer no carril. Adam é finalista, pola súa interpretación, ao premio Mestre Mateo.
—Vostede ao igual que Denís, o seu personaxe, fixo a transición. En qué punto se atopa agora?
Eu fixen a transición de rapaza a rapaz. Agora son un home. Agora mesmo, a nivel persoal, acabo de saír dunha operación de peito. Estou moi contento. a nivel mental, traballo día a día para aceptarnos tal e como somos.
—Dende pequeno quería ser actor?
A verdade é que sempre tiven esa cousa de ser actor. Quería ir a castings de figurantes pero sabía que non me ían coller. Non tiña a transición feita. Dábame medo que me colleran... Entón, nunca me arriscaba a facelo; tiña medo de expoñerme. Agora que fixen a transición, vin o casting para esta película e díxenme: Creo que a vida me está dicindo algo. Este foi o meu primeiro casting.

Adam Prieto, actor de "As liñas discontinuas", de Anxos Fazáns. / sabela eiriz
—Como se desenvolveu ese primeiro casting?
Foi en Vigo -onde se rodou tamén parte do filme- e moi natural. Eu ía coa intención de xogar, non pensaba que me ían coller porque era para o papel protagonista. Pero fun pasando probas e chegou unha na que lle dixe a Anxos Fazáns (a directora) que non me chamara máis. Ela díxome que era a directora e que facía o que quería. A verdade é que descubrín que interpretar é algo que me encanta. Gústame interpretar un personaxe que teña valor, que teña carencias, sentimentos, que sexa cru e que impacte. Quero crear, non quero ser un actor de coller o primeiro que veña. Adam tardou tanto en aparecer que quero crear ese actor que me leve por moitos papeis que de verdade me fagan crecer.
—Que foi o que máis lle gustou do guion deste filme?
O guion encantoume porque o meu personaxe é unha persoa trans cunha masculinidade non normativa pero que ten unha vida normal. Non ten que demostrar que é trans, non ten que xustificar que é trans. Gustoume a naturalidade coa que Anxos escribiu ese guión. Tamén me gustou o personaxe de Mara (Bea, a outra protagonista). É un personaxe rompedor. Eu escoito mil comentarios de mulleres de 50 anos de distintos ámbitos e todas teñen en común algunha frase ou algunha característica do que di ou fai o personaxe de Bea nesta película. Creo que é un guion escrito con cariño, cunha sutileza moi grande. Como di Mara, as mulleres de 45 para arriba seguen vivindo, traballando, facendo vida.
—Que importancia ten que o audiovisual ou os libros presenten historias de xente trans?
É moi necesario. Hai que darlle moita visibilidade. Eu tiven que ver referentes a través do Instagram, con contadas cousas na televisión e nas plataformas. Creo que queda moito traballo que visibilizar de maneira correcta.
—Vostede levaba moito tempo querendo transicionar?
Eu xa o sabía desde que teño sete anos e a miña familia igual pero cada vez que a miña nai mencionaba algo deste tipo eu poñíame á defensiva. Pasoume ata que me rodeei de xente moi boa e puiden dar o paso. Tiña medo. Durmíame chorando e espertaba ao día seguinte con medo.
—Pero medo a que?
A todo: ao rexeitamento, ás clases, á ximnasia, aos vestiarios, ao fútbol, a unha parella. Tiña medo absolutamente a todo o que me rodeaba.
Suscríbete para seguir leyendo
- El Gobierno de Portugal aplica una rebaja «extraordinaria» de los impuestos a la gasolina por la guerra en Oriente Medio
- Lola Galovart, Valedora da Cidadanía de Vigo, herida grave y en la UCI por el accidente de la AP-9 del sábado
- Chayanne, segunda confirmación de los conciertos de Castrelos en Vigo
- Madonna responde al Celta y zanja el misterio de su camiseta: «¡La llevo puesta y represento a tu equipo con todo mi espíritu!»
- La AP-53 se sitúa entre las autopistas de España que más tráfico ganó en 2025
- La científica viguesa Sara Abalde regresa a Galicia con una prestigiosa Consolidator Grant para estudiar la comunicación individual entre células cancerígenas e inmunes
- Unas 150 variedades de camelias atraen a multitud de personas a Porta do Sol
- El pequeño pueblo a dos horas de Vigo que debes visitar este invierno: rutas por la naturaleza, paisajes increíbles y una de las mejores carnes gallegas