Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O novo de The Rapants xa está aquí co futbolista Hugo Rama e os actores Miguel de Lira máis Federico Pérez

É o adianto do vindeiro disco que sairá este ano | A banda galega apura a venda de entradas no Multiusos do Sar en marzo, o primeiro concerto da nova xira

The Rapants.

The Rapants. / Andrea sanchez

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

É un dos grupos galegos con máis sona na actualidade e con máis gancho tamén. A proba é que están a voar as entradas para o seu concerto no Multiusos do Sar en Compostela o 28 de marzo no que estrearán o novo disco. Para a pista, xa non quedan tiques; para algunhas gradas tampouco. Falamos de The Rapants que veñen de colgar nas redes o seu novo vídeo, "Non sei como".

Nel, vemos na intro unha conversa na que figuran, entre outros, os actores Miguel de Lira e Federico Pérez. Esa escena sitúanos nunha taberna na que falan dunhas festas e unha sala, Rapants Club, o mesmo título que terá o álbum da banda.

Despois, unha sucesión de persoeiros, entre as que atopamos Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño (de Caamaño&Ameixeiras), os cantanates 9Louro e Xián Pais, os creadores Champimuros e Merce Totakeki así como o surfeiro Guillermo Carracedo máis o futbolista do Dépor Hugo Rama.

No musical, o tema conta coa aportación do catalán Joe Crepúsculo, que canta por primeira vez en galego. A banda informa nunha nota que o encontro primeiro foi o pasado verán en El Náutico de San Vicente do Mar, no Grove.

"Non sei como" é unha canción de amor que busca facer bailar sen parar, cun ritmo moi The Rapants, pegaxoso, e co impulso de sorrir.

Tracking Pixel Contents