Un paseo polo Calvario e a infancia de Begoña Caamaño
Percorrendo o barrio vigués que marcou a infancia da xornalista e escritora que será festexada nas Letras Galegas 2026, o profesor e crítico vigués Ramón Nicolás Rodríguez publica un libro que non só rende homenaxe a Begoña Caamaño, senón que tamén pon en valor a memoria histórica da cidade na que naceu

Ramón Nicolás, onte, cun exemplar do seu libro sobre Begoña Caamaño / Marta G. Brea

O terraplén no que a lama enguliu un dos seus zapatos e que, anos máis tarde, lindaría co actual IES Castelao; o edificio de Bodegas Bandeira, a só dous minutos da súa casa da infancia e que tempo despois reivindicaría que se transformase nun centro social ou cultural, ou a escola dirixida pola mestra dona María, nai de Xosé Luís Méndez Ferrín, na que asistiu a clases de María Xosé Queizán. Percorrendo distintos espazos do barrio vigués do Calvario é posible seguir as pegadas dunha cativa Begoña Caamaño que sempre tivo moi presente as súas raíces, e son precisamente eses enclaves os que o profesor e crítico literario vigués Ramón Nicolás Rodríguez apostou por rescatar no seu novo libro, «A nena que perdeu un zapato na lama», unha biografía que explora a infancia da autora que este ano será homenaxeada nas Letras Galegas, sen perder de vista a posta en valor da cidade na que naceu.
Editado por Galaxia e con ilustracións de Carlos Gallego, Ramón Nicolás conta que este proxecto xermolou o verán pasado, cando o profesor do IES Castelao comezou a pensar nalgún tipo de actividade que podería facer co seu alumnado arredor da figura e da obra da xornalista viguesa: «Fun investigando, tendo como fío a Begoña Caamaño, e dinme conta de que había que aproveitar que estamos no barrio do Calvario e que quizais o meu alumnado podería investigar sobre os lugares polos que Begoña camiñou», explica Ramón Nicolás, quen engade que «aí apareceron dúas posibilidades, preparar material para o alumnado ou realizar un traballo máis persoal baseado nos espazos e na memoria de Begoña para situala no barrio , así como o que supuxeron eses primeiros anos para ela, sobre todo porque moita xente descoñece que naceu aquí».
Foi así que agromou este libro a quen pon voz Morgana e que, segundo sinala o profesor do IES Castelao, «tamén ten memoria persoal miña, porque eu tamén son do Calvario e, aínda que son máis novo ca ela, hai moitas referencias a lugares e persoas que coñeciamos os dous, polo que esta foi a miña maneira de homenaxeala a ela e a este barrio, que penso que se debe poñer en valor a través da figura de Begoña».
O feito de mirar os mitos con lentes lilas e darlles un verniz feminista e necesario, penso que é o que hai que poñer en valor este ano
No xogo de salientar os espazos relacionados coas lembranzas da autora que será festexada nas Letras Galegas 2026, Ramón Nicolás Rodríguez comenta que, «grazas á redacción deste libro, descubrín historias que eu mesmo descoñecía e o obxectivo tamén era a divulgación, especialmente, do feito histórico de que O Calvario pertencía o Concello de Lavadores, o que moita xente nova descoñece, así como a tradición proletaria tanto de Lavadores como deste barrio, algo que a propia Begoña tivo presente e ao que sempre foi fiel».
O libro inclúe moitas referencias persoais da xornalista e, neste senso, o profesor vigués indica que «houbo un momento no que quedei parado porque fun consciente de que necesitaba incorporar información de carácter persoal e aquí Beatriz Caamaño, a irmá de Begoña, foi esencial porque me deu moita información sobre os seus primeiros anos, igual que Maika Aguado e o periodista Anxo Quintela».
Con respecto á obra de Caamaño, Ramón Nicolás conclúe que «o feito de mirar os mitos con lentes lilas e darlles un verniz feminista e necesario, penso que é o que hai que poñer en valor este ano».
Suscríbete para seguir leyendo
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- El naval vigués crece en el Mediterráneo con el elevador de barcos para yates «más grande del mundo»
- Un servicio de bus gratuito llega mañana con 20 líneas diarias y más de 30 paradas
- El otro tesoro bajo Rande: los marineros de la vieira de Cangas rescatan platos antiguos en sus rastros
- Cárcel por insultar a su ex: «Hai que ter peito para acostarse contigo»
- El Celta dispondrá tras la reforma del estadio de unos 15.000 metros cuadrados para explotar otros usos y multiplicar sus ingresos
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo