Fillas de Cassandra soben a un Vitrasa para promocionar «Tertúlia», o seu novo álbum
O dúo musical galego elixe o barrio vigués de Bouzas para preparar a audiencia para o seu segundo álbum de longa duración
O primeiro single descóbreno o día 30 de xaneiro e o proxecto global chegará na primavera

Fillas de Cassandra prepara novo disco, «Tertúlia». / Arancha Brandón

Xa hai datas para o novo material musical de Fillas de Cassandra. Tralo primeiro longa duración, «Acrópole», e despois do E.P. (formato curto) «Hibernarse, chega «Tertúlia», o seu segundo álbum. A previsión é que estea á venda na primavera pero hoxe comezou de xeito oficial o seu lanzamento cun vídeo promocional cheo de misterio. Nel, aparecen María Pérez e Sara Faro nunha parada dun Vitrasa (autobús urbano de Vigo, para os que non son da cidade ou a súa comarca).
A parada sitúase na rúa Eduardo Cabello, no barrio mariñeiro de Bouzas. Alí, as dúas agardan e unha voz en off delas sinala: «Aínda non te coñezo e xa quero contarche. Con esta fera dentro que me quere saír».
A continuación, o discurso derívase de xeito metafórico á perda dun autobús para proseguir: «A cousa é que podemos perdernos aquí e bla,bla, bla; estamos xusto diante, agardando a Tertúlia». Nese intre, un Vitrasa para cabo delas e nas letras do destino da parte frontal do vehículo lemos: Tertúlia. A dirección do vídeo asínaa Santi Iglesias inda que a idea é de Faro e Pérez.
Pouco a pouco iremos coñecendo o universo sonoro de «Tertúlia» e o concepto do álbum cuxo nome chama a atención xa que aposta pola verba escrita nun idioma diferente do galego normativo: puidendo ser portugués, catalán ou galego reintegracionista. Segundo anunciaron, o vindeiro 30 deste mes compartirán nas súas redes o primeiro single.
- «Las primeras medidas para reducir las bajas laborales irán este mes. Estoy seguro de que bajarán las cifras»
- Una plantilla de 70 personas, entre ellos 30 socorristas, se ocupará este verano del parque acuático y complejo de Monterrei
- A juicio en Pontevedra por apropiarse de la herencia de 400.000 euros de su hijo de 10 años
- Qué mira un tribunal en una oposición de Educación: errores habituales y claves para defender la programación
- Los mejores MIR que llegan a Vigo: un optometrista que quiere ser oftalmólogo, el que estrena Dermatología y una historia de amor
- Entre dos mares: cuando los pescadores renuncian al legado familiar en busca de un futuro mejor
- Detenido en Vigo tras darle puñetazos a su pareja en plena calle y simular que la penetraba
- La ambiciosa transformación de la avenida de Madrid de Vigo alcanza uno de sus hitos: «Ahora empezará lo más visible»