Os Premios Pardo Bazán apostan por un futuro en igualdade
Rosa Fontaíña, Silvia Torres e Menchu Lamas, recollen os galardóns pola súa carreira de liderado e feminismo, impulsados por FARO e o Concello de Vigo
As distincións outorgáronse nunha gala chea de humor e reivindicación na que se deixou patente que a historia e o momento actual están inzados de mulleres invisibilizadas

Pedro Fernández
A fundadora da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, Rosa Fontaíña; a responsable da Naviera Mar de Ons, Silvia Torres, e a pintora Menchu Lamas son tres mulleres referentes que procuran, co exemplo da súa carreira, crear un futuro en igualdade. Como recoñecemento, recibiron onte cadanseu Premio Emilia Pardo Bazán no País das Rías (cuarta edición), polo seu feminismo e liderado. Os galardóns impulsados polo FARO DE VIGO e o Concello de Vigo tiveron na tardiña deste luns a súa gala no auditorio de Afundación.
Persoeiros da cultura e da política acudiron á cita entre os que se atopaban o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a teniente de alcalde, Carmela Silva; o delegado da Zona Franca en Vigo; David Regades; ou a concelleira de Igualdade viguesa, Ana Laura Iglesias, así como o director comercial de Prensa Ibérica en Galicia, Pedro Costa; ou o director xeral de Prensa Ibérica en Galicia, Juan Carlos Da Silva.
Un ano máis, a compañía Amorodio Teatro subiu ás táboas a Emilia Pardo Bazán, chegada dende o Alén e asentada na cidade de Vigo. No arranque, amosaron un vídeo –realizado por Mateo Laya– no que a literata (interpretada por Carmen Facorro) percorría a urbe extasiada polas luces de Nadal e as vistas á ría.
En chegada a Afundación co «Ajárrate» de Mercedes Peón de fondo, deu o turno de palabra á subdirectora de FARO, Irene Bascoy. A xornalista calificou a Emilia Pardo Bazán como «unha muller incrible, intelixente e valente (...) Xa se declaraba feminista radical» no século XIX.

Foto de familia dos IV Premios Emilia Pardo Bazán / Jose Lores
O peor decembro en anos
Bascoy lembrou que «neste mes de decembro levamos cinco mulleres asasinadas en dez días. É o peor decembro en anos». Aproveitou tamén para recalcar que «o feminismo non pode ser unha moda nin un postureo. Por último, indicou que percibe «un retroceso» e defendeu que «non imos dar nin un paso atrás».
De feito, esta idea foi unha das máis sinaladas onte na gala dos premios onde a reivindicación con humor foi a bandeira coa dirección de Ricardo Solveira.
Nesta ocasión, Emilia recibiu a visita de Rosalía de Castro (a actriz Sonia Garrido) así como de Benito Pérez Galdós (Javier Castiñeira) que viñeron pasar uns días a Vigo e gozar da súa actividade.
A primeira en subir ao palco recoller o galardón foi Silvia Torres (premio Turismo), que recibiu de Abel Caballero e Irene Bascoy. A segunda condecorada foi Menchu Lamas (premio Cultura) e a terceira, Rosa Fontaíña (premio Feminismo). Esta última, ao estar doente, non puido asistir presencialmente. Recolleu a distinción, no seu lugar, a súa filla, Lisi González, que compartiu co auditorio un audio de agradecemento da súa nai.
Un dos momentos cumio da gala foi o dúo no que declamaron os personaxes de Pardo Bazán e Castro sinalando como foron sinaladas por seren pioneiras e feministas na súa época e as asignaturas pendentes hoxe en día. «Aínda hai medo, aínda hai violencia e brecha, aínda hai moitas que calan» indicaron para no final Emilia concluir: «As mulleres non nacimos para arrastrarnos senón para voar».

Carmela Silva, Menchu Lamas, Abel Caballero e Carmen Facorro (Pardo Bazán) (e-d). / Jose Lores
«A igualdade na cultura é imprescindible para unha sociedade máis libre»
Un dos eidos laborais onde máis está custando lograr a igualdade é o artístico. Se agora está difícil conseguir que mulleres e homes artistas teñan paridade en exposicións amosando a súa obra ou comisariando mostras, así como na dirección de centros culturais artísticos ou museos máis complexo era logralo hai 40 anos atrás.
Xusto dese momento falou onte Menchu Lamas, pioneira na arte contemporánea galega e integrante do histórico movemento Atlántica. Tras recoller o Premio Pardo Bazán de Cultura, indicou que «este premio é para as mulleres que cando eu empecei inda que traballaban eran invisibles». Engadiu que cando comezou a expor na maioría das mostras eran todos homes e nas colectivas, ela, a única muller. «Iso non quere dicir que non houbera mulleres traballando, só que non lles daban pé para dar ese paso». Animou a «dar o paso e ser visibles para estar na sociedade. A igualdade en cultura é imprescindible para crear unha sociedade máis libre».

Irene Bascoy, Silvia Torres, Caballero e Facorro (e-d). / Jose Lores
«Dedico o premio ás mulleres do turismo a miúdo invisibles»
A responsable comercial da navieira Mar de Ons, Silvia Torres, recolleu onte o Premio Emilia Pardo Bazán na sección de Turismo e ofreceu un dos momentos máis emotivos da gala co seu discurso. «Desde mi posición en Mar de Ons he podido defender y divulgar la grandeza de nuestro territorio. Creo en el turismo como una fuente de riqueza imprescindible para Galicia», sinalou.
Tamén engadiu Silvia Torres que aposta por un turismo sostenible para ofrecer «experiencias auténticas», respetuosas y de calidad que permitan que Galicia continúe creciendo sin perder su esencia. Quixo converter o galardón nunha homenaxe a todo o equipo de Mar de Ons, nunha alocución tan sentida que se lle rachou a voz. Tamén indicou: «Dedico este premio a las mujeres del sector del turismo a menudo invisibles que sostienen proyectos, y lideran».

A concelleira de Igualdade, Ana Laura Iglesias; a filla de Rosa Fontaíña, Lisi González ; o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e actriz Carmen Facorro. / Jose Lores
«A loita pola igualdade necesita recursos económicos»
A fundadora da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, Rosa Fontaíña, non puido estar presente na gala, mais a súa filla Lisi González compartiu co público un audio gravado para a ocasión no que a galardoada defendeu que «a loita pola igualdade necesita recursos económicos para que as mulleres que sofren violencia machista poidan romper cos violentos».
Fontaíña non negou os avances que «con moito esforzo se lograron nos últimos tempos», mais apuntou que o momento actual é «crítico para a igualdade». Neste senso, a galardoada na categoría de feminismo expuxo que «produce moita dor ver como o mundo vai quedando en mans de misóxinos e racistas que non teñen en conta ás persoas e que desprezan as mulleres». Logo de afirmar que «sen igualdade non hai benestar», Rosa concluíu cunha cita de Cristina Almeida: «Non pedimos que sexan feministas, con que non sexan machistas xa nos conformamos».
- Muere Mabel Montes, histórica periodista de la TVG
- A la venta el chalé con piscina que corona la playa más bonita de Galicia (con permiso de Rodas): precio y fotos
- Acuerdo histórico en Educación: los interinos no tendrán que presentarse a las oposiciones para seguir en las listas
- Al menos cinco empresas se interesan por el contrato del bus en Vigo y visitan las instalaciones de Vitrasa
- La estafa de Shein llega a Vigo: cargos en la cuenta de 21 euros
- Una borrasca procedente de Irlanda batirá Vigo mañana... y lo que queda de semana
- El 80% de los viajes en Vigo a la universidad, Cunqueiro y el aeropuerto de Peinador son en coche
- Nuevo millonario en Vigo gracias a un boleto del Euromillones sellado en un bar de la calle Lorient