Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

El COAG galardona la excelencia arquitectónica con 12 Gran de Area en el sur de Galicia

Los proyectos premiados están en Vigo, Taboadela, Carballeda de Avia, Portonovo, Moraña, Ourense, Mondariz, Lalín, Bueu y Oia

Vigo

Las Delegaciones de Ourense, Pontevedra y Vigo del Colegio de Arquitectos de Galicia acaban de fallar los galardones de los Premios Gran de Area de Aportación a la Arquitectura 2025. Estas distinciones «suponen un reconocimiento a la labor conjunta y necesaria de todos los agentes que intervienen en el proceso de gestación y construcción de una obra de arquitectura de calidad desarrollada en las demarcaciones de Ourense, Pontevedra y Vigo».

El objeto de este certamen es destacar el valor de la obra arquitectónica, una «pequeña pero importante aportación a la arquitectura, a la creación y a la puesta en valor del entorno». Este año se presentaron 57 proyectos de muy diversas escalas y localizaciones, que son el resultado que aglutina el mejor de los arquitectos y de las arquitectas, pero también de todos los agentes de obra que los acompañan en el proceso constructivo, como son los promotores, ingenieros, constructores y mismo artesanos de la madera y del metal, entre otros.

Según explica el COAG, se trata de obras de carácter urbano, habitacional, industrial, comercial o paisajístico, y con escalas también muy diferentes, desde pequeñas intervenciones, casi estratégicas, a otras que resuelven espacios urbanos la escala de ciudad.

El jurado del concurso estuvo compuesto por los presidentes de las Delegaciones de Ourenes y Pontevedra, Emma Noriega y Anselmo Villanueva; la tesorera de la Delegación de Vigo en relevo de su presidente, Sonia Alvarado; Jorge Enríquez, colegiado seleccionado entre los galardonados de los Premios Gran de Area de la edición anterior, consensuado por las tres delegaciones; un colegiado de cada delegación seleccionado por su Junta Directiva: Sandra González por Ourense, Carolina Mateos por Pontevedra, y Rosa Mouriño por Vigo; y la secretaria de la Delegación de Pontevedra, María García, que actuó como secretaria del jurado.

El jurado manifestó su satisfacción por recibir una notable diversidad de propuestas, tanto en sus características cómo en su escala, incluyendo proyectos de carácter residencial, dotacional y de espacio público, y mismo intervenciones de restauración, rehabilitación, diseño de interiores y otras actuaciones de distinta entidad y complejidad arquitectónica. «Estamos satisfechos por el alta participación y por la notable calidad y diversidad de las obras presentadas, que hicieron especialmente compleja la selección final. Las obras premiadas acercan contribuciones particularmente valiosas a la arquitectura, ejemplificando rigor, sensibilidad y calidad arquitectónica» –destaca el jurado–. Después de horas de intensas liberaciones, el jurado seleccionó 12 obras (4 ubicadas en cada una de las tres demarcaciones colegiales). La entrega de premios se celebrará a comienzos del próximo año.

Premiados

Alpendre Rectoral Santiago de Rabeda: O xurado destaca a posta en valor dunha tipoloxía frecuentemente esquecida e, ao mesmo tempo, de grande relevancia na paisaxe rural galega: a pequena edificación agrícola. Faino mediante a reinterpretación contemporánea de recursos da arquitectura popular, como a fragmentación volumétrica, a adaptación á escala vernácula e a recuperación da cuberta a dúas augas. Salienta tamén a reutilización de materiais e o uso de recursos naturais e locais, especialmente a madeira de piñeiro de Galicia. Todo isto permite acadar unha integración adecuada na contorna, resultando unha intervención sustentable, coherente e profundamente respectuosa coa memoria construtiva do lugar.

Alpendre

Alpendre / COAG

Reconstrucción de edificación para alojamiento público temporal (Carballeda de Avia): O xurado valora unha intervención que supera a simple reposición do existente para dotar ao inmoble dun carácter propio, respectuoso co orixinal pero plenamente contemporáneo. A actuación mantén a volumetría e escala da edificación tradicional, ao tempo que introduce decisións propositivas na elección de materiais, acabados e organización espacial, que actualizan o conxunto sen desvirtuar a súa identidade. Destácase así mesmo a recuperación dunha edificación arruinada para destinala a aloxamento público temporal, como resposta directa á escaseza de vivenda no municipio e parte esencial do programa das Aldeas Modelo, contribuíndo á fixación de poboación e á revitalización do territorio. O xurado recoñece tamén ao Concello de Carballeda de Avia, cuxa iniciativa resulta determinante para facer posible unha actuación que exemplifica o papel da arquitectura na revitalización social do medio rural.

Reconstrucción de edificación para alojamiento público temporal (Carballeda de Avia)

Reconstrucción de edificación para alojamiento público temporal (Carballeda de Avia) / COAG

Mirador de A Peixeira y subida al Campo de San Roque (Sanxenxo): O xurado destaca a capacidade desta intervención para reparar a relación entre o mar e a terra, derrubando unha barreira física e simbólica, recuperando a morfoloxía costeira orixinal e retecendo o tecido urbano existente. A sustentabilidade e a reutilización dos materiais procedentes do propio muro derruído convértense nunha auténtica tectónica do lugar, reforzando o significado do derrube e permitindo unha lectura máis aberta da fronte marítima, ademais de garantir a accesibilidade universal. A incorporación de vexetación autóctona contribúe a consolidar un espazo amable, continuo e plenamente conectado coa paisaxe litoral.

Mirador de A Peixeira y subida al Campo de San Roque

Mirador de A Peixeira y subida al Campo de San Roque / COAG

El Bosque Animado - Pabellón de Eventos en Pazo de A Troxeiriña: O xurado distingue esta intervención pola execución dun elemento no que a resolución construtiva manifesta unha orde estrutural clara que se transforma en ornamento. Salienta a precisión no detalle e na resolución das ensamblaxes, permitindo unha lectura clara da montaxe do pavillón. O resultado é un espazo interior lixeiro, luminoso e transparente. Valórase tamén a integración estudada das instalacións, resolta mediante unha cámara de servizos na cuberta que preserva a limpeza da estrutura vista, así como o bo uso da madeira e o coñecemento construtivo aplicado nos detalles críticos.

El Bosque Animado - Pabellón de Eventos en Pazo de A Troxeiriña.

El Bosque Animado - Pabellón de Eventos en Pazo de A Troxeiriña. / COAG

Rehabilitación y ampliación de edificio de viviendas en C/Progreso 57,59 (Vigo): O xurado valora a obra pola súa capacidade de integrar unha linguaxe contemporánea nas plantas ampliadas sobre unha preexistencia histórica nas plantas inferiores, logrando unha lectura coherente do conxunto. A intervención na fachada, mediante a macla, o recuamento e a combinación dinámica de niveis, equilíbrase coa proporción e a aliñación de todos os ocos, de xeito que, aínda podendo realizarse dúas lecturas individuais, o conxunto ofrece unha imaxe harmoniosa e equilibrada. A distribución interior xera espazos de alta calidade, especialmente na zona de día, algo pouco habitual neste tipo de promocións.

Rehabilitación y ampliación de edificio de viviendas en C/Progreso 57,59 (Vigo)

Rehabilitación y ampliación de edificio de viviendas en C/Progreso 57,59 (Vigo) / COAG

Obra nueva y rehabilitación de edificio en Marqués de Valladares (Vigo): O xurado valora esta obra pola súa capacidade para establecer un diálogo sensible e respectuoso entre a arquitectura preexistente e a nova intervención, recuperando o edificio Ribas e restituíndo a súa fachada orixinal como parte dunha lectura histórica continua da rúa. A organización do edificio ao redor dun único patio-paisaxe crea un interior luminoso e continuo que introduce a natureza no corazón do proxecto. A disposición pasante das vivendas, abertas tanto á rúa como ao patio, proporciona calidade espacial, ventilación natural e unha relación enriquecida co exterior, acadando unha integración exemplar entre memoria e contemporaneidade.

Obra nueva y rehabilitación de edificio en la calle Marqués de Valladares de Vigo.

Obra nueva y rehabilitación de edificio en la calle Marqués de Valladares de Vigo. / COAG

Restauración da fachada oeste de la catedral de Ourense: O xurado valora unha intervención complexa sobre un monumento catalogado como Ben de Interese Cultural. A obra destaca pola profunda lectura das distintas etapas construtivas e evolutivas da catedral, así como pola consideración dos seus valores históricos e artísticos, implicando decisións de grande complexidade e responsabilidade. A intervención permitiu poñer en valor as distintas fases históricas do edificio, recuperando decisións proxectuais orixinais que quedaran ocultas baixo modificacións posteriores. Destaca especialmente a restauración do conxunto escultórico do século XIII, ligado ao taller do Mestre Mateo, que posibilita a súa contemplación íntegra mediante a retirada da trazaría pétrea do século XVI e a incorporación dunha elegante carpintería de latón máis lixeira, desprazada cara ao interior, así como dunha nova vidreira artesanal que non interfire na lectura do conxunto. A obra exemplifica non só a aplicación rigorosa de criterios de restauración, senón tamén a recuperación sensible dos valores arquitectónicos e artísticos do monumento, respectando a súa evolución ao longo do tempo.

Restauración da fachada oeste de la catedral de Ourense:

Restauración da fachada oeste de la catedral de Ourense: / COAG

Vivienda unifamiliar aislada (Villasobroso - Mondariz): O xurado valora esta vivenda pola súa capacidade de integrar unha arquitectura contemporánea nunha paisaxe rural de edificación dispersa. O proxecto reinterpreta as formas de vida e as necesidades actuais nun contexto tradicional. A súa volumetría, sinxela e fragmentada, adapta a edificación á escala da contorna, mantendo un diálogo natural coas preexistencias. O emprego consciente de materiais e solucións construtivas contemporáneas, alleas ao imaxinario tradicional, convértese aquí nun valor engadido, ao contribuír a unha integración respectuosa e honesta coa paisaxe aberta na que se insire a vivenda.

Vivienda unifamiliar aislada (Villasobroso - Mondariz)

Vivienda unifamiliar aislada (Villasobroso - Mondariz) / COAG

Centro integral de salud (CIS) de la comarca Deza-Lalín: O xurado valora a calidade arquitectónica e o rigor coa que se concibe o edificio, así como a súa excelente integración coa topografía e co tecido urbano. A proposta resolve unha parcela complexa mediante unha implantación clara, funcional e sensible cara ao espazo público. Destácase a relación co entorno, articulada a través de dúas prazas de acceso que organizan o conxunto e definen un esquema volumétrico ordenado, garantindo orientación natural, iluminación e confort tanto para usuarios como para o persoal sanitario. O resultado tradúcese nunha arquitectura pública próxima, eficiente e sostible, que entende o servizo sanitario como espazo de benestar para a comunidade.

Centro integral de salud (CIS) de la comarca Deza-Lalín.

Centro integral de salud (CIS) de la comarca Deza-Lalín. / COAG

Conservación do Museo de Massó: O xurado destaca esta intervención polo profundo respecto ás preexistencias e pola posta en valor das distintas etapas construtivas que conforman este singular conxunto patrimonial industrial. A análise rigorosa da evolución histórica dos edificios guiou unha actuación exemplar, na que cada fase da transformación do conxunto é comprendida e preservada. A restauración dos espazos permitiu adaptar o edificio ao uso museístico, aplicando oficios e técnicas tradicionais que aseguran a preservación da súa autenticidade. O resultado é unha intervención que exemplifica boas prácticas na conservación do patrimonio e na interpretación contemporánea da arquitectura industrial.

Conservación do Museo de Massó

Conservación do Museo de Massó / COAG

Restauración de la vivienda particular del arquitecto Xosé Bar Boo: O xurado valora a extraordinaria sensibilidade coa que se aborda a restauración da vivenda particular do arquitecto Xosé Bar Boo, mostrando un profundo respecto pola obra orixinal e polos valores espaciais, construtivos e materiais que definen a súa arquitectura. Recoñécese a conservación da esencia deste patrimonio doméstico único, preservando a autenticidade dun proxecto que é ao tempo biografía e legado arquitectónico. A intervención, precisa e contida, afronta a restauración mantendo a coherencia formal e conceptual coa proposta orixinal de Bar Boo. O xurado salienta tamén o papel exemplar do promotor, que asumiu o compromiso de preservar e actualizar este espazo vital cun respecto admirable. O resultado é unha restitución serena e respectuosa da vivenda, reafirmando o valor da conservación fronte á transformación innecesaria.

Restauración de la vivienda particular del arquitecto Xosé Bar Boo

Restauración de la vivienda particular del arquitecto Xosé Bar Boo / COAG

Ordenación del recinto monacal y encuentro costero del Real Monasterio de Oia: O xurado valora esta proposta pola súa formulación respectuosa e polo compromiso de recuperar non só un conxunto patrimonial singular, senón tamén o modelo sustentable que sostivo historicamente a relación do Mosteiro coa vila e coa contorna. A proposta ofrece unha visión integral, incorporando a totalidade do recinto —edificios, hortas, xardíns e zonas forestais— para reinterpretar, desde criterios de sustentabilidade ambiental, social e económica, un ecosistema que combina conservación e novos usos compatibles co lugar. O xurado quere recoñecer tamén a visión e perseveranza dos promotores, que durante case dúas décadas mantiveron o compromiso de facer viable a recuperación e xestión deste Ben de Interese Cultural, contribuíndo á revitalización dun enclave arquitectónico e paisaxístico único no contexto galego.

Ordenación del recinto monacal y encuentro costero del Real Monasterio de Oia

Ordenación del recinto monacal y encuentro costero del Real Monasterio de Oia / COAG

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents