Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Vigo ovaciona o espírito positivo de «Rondallas» na súa première

Un cento de rondalleiros levan á apoteose a 300 persoas na Praza Elíptica para presentar o filme rodado na Guarda e Tui con actores como María Vázquez, Javier Gutiérrez ou Touri

La música de 'Rondallas' toma la la alfombra roja de la película de Sánchez Arévalo en Vigo: «Hacía mucho tiempo que no sentía esta sensación de familia»

Alba Villar

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

A meirande parte do elenco de «Rondallas» –a nova película de Daniel Sánchez Arévalo– non escoitara falar dunha rondalla na súa vida a pesar de ser todo un fenómeno no sur pontevedrés. Despois de longo tempo de preparación, de dous meses de rodaxe na Guarda, Tui e Vigo e tras actuar no Festival de Rondallas do Ifevi as actrices e actores convertéronse en rondalleiros ‘pro’ que convenceron na première na noite do xoves na cidade olívica. Ao remate da proxección nos cinemas Tamberlick, unha ovación de catro minutos refrendou o seu excelente traballo así como unha historia emotiva e moi ben fiada.

A preestrea –lembremos que se verá nos cinemas a partir do 1 de xaneiro– foi o acontecemento social e cultural da semana en Galicia. Persoeiros da cultura e do mundo das rondallas acudiron á proxección.

A actriz Judith Fernández dirixe a rondalla cara a proxección nos cinemas.

A actriz Judith Fernández dirixe a rondalla cara a proxección nos cinemas. / Alba Villar

Dende o eido político, asistiron, entre outros, o conselleiro de Cultura, José López Campos; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director de Agadic, Jacobo Sutil; a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez; a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; ou a concelleira viguesa de Seguridade, Patricia Rodríguez, ademais da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e representantes do Concello de O Porriño.

Antes da exhibición do filme, a encargada de quecer o ambiente foi a Rondalla Gran Sol, a que se creou para a película con rondalleiros de verdade e actores.

Do Pisirilo a Avicii

A organización reservou o espazo central na planta baixa do Centro Comercial Praza Elíptica para a súa actuación. Ao redor das sete da tarde, unhas 300 persoas agardaban expectantes por 93 rondalleiros que entraron atronando con tema «O Pisirilo», para continuar con «Quero josar» y «Wake me up» de Avicii, tres cancións incluídas na banda sonora do filme.

O director da actuación foi o mosense Daniel Burgos –asesor na película– que se entregou á ‘batuta’ co seu peculiar estilo de chimpos e xestos. No terceiro tema, uníuselle na dirección a actriz galega Judith Fernández e marcharon todos cara as salas.

A interpretación dos rondalleiros foi excepcional e levou o público á apoteose. No medio, puido oírse: «Esta sí que es una presentación de una película» para nas escadas de acceso ao photocall resoar aturuxos e unha frase clave no filme: «Que comen os de Pontellas?». Para coñecer a resposta, hai que ver a película.

Homenaxe ás redeiras

No photocall dos cinemas Taberlick vimos posar o equipo: os produtores Ramón Campos e Victor Fandiño; os intérpretes María Vázquez (cun curioso traxe que incluía redes e tea de saco de Laura Villar Estudio como homenaxe ás redeiras d´A Guarda); Javier Gutiérrez, Carlos Blanco (que portaba a chaqueta de rondalleiro da película), Tamar Novas, Touriñán, Judith Fernández, Fer Fraga, Andrea Reiriz ou Abelo Valis.

María Vázquez, cun estilismo de la diseñadora gallega Laura Villar, na première en Vigo.

María Vázquez, cun estilismo de la diseñadora gallega Laura Villar, na première en Vigo. / Alba Villar

Porén o encargado de conducir o acto de presentación foi o conselleiro de Cultura quen louvou que o filme: «Recolle de forma marabillosa o que é a filosofía das rondallas e a esencia de Galicia».

Pola súa parte, o produtor Ramón Campos destacou que «estamos felices. ‘Rondallas’ é para min volver a casar. En Bambú sempre queremos volver á nosa terra para mostrar o talento da nosa xente».

Falaron tamén o director e María Vázquez. Daniel Sánchez destacou o amor pola música e a tradición das rondallas mentres que ela resaltou que «é moi emocionante presionar a película hoxe aquí, no berce das rondallas. O filme fala de facer comunidade, de familia. Así foi como rodamos».

Sánchez Arévalo apuntaba onte a FARO que as comedias que lle gustan son as que parten dunha «base dramática» e que, para esta, elixiu o naufraxio dos barcos pesqueiros, como pode afectar a unha comunidade e como a música pode axudar a «superar» o loito.

Recoñeceu Arévalo que na súa mente tivo sempre a filmes ingleses como «Full Monty» que parten dunha «premisa local» para derivar nalgo «universal».

Tamar Novas apuntaba tamén onte que «a película ten un espírito común. Apela a un espírito de supervivencia, de saír a flote e ter ilusión. A capacidade de apoiarse uns a outros».

Carlos Blanco engadía que o filme «fala de como saír en conxunto dunha desgraza. Non puidemos ter máis e mellor axuda das rondallas reais. Inmenso agradecemento ao traballo que fixeron de horas e horas e a paciencia que tiveron».

Sánchez Arévalo, desvelou onte a FARO por que tiveron que escoller outra, que non desvelamos.A banda non cede as súas cancións paguen o que lles paguen. Polo tanto, tiveron que buscar outro tema que puidera tocarse con gaita e que quedara ben.

Sánchez Arévalo tivo verbas de cariño para os rondalleiros de verdade que participaron ao indicar que imprimiron unha enerxía moi «chula» ao filme. «Ver el compromiso de la gente desde los ensayos contagia», agregou.

O director revela por que non incluíron a famosa canción de ACDC que deu pé a todo

«Rondallas» non existiría se o produtor galego Ramón Campos non vira anos atrás o famoso vídeo da Rondalla Santa Eulalia versioando a ACDC. Mais o filme non a presenta. O director, Sánchez Arévalo, desvelou a FARO por que tiveron que escoller outra, que non desvelamos. A banda non cede as súas cancións paguen o que lles paguen. Polo tanto, tiveron que buscar outro tema que puidera tocarse con gaita e que quedara ben.

A decisión final tomouse entre a rondalla, o produtor Ramón Campos e o realizador. Ollo porque o tema ten unha conexión co podio do Festival de Rondallas do Ifevi do ano pasado.

Sánchez Arévalo tivo verbas de cariño para os rondalleiros de verdade que participaron ao indicar que imprimiron unha enerxía moi «chula» ao filme. «Ver el compromiso de la gente desde los ensayos contagia», agregou.

Tamén eloxiou o elenco, en especial a Tamar Novas. «Con él, he tenido una conexión brutal que va más allá de lo estrictamente profesional. Es parte de mi familia. Mi mujer y su novia están celosas, no te digo más».

Agregou que Judith e Fer son sentidos por el como o seus pequenos golfiños. «Hacía mucho tiempo que no sentía que la gente que te rodea va más allá y se convierten en algo importante en tu vida. La sensación que tengo con todos, con María, con Javi, con Carlos es de familia».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents