FARO convídate a Reinventio
Sorteamos entres os nosos subscritores 5 entradas dobres a Reinventio con maxia, circo e danza unidos nun mesmo relato escénico

FARO convídate a Reinventio
FARO DE VIGO convídate a asistir, a través dun sorteo exclusivo para persoas subscritoras, a Reinventio, a nova produción escénica creada integramente en Galicia por Thinking Up Events. O espectáculo chega a Vigo o 14 de decembro, no Teatro Afundación, ás 20.30 horas, cunha proposta que abre a porta á emoción e ao asombro: un relato no que maxia, circo e danza se mesturan ata desaparecer como disciplinas separadas para se converteren nunha única experiencia escénica.. En Reinventio, a maxia deixa de ser só un truco para transformarse nunha forma de contar; a danza xa non é un simple acompañamento, senón unha auténtica arquitectura emocional; e o circo funciona como o motor dunha historia que fala de perda, tránsito e recuperación da ilusión.
Como participar no sorteo
As persoas subscritoras de FARO DE VIGO poderán optar a entradas para asistir a ‘Reinventio’ en Vigo. Para participar, só terán que cubrir o formulario de inscrición dispoñible na web do xornal antes do mércores, 10 de decembro de 2025, ás 9.00 horas.
Un plan perfecto para despedir o ano cun espectáculo diferente, creado aquí e pensado para emocionar a público de todas as idades. E se aínda non es subscritor, este é o momento perfecto para unirte á comunidade de Faro de Vigo e gozar de todas as vantaxes exclusivas.
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- «En liquidación»: cierra la cadena de moda Emilio Iglesias, con cuatro tiendas en Vigo
- El Sepe prevé que Galicia sea una de las comunidades que más empleo cree hasta 2028, cuando el país alcanzará 23,4 millones de cotizantes
- Ya en vigor: hasta 3 años de excedencia por cuidado de hijos en Galicia
- El Nicolás Peña, el centro de salud joven y pequeño que cierra sus puertas para integrarse en el que será el mayor de Galicia