Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Xenocidio, lume e foliada, entre as palabras finalistas a verba do ano na RAG

Os usuarios xa poden votar ata o 21 de decembro

O galego escollea palabra do ano 20205.

O galego escollea palabra do ano 20205. / Envato

Mar Mato

Mar Mato

Xenocidio, retrinco, lume, loia, foliada e desfeita son as seis verbas que compiten por ser a Palabra do Ano en galego, dentro do concurso que lanzan a Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Dende hoxe, xa podemos votar por algunha delas no Portal das Palabras (portaldaspalabras.gal).

O prazo para as votacións rematará o 21 de decembro ás 23.59 horas. Dende a RAG, destacan que os termos finalistas "representan dalgún xeito distintos asuntos que marcaron a actualidade dos últimos meses" tanto no eido local como no global.

Xenocidio ten a súa presenza polos asasinatos masivos de palestinos en Gaza realizados polo Exército de Israel. Dende a RAG, lembran que significa "exterminación metódica dun grupo social por motivos étnicos, relixiosos ou políticos”.

Pola súa parte, retrinco enlaza co Ano Castelao. O autor empregouna en plurar para o seu libro de realtos do 1934. No caso de lume, a vaga de incendios forestais na Galicia impactou á poboación e gran parte dela sufreuna mesmo perdendo as súas vivendas e medios de vida ou temendo polas súas vidas.

No caso de loias, estas son as loanzas enganosas que realizan determinadas persoas co gallo de lograr algo doutra ou doutras. As loiadas fan referencia ás informacións falsas divulgadas a través dos medios electrónicos e que perseguen desinformar.

Por último, queda foliada -en relación ao Día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras e pandeireteiras- e desfeita, que serve para sinalar unha destrución, grave dano ou estrago.

Tracking Pixel Contents