Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Antón Corral e Tres Pés de Campañó recollen os Premios de Artesanía

A cestería Casa Atlântica de Redondela e Vidrieiras Cosmo de Vigo logran bolsas Eloy Gesto

REDACCIÓN

Lugar

O músico e luthier Antón Corral –asentado en Tui– recolleu onte en Compostela o premio Artesanía de Galicia á traxectoria. No acto, tamén recibiron o Premio Artesanía de Galicia 2025 Alberto Lista (da cerámica de Buño) e o obradoiro de coiro Tres Pés de Campañó (Pontevedra) pola peza colaborativa dun xogo de té en funda de coiro, Nemein.

Ademais, Ana Belén Martínez Avelleira, de Casa Atlântica de Redondela, co seu traballo en cestería, logrou unha bolsa Eloy Gesto. As outras dúas foron a parar a Cristina Morales, do obradoiro Vidrieiras Artísticas Cosmo de Vigo e Pablo Sánchez Otero, de A Coruña.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participaron na entrega dos galardóns.

González felicitou os premiados e finalistas pola súa capacidade para innovar en materiais e técnicas partindo da tradición, así como o seu labor no marco dun eido artesán que destaca —dixo— como xerador de emprego, vertebrador do territorio e fixador de poboación, especialmente no rural.

Na súa intervención de clausura do acto, o titular de Emprego valorou o traballo tanto dos obradoiros recoñecidos cos Premios Artesanía de Galicia e Traxectoria, como dos que conseguiron as tres bolsas Eloy Gesto —de 4.000 euros cada unha— para investir en formación especializada en centros de referencia. Enmarcounos na longa lista de oficios artesáns en Galicia que se traduce nunha oferta produtiva moi diversificada.

Tracking Pixel Contents