Entrevista | Xoán Fórneas Actor e músico galego
O Xoán (Xoán Fórneas, actor e músico): «Sempre hai unha luz ao final para atopar a saída"
«A decisión de Guadi Galego de deixar a plataforma Spotify paréceme valente», destaca o actor de «Respira», que foi a quinta serie máis vista en Netflix

Xoán Fórneas, no vídeo de «Ferido». | Sabela Eiriz

O actor Xoán Fórneas (Castelao en «Antes de Nós» e Quique na serie de Netflix «Respira», que chegou a ser a quinta máis vista en España na plataforma) vén de dar un novo paso na súa carreira ao publicar o primeiro single do que será o seu primeiro EP. A canción leva o nome de «Ferido» (o vídeo, rodado en Galicia –Castro de Rei e Barreiros–, xa se pode ver no YouTube); percorre as fases do amor e desamor ademais de defender a cultura en galego.
-Cónteme como iniciou esta aventura de «Ferido».
Eu empecei na música antes que na actuación; tocaba dende pequeno, e esta canción levaba moito tempo pedíndome un espazo. Estudei Arte Dramático e especialiceime na interpretación musical. Tiven oportunidade nalgunhas obras de teatro de facer pezas en directo pero o de facer as miñas propias composicións era algo que levaba tempo querendo sacar.
-A idea é ir sacando singles ou disco no 2026?
Aconselláronme sacar un primeiro single e despois de cara o 2026 sacaría un EP, un traballo dunhas cinco ou sete cancións.
-A pesar de ter recoñecemento alén da fronteira galega, aposta polo galego para esta carta de presentación. Dubidou se escoller o castelán?
A verdade é que non, en ningún momento, porque a linguaxe universal é a música. Eu escoito música en moitísimos idiomas. Para min, o galego é un instrumento máis, porque a sonoridade do noso idioma é moi percutivo á hora de compór. É un instrumento máis dentro da música; é dos idiomas que ten máis musicalidade do noso país. O galego é música para min.
-Gustoume que cantara con gheada e seseo, algo que non se escoita nun telexornal de A Galega por exemplo.
Miña nai é dunha zona onde falan con gheada pero non con seseo. Non é que me queira apropiar culturalmente pero, para min, o seseo é unha das variantes máis ricas, máis sonoras. Na parte do tema con máis rabia, pareceríame que a canción tería moita forza con el. Encántame esa sonoridade.

O Xoán é o nome artístico na música do actor galego Xoán Fórneas. / S.E.
-¿Parte «Ferido» dun episodio autobiográfico de ter que deixar atrás un amor?
Non. «Ferido» é unha canción de desamor, pero non está personificada en ninguén en concreto da miña contorna. Son unha serie de experiencias vitais de toda a miña vida; non é autoconfesional. Nas miñas cancións sempre vai haber ficción. Parto dunha sensación real pero despois póñome nunha situación imaxinaria. Falo do desamor, o dó, a rabia e a ira que son os grandes temas do drama do teatro, das historias. Son temáticas que sempre me interesaron.
-Pode axudar a quen teña agora un momento complicado do corazón?
Ogallá que si. Se algo me gusta de escoitar cancións é que resone nalgo da túa biografía. «Ferido» fala deses momentos nos que te sentes máis só. Quería falar de que ás veces o pasas fatal pero sempre hai unha luz ao final para atopar unha saída. Despois, botas a ollada atrás e aprendes.
-Que opinión ten do movemento de artistas como Guadi Galego ao deixar o Spotify?
Sei o de Guadi. Ela é unha artista que eu admiro dende hai moitísimos anos. Paréceme unha decisión moi valente pola súa parte. No meu caso, Spotify dáme visibilidade e axúdame a facer carreira. Son decisións moi persoais e complicadas. Eu admiro a xente que é capaz de tomar decisións así. No artisteo é difícil tomar decisións que non só dependen de ti. Hai discográficas, distribuidoras detrás.
Suscríbete para seguir leyendo
- Beatriz Fernández (27 años): «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- Un ciclón llega a Vigo: vientos de más de 80 kilómetros por hora, lluvias fuertes y olas de hasta seis metros
- Retenciones en Vigo: varios autobuses de turistas portugueses complican el tránsito en Beiramar
- Estas son las tiendas y centros comerciales de Vigo que abren hoy, lunes 8 de diciembre
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Vigo sella el contrato que le permitirá ejecutar su plan masivo de «humanizaciones» en 300 calles de la ciudad
- Vecinos denuncian la conversión de una discoteca en after hours
- El Concello de Vigo desembolsa ya casi 1.000 euros por vecino para sostener los servicios públicos