Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Fraiz: «Escribir literatura para un xornalista é unha forma de consolo»

O redactor de FARO presenta no Club FARO a súa novela «Amar azar»

Transcorre en Allariz, Ourense e ParísOs seus temas: o amor, a violencia machista e o terrorismo

Carolina Sertal, Javier Fraiz e Marcos Calveiro.

Carolina Sertal, Javier Fraiz e Marcos Calveiro. / Jose Lores

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

Como se escribe un libro? Axuda ser xornalista para configuralo e redactalo? De onde se saca o tempo para facer literatura? O xornalista de FARO DE VIGO na edición de Ourense Javier Fraiz compartiu con xenerosidade as respostas a estas preguntas na presentación do seu último libro, «Amar azar» (Galaxia). Aconteceu no Auditorio do MARCO na cidade olívica onde se desenvolveu o Club FARO. Alí, asegurou que «escribir literatura para un xornalista é unha forma de consolarse».

O xornalista como escritor

Fraiz –que foi presentado pola xornalista de FARO Carolina Sertal– recoñeceu que «coa literatura, busco outras cousas; afastarme da urxencia do día a día que os xornalistas padecemos».

A súa charla tamén serviu para aprender a importancia da figura do editor. O director de Edicións de GalaxiaMarcos Calveiro, resaltou: «Gústame escribir a través dos libros que edito». Realizou esta declaración co fin de axudar a comprender as tarefas da edición.

Pola súa parte, Calveiro resaltou que «quedei prendido da historia dende a primeira lectura».

A orixe de "Amar azar"

A conversa de onte tamén serviu para saber que o título de «Amar azar» –que na portada da obra se amosan con fichas de scrable sobre fondo vermello– foi unha proposta de Calveiro.

Javier Fraiz –Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo– explicou que a novela «naceu dunha casualidade ao revisar o álbum da voda. Ao ver as fotos decateime de que había moita xente que xa non estaba connosco. Como pode ser que persoas que antes estaban con nós e que considerabamos importantes naquela época acaben esvaéndose das nosas vidas? Como se constrúen as relacións humanas e os afectos para que nun día sinalado unha persoa estea e logo desapareza de maneira natural?». Para dar respostas a estas cuestións comezou a escribir.

As parellas protagonistas

No arranque, os primeiros capítulos da primeira parte, vannos presentando a personaxes protagonistas: a parella formada por Xan e Lucía.

A medida que avanzan as páxinas imos coñecendo tamén a historia dunha parella amiga dos primeiros, a conformada por Susana e Miguel, marcada pola violencia machista.

«Eu quería confrontar dous modelos de parella, unha sá e outra tóxica», sinalou Fraiz quen subliñou que «o inesperado é o protagonista deste libro. O que sucede fóra vai cambiando o interior dunha parella para ben e para mal».

Carolina Sertal, Javier Fraiz e Marcos Calveiro.

Carolina Sertal, Javier Fraiz e Marcos Calveiro. / Jose Lores

París e os atentados

Agregou que a acción transcorre en Allariz, Ourense e París. Nesta última cidade acontece un episodio tamén de violencia , os atentados do terrorismo yihadista o 13 de novembro do 2015 na sala Bataclan, Saint-Denis e varias terrazas.

Os terroristas asasinaron 130 persoas daquela pero tronzaron as vidas de moitas outras ao quedar sen os seus eres queridos ou marcadas pola traxedia. Como sinala no libro sobre un personaxe: «Sobrevivir depositou unha rocha sobre o seu lombo, que non dá cargado a maioría dos días».

Fraiz sitúa nesa noite dos disparos en París a parella de Xan e Lucía. Se ben eles zafaron daquel inferno non puideron evitar outra traxedia que os atravesou.

Sinalou Fraiz que «gústame que cada historia me plantexe un desafío e que sexa diferente á anterior. Non quero ser preso dun estilo». Por último indicou: «A definición do amor ímola configurando ao longo de toda a nosa vida».

«Os personaxes atopan a luz »

O xornalista e escritor Javier Fraiz recoñecía onte no Club FARO que na súa última novela morría xente a historia non era escura senón máis ben «optimista. Todos os personaxes atopan a luz no final».

Ao longo das páxinas vai amosando como o que acontece ao redor dos personaxes pode acabar por tronzalos. O resultado é unha novela de afectos, emocións e sentimentos que louvaron tanto Carolina Sertal como Marcos Calveiro.

Sobre a documentación para a obra, recoñeceu que no caso dos atentados de París de 2015 que se reflicten no medio da narración procdurou detalles e datos precisos en documentai, libros e xornais para plasmalo na súa novela. «Foron moi enriquecedores para a escrita as crónicas de Emmanuel Carrère que en España traduciu El País e publicou Anagrama (V-13: Crónica judicial) sobre o xuízo daquel venres 13. Aparecen os testemuños de vítimas e supervivintes que me valeron moito para construir ese relato. O que pretendía que o que contase fora así para ser fiel aos acontecementos tal e como sucederon, inidcou.

Engadiu que «cando escribo sobre un menú dun restaurante, foi proque ese día se serviu ese menú». Por todo isto, dixo Fraiz que «eu nunca vou poder facer unha ficción absoluta»

Tracking Pixel Contents