Os letreiros galegos xa teñen o seu libro
Vigo acolle a presentación de «Os rótulos da nosa vida» do vigués Jorge Lens, Cocho e Willemse

Páxina coa fachada dunha tenda aínda aberta en Vigo. | P.H.G./M.M.

O fotógrafo e profesor Jorge Lens, a arquitecta Ana Cocho e o deseñador Robert Willemse son como tres mosqueteiros pero en troques de xurar fidelidade pola filigrana da espada, traballan por elaborar unba base de datos dos letreiros e carteis de tendas e empresas de Galicia e de mesmo o norte de Portugal. Esta arqueoloxía do negocio ten xa o seu libro: «Os rótulos da nosa vida» (Galaxia).
Ao longo dunhas 170 páxinas e 600 fotografías percorren as fachadas e letreiros de establecementos que seguen en activo ou outros que xa botaron o fecho hai anos. Presentan tanto os plasmados en letras pintadas, como os corpóreos, como os de metal, axulexo ou madeira. Non fatan, por exemplo, o da astaleiro Barreras ou a Panificadora de Vigo.
O fin da obra –dentro da Red Ibérica en Defensa del Patrimonio Gráfico– é ofrecer «un percorrido tipográfico polas rúas de Galicia». No arranque do libro, lemos: «Se nos poñemos a pensar, poucas cousas hai que doten de máis identidade ás rúas das nosas vilas e cidades que a presenza dos rótulos comerciais».

Os letreiros galegos xa teñen o seu libro / FDV
Malia esta importancia recoñecen os autores que «o gran problema cos carteis comerciais é que están condenados a desaparecer» a pesar de forma parte «da paisaxe urbana» así como «do imaxinario» de cada unha ou un de nós.
Sinala Lens nas páxinas de arranque que os rótulos comerciais funcionaron como testemuñas do desenvolvemento urbano e social «reflectindo a evolución dos materiais, as tendencias estéticas e as necesidades do mercado».
Para Lens, «documentalos é unha forma de preservar a memoria colectiva, de valorar o seu papel na construción da identidade urbana».
Onte presentaba a obra con Willemse na Galería Maraca de Vigo, acompañado por Marcos Calveiro, director de Edicións de Galaxia.
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- El Hotel Bahía logra el «OK» para su reforma: más de 5,4 millones de euros
- La copaternidad llega a Galicia: desconocidos que se hacen amigos para tener un hijo
- El juez ordena cerrar un piso turístico en Vigo por estar «prohibido» en los estatutos
- ¿Por qué conviven vecinos y huéspedes en el Hotel Bahía de Vigo?
- Punto y final a la burla de Cerdedo