Tanxugueiras e Puga lanzan un proxecto pioneiro para ensinar baile galego no Culturgal
A feira cultural arranca hoxe en Pontevedra | Haberá tamén concertos de Uxía Senlle e Felisa Segade máis xornadas de IA

Artur Puga, nunha aula de baile galego. | Iñaki Osorio

O Culturgal, a feira da cultura de Galicia, comeza hoxe en Pontevedra no Pazo da Cultura. Promete un amplo programa no que este ano destacan os concertos e os obradoiros dirixidos principalmente para o público familiar. Unha destas iniciativas será «As pegadas do baile». Trátase dunha iniciativa pioneira do bailarín Artur Puga (do barrio vigués de Teis e un dos bailaríns que levaron as Tanxugueiras ao Benidorm Fest). De feito, o grupo de Aida, Sabela e Olaia será o embaixador da proposta polo mundo.
A cita será o domingo no bloque «Ven e baila». Este comezará ás 13 horas coa compañía de danza galega de Fran Sieira que presentará o espectáculo «Un baile ceibe».
Despois, para as 13.30 horas, haberá unha convocatoria aberta de baile popular. Ás 14.15 horas, o programa continuará cunha charla sobre a danza galega..
Nos tres días do Culturgal, estará disponible a montaxe «As pegadas do baile». Trátase do proxecto pioneiro de Artur Puga coas Tanxugueiras como embaixadoras para ensinar a calquera persoa os pasos básicos do baile galego.
Sérvese dunhas pegadas no chan para aprender os pasos básicos (os puntos). O fin de Puga é levar esta proposta polos concellos, centros educativos, pero tamén polo centros galegos.
Ademais, o Culturgal ofrece o sábado un concerto e obradoiro aberto de pandeireta ás 12.30.
Para os resto dos días, velaquí algunhas propostas para o Culturgal 2025 cuxa entrada sinxela para un día custa tres euros na web (cinco na billeteira) inda que tamén hai bonos familiares.
Concerto de uxía Senlle. Será no Auditorio un concerto «Será por flores» a partir das 21 horas. A entrada é gratuíta ata completar o aforo. Con Uxía, subirán ao palco De Vacas, Antía Muiño, o portugués Joao Afonso, Raquel Domínguez, Quim Farinha e As Mosas (Chus e Ana Senlle).
Xornadas de AI. Mañá venres, de dez da mañá ás seis da tarde, charlas e obradoiros sobre os desafíos da intelixencia artificial na industria cultural e indicarán como crear novas imaxes ou vídeo.
Videoxogos galegos. Mañá venres dende as once da mañá asta as oito, haberá unha mostra de videoxogos desenvoltos na Galicia.
Teatro con «memorias dun neno labrego». O CentroDramático Galego aproveita o Culturgal para ofrecer un adianto da peza «Memorias dun neno labrego» polo décimo cabodano de Neira Vilas, o seu autor.
Documental «ao son da nova regueifa». Este novo documental estréase no Cultural. O fin que persegue é procurar as pontes construídas entre a regueifa tradicional e as expresións máis contemporáneas.
Concerto de faia díaz, Felisa Segade e A Pedreira. Ás nove, no auditorio, coas entradas a dez euros.
Recital de Samuel Merino. Ás 20.30 horas declama «Manual de camuflaxe».
Luis Davila e O Bichero. Luis Davila asina o Bichero o sábado ás 12 horas coa Libraría Paz.
Adianto de Chévere. A compañía presenta o sábado un adianto de «A lección do mestre», a súa vindeira montaxe
Suscríbete para seguir leyendo
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- El emblemático Hotel Bahía de Vigo renueva su imagen: adiós a los azulejos azules y más de 5,4 millones de inversión
- Retenciones en Vigo: varios autobuses de turistas portugueses complican el tránsito en Beiramar
- El ourensano Diego Fuentes, futuro 'copadre': «Pensé que no tenía por qué ser peor que otro sistema porque al final se trata de conocer a alguien con quien establezcas una afinidad»
- ¿Por qué conviven vecinos y huéspedes en el Hotel Bahía de Vigo?
- Villa Elisa ya es propiedad municipal
- Punto y final a la burla de Cerdedo