A poesía e o rap contra a violencia machista de Elba Pedrosa e Big Meu terán coreografía en Londres
Elba Pedrosa e Big Meu publican o tema «Auga son» | Alumnos do IE Cañada Blanch da capital británica preparan unha coreografía para a canción polo 25-N, o Día contra a Violencia contra a Muller

Big Meu, Elba Pedrosa e Xosé Liz | E.P.

As artes poden ser o mellor vehículo para achegar á xente de todas as idades, pero sobre todo ás máis novas, a realidade da violencia machista e como se presenta. O videoclip «Auga son» da poeta Elba Pedrosa, o rapeiro Big Meu e o músico tradicional Xosé Liz é unha das últimas aportacións para concienciar con motivo do 25-N, o Día contra a Violencia contra a Muller.
Rodado en Baiona, cabo do Parador, Big Meu e Elba Pedrosa aparecen de costas entre eles encordados mentres el comeza a entoar un reproche inzado de micromachismos que fan ver que considera a súa compañeira como unha serventa-escrava que debe atendelo sen laiarse: «Chego canso do traballo para a casa/ agardo que poñas a cea na mesa/ falas moito/ non sei que che pasa/ non tes o choio que teño eu na empresa».
A escritora e actriz responde: «agora que son auga/ ando na procura do meu lugar/ non encaixo no fogar de sempre» para despois deixarlle claro que non é «unha marioneta».
«Moita xente –sinala Elba Pedrosa– di que lle impacta moito a canción. Alumnado do EI Cañada Blanch de Londres vai preparar unha coreografía para o 25N e dúas academias de Vigo e Vilagarcía tamén están falando de facelo».
A poeta explica que o tema inspírase nunha experiencia persoal «dura» vivida na súa contorna. «Ás veces, unha persoa quere separarse e a outra parte da parella ten que aceptalo. A outra parte debe ser libre. Ademais está o asunto dos fillos, que son vítimas destas separacións nas que non hai acordos entre os proxenitores. Os fillos son as primeiras vítimas da violencia vicaria», reflexiona.
Engade que «cando a violencia é psicolóxica é moi difícil de demostrar nos xulgados e outras institucións. En moitos casos das agresións contra a muller a violencia empreza por ser psicolóxica».
Por iso, avogou por que, ao igual que existe nos centros educativos nos casos de acoso escolar, as mulleres vítimas de violencia de xénero deberían contar cun protocolo «para sentirnos amparadas ante as institucións, con mecanismos de defensa para ter credibilidade. Estamos pouco protexidas as mulleres. Cando a violencia psicóloxica se traslada aos fillos cuns episodios que lles marcarán para o resto da súa vida».
Recoñeceu Elba Pedrosa que a súa «obsesión» é que a rapazada sexa libre de decidir, de usar o pensamento crítico para estar protexidos destas eivas das estrutras sociais que temos».
«As mulleres estamos educadas nesta estrutura social machista
«As mulleres estamos educadas nesta estrutura social machista"
Para esta canción –producida por o Puto Coke, pioneiro do rap en Galicia– contou na voz masculina co rapeiro Big Meu,satiagués que leva gañadas varias edicións do CeibaRimas. «É moi querido pola rapazada», sinala.
Ademais, no caso das melodías tradicionais, contou con Xosé Liz que tocou a frauta e o bouzouki.
«Esta é unha achega novidosa para chegar a todos os públicos», sinala Pedrosa quen engade: «As mulleres estamos educadas nesta estrutura social machista e moitos dos referentes inciden nesa estrutura arraigada nos imaxinarios».
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- Calamar, pota, potón: ¿Quién pesca el qué, dónde y en qué condiciones?
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- Una odontóloga venezolana y su marido ingeniero hacen cola en el comedor social de Vigo al no poder convalidar sus títulos
- Galicia, entre las comunidades que permiten a más alumnos de ESO graduarse con asignaturas no superadas
- El doctor Pintado Albo, el ginecólogo que trajo al mundo a miles de vigueses y al primer 'in vitro'
- Un taxista de Vigo acepta dos años de cárcel por agresión sexual a una clienta
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex