Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ledicia Costas lanza o libro-xogo «Bruxas & Dragóns» e esgota edición en 15 días

Asínao con Luismi Pérez e ten 52 finais posibles | Bea Gregores ilústrao

Luismi Pérez e Ledicia Costas, en Vigo. |  Pablo Vázquez

Luismi Pérez e Ledicia Costas, en Vigo. | Pablo Vázquez

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

Titúlase «Bruxas & Dragóns» e é a nova aventura de Ledicia Costas en alianza co guionista Luismi Pérez («El intermedio», «Malaka») e a ilustradora Bea Bregores. Trátase dun libro-xogo no que a persoa lectora vai decidindo o camiño dunha historia que pode ter 52 finais diferentes. Editado por Triqueta, inda que leva 15 días nas librarías, xa vai ter segunda edición ante o éxito colleitado. Atopámolo en galego e en castelán.

No arranque da historia, a voz narradora advirte de que a Fada do Pó está en perigo. Tamén nos indica que «as fadas están a desaparecer» e que precisan da imaxinación para sobrevivir polo que necesitan da nosa axuda.

Se aceptamos o desafío comezaremos a andar por unha calzada de pedras vermellas que, como non teñamos coidado, nos levarán a afrontar monstros que igual acaban connosco. De feito, no inicio de todo, se non andamos con tino, un cíclope de dúas cabezas pode esmagarnos.

No caso de suceder, non hai problema, hai que volver a empezar e probar con outras posibilidades.

Luismi Pérez lembra que estaban xogando a un videoxogo online cando Ledicia lle soltou se quería facer con ela un libro-xogo ao estilo ‘elixe a túa propia aventura’ como aos que xogaban nos anos 80. A resposta foi afirmativa e escribiron o libro a catro mans.

Tanto Costas como Pérez están contentos coa acollida da súa obra conxunta. Recalcan que é a primeira entrega («Baba Iagá») dunha triloxía. Xa están a preparar o segundo e terceiro libro.

A presentación do primeiro volume será hoxe ás 16.30 horas en Monster Factory e ás 18 horas en Librería Miol, ambas as dúas en Navia (Vigo). O sábado, cita ás 12 horas no Marco. O día 28 xa salta a Madrid.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents